"UVI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 118.

  • Éster fosfórico da forma enólica do ácido pirúvico. Intervén na degradación anaerobia da glicosa (glicólise), durante a que se produce por deshidratación do ácido 2-fos-foglicérico, reacción que cataliza o enzima enolase. O enlace 0~P ten unha enerxía libre estándar de hidrólise moi negativa, suficiente para permitir a transferencia do grupo fosforilo ao ADP, no seguinte paso da glicólise, para liberar ácido pirúvico. Intervén tamén nos procesos de biosíntese de glicosa. O ácido fosfoenolpirúvico tamén actúa como substrato para a fixación de dióxido de carbono durante a fotosíntese das plantas C4.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • fluvioglaciar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar francés, marqués de Gouvion-Saint-Cyr. Loitou na Revolución Francesa e, posteriormente, integrouse no exército do Rin, onde ascendeu a capitán (1792). Nomeado xeneral en xefe do exército de Roma (1797), participou coas forzas napoleónicas nas campañas de Italia, España e Rusia, onde foi nomeado mariscal (1812). Ministro de Guerra de Luís XVIII (1817-1819), deixou o cargo trala morte do duque de Berry pola oposición dos realistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante gráfica do antropónimo feminino Eduvixe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formación de horizontes de acumulación ou iluviais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos horizontes onde se acumulan elementos achegados pola lixiviación de horizontes superiores ou por migracions laterais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cisterna ou pilón situado no atrium ou no peristilum das casas etrusco-itálicas e romanas que se destinaba a recoller a auga da chuvia que caía polo compluvium.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cuberta de orixe xeralmente periántica que presentan certos froitos na madureza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao froito provisto de induvia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á induvia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Espacio situado entre dous cursos fluviais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor francés. Coñecido como Max Linder, foi un importante cómico do cine mudo e deu vida a un importante gentleman co que parodiaba situacións dos dandis de fin de século. Participou en Dix femmes pour un mari (1905), Le Rendez-vous de Max (1913), Max Comes Across (1917) e Au secours (1924).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo feminino de orixe incerta que pode proceder dun composto xermánico en que o segundo elemento sería win ‘amigo’ e o primeiro ben liud ‘pobo’ ou ben hlod ‘gloria’. Presenta a variante Ludivina. No santoral rexístrase unha beata do s XV chamada Liduvina de Schiedam (Holanda), que se celebra o 14 de abril.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mística. As súas meditacións sobre a Paixón de Cristo acompañábanse ás veces de éxtase. A súa festividade celébrase o 14 de abril.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático francés. Continuador das teorías de Galois, publicou a súa obra completa. Traballou na teoría de números e na análise matemática e demostrou a existencia de números que non poden ser raíces de ningún polinomio de coeficientes enteiros (e, ð), denominados números trascendentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Números irracionais x, tales que dado un número natural calquera k, existe un número racional m/n (n >1) que cumpre a desigualdade [m/n-x]<1/ nk. Os números de Liouville son transcendentes e entre dous números reais sempre hai un de Liouville.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teorema que afirma que os puntos do espazo fásico (cada un dos que representa un posible estado do sistema material dado) se moven no decurso do tempo como un fluído incomprensible, é dicir, que o volume do espazo fásico ocupado por un conxunto destes puntos permanece constante.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos luvios ou á súa lingua.

    2. Individuo do pobo luvio.

    3. Pobo indoeuropeo establecido nas rexións occidentais de Anatolia cara a 2300 a C, onde constituíu diversos reinos á beira do Mar Exeo. Vasalos dos hititas, entre 1400 e 1200 a C penetraron no N de Siria.

    4. Lingua do phylum indoeuropeo, moi próxima ao hitita, que falaban os luvios. Consérvase nalgunhas inscricións encontradas en Boǧazköy.

    VER O DETALLE DO TERMO