"Uri" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 983.

    1. Propio do aperturismo.

    2. Seguidor ou defensor do aperturismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río do Perú, o máis importante dos dous ríos que forman o Ucayalí (855 km).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento do Perú (20.896 km2; 376.400 h [estim 1991]. A capital é Abancay (28.100 h [1989]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director de orquestra ruso. Foi director da Orquestra da Radiotelevisión de Moscova (1964). Dende que emigrou a Israel (1972) dirixiu as principais orquestras europeas e americanas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que representa edificacións ou outros motivos arquitectónicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao Rei Artur ou aos seus cabaleiros.

    2. Materia de Bretaña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • División administrativa da Gallaecia romana que ocupaba a parte oriental da provincia. Os límites occidentais estaban marcados polo río Navia, a serra do Rañadoiro, os Ancares, o Caurel e as serra de Queixa, Segundera, Nogueira e Bornes; os orientais polo río Sella, o Cea e o Douro, que tamén é o límite meridional; o mar Cantábrico era o límite setentrional. A capital do territorio era Astúrica Augusta (Astorga). De acordo con Plinio, o número de pobos deste convento era de 22 e menciona que estaba habitado por 240.000 persoas de condición libre; Ptolomeo, sen embargo, cita 10 pobos e 21 cidades. Formaban parte deste convento os seguintes pobos: paésicos, lugóns, tiburos, guigurros, amacos, orniacos, lancienses, bedunienses, superatos, brigaecinos, zoelas e saelenos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Territorios do noroeste da Hispania romana habitados respectivamente por ástures-cántabros e galaicos. Estas dúas rexións foron incluídas na provincia da Lusitania por Augusto, na súa primeira organización provincial do ano 27 a C, coa finalidade de controlar mellor o territorio ástur neses anos que estaba en guerra contra Roma (guerras ástur-cántabras, 29 - 19 a C). A razón desta intensa acción de sometemento por parte dos romanos vén explicada pola presenza no territorio de minerais coma o ouro ou o minio. Unha vez finalizada a conquista, Augusto procedeu a unha segunda reestruturación administrativa, que tivo lugar entre os anos 16 e 13 a C co gallo da súa segunda viaxe á Península Ibérica, na que Asturia e Gallaecia son incorporadas á Provincia Citerior Tarraconensis. Os núcleos ou cidades principais reciben o nome de Augustus: Bracara Augusta, Lucus Augusti e Asturica Augusta, á vez que se forman os correspondentes convento xurídico asturicense, lucense e bracarense. Con Caracalla...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Asturias ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Asturias.

    3. Formas de arte da Corte de Asturias, primeiramente en Cangas de Onís, despois en Oviedo e en León, desde o s VIII ata a época de Afonso III. É un dos grupos de arte prerrománica máis persoais. O seu sistema construtivo está rexido polos principios que formaron toda a arte medieval desde o Románico, aínda que aquí aparecen arcos de medio punto e de ferradura. Pódese dicir que se trata xa de estruturas medievais, en contraposición coas visigóticas, pese a que na súa orixe teñen un gran papel as novas fórmulas europeas de influencias orientais. Os temas escultóricos participan das estilizacións clásicas de raíz hispano-visigótica ata a aparición dos modos mozárabes. A pintura presenta raíces antigas sen apartarse dos mesmos modelos de tempos bizantinos. Na arte asturiana distínguense catro momentos: un de formación (Igrexa de Santa Cruz, en Cangas de Onís (737), outro que corresponde a Afonso II, do cal permanece a chamada Cámara Santa e San Julián de los Prados. O terceiro momento -Ramiro...

    4. As falas asturiano-leonesas son aquelas que se falan na área do antigo Reino de León. As provincias de Asturias, Santander, León, Zamora, Salamanca, Cáceres e Badajoz amosan restos do vello dialecto. O asturiano presenta aínda nestes últimos anos do s XX unha situación de bilingüismo diglósico no que a lingua A ou alta é o castelán, e a lingua B ou baixa é o asturiano, que como lingua minoritaria e minorizada ensina unha problemática específica.
      Evolución histórica
      A documentación dos reinos de Asturias e de León data do 775, o Diploma do Rey Silo, e constitúe unha das máis ricas dentro do ámbito peninsular. O século XIII constitúe o máis frutífero dentro da documentación medieval en asturiano, na súa maioría textos xurídicos (foros, ordenanzas municipais, doazóns, testamentos, etc); esta lingua presenta numerosas vacilacións ortográficas, elementos dialectais, así como latinismos (esperables por tratarse dunha linguaxe xurídica inzada de fórmulas fixas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Comunidade autónoma do estado español, constituída pola vertente marítima do extremo occidental da cordilleira Cantábrica, entre Galicia, ao O, e La Montaña (Cantabria), no L. (10.604 km2; 1.087.885 h [1996]). Abrangue a provincia de Asturias, constituída por 78 municipios (1996). A capital é Oviedo.
    Xeografía física
    Asturias está estruturada en dúas cordilleiras paralelas, unha litoral e outra interior, orixinadas polo realzamento dunha antiga cordilleira herciniana que enmarcan unha depresión prelitoral. As cordilleiras xúntanse no O nun cóbado de altitudes modestas (1.000 a 1.500 m) chocando coas serras orientais galegas. No L, a morfoloxía cárstica suave, de cume inferior a 1.500 m, é unha plataforma de abrasión mariña emerxida (rasa), tallada por numerosos ríos. Nas serras interiores a liña do cume sobrepasa xeralmente os 2.000 m. No O predominan os materiais palozoicos duros. No extremo L, os Picos de Europa, de morfoloxía calcaria, acadan...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia do Estado Español, a única da comunidade autónoma do Principado de Asturias. A súa capital é a cidade de Oviedo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comarca da Comunidade Autónoma de Cantabria, entre os ríos Saja, ao L, e Nansa, ao O, na fronteira co Principado de Asturias. Limita ao S coa cordilleira Cantábrica. Trátase dunha rexión litoral no que o seu trazo máis característico é a rasa, produto dos distintos niveis de abrasión mariña ao longo da historia. Destacan os núcleos de Torrelavega, Suances, Santillana del Mar, Cabezón de la Sal e San Vicente de la Barquera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Estableceuse en París onde estudiou as civilizacións pre-colombinas e onde recibiu a influencia das vangardas. En 1930, ano en que publicou as Leyendas de Guatemala, volveu ao seu país. A súa obra, escrita nunha lingua barroca chea de indixenismos e neoloxismos, está construída sobre elementos da mitoloxía guatemalteca e técnicas herdadas do Surrealismo e do Expresionismo. Cultivou tamén a poesía. Foi galardoado co Premio Nobel de Literatura 1967. Con El señor presidente (1946), novela baseada na ditadura de Cabrera, configurou o mundo violento que desenvolveu despois en Hombres de maíz (1949), a triloxía Viento fuerte (1950), El Papa verde (1954) e Los ojos de los enterrados (1960), El ahijadito (1961) e Viernes de dolores (1972).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título dos fillos primoxénitos e herdeiros dos reis de España. Foi fundado por Xoán II en 1388 cun morgado para os fillos lexítimos e primoxénitos dos reis de Castela e León.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REINOS

    Reino constituído por grupos de fuxitivos que, a raíz da destrución da monarquía visigoda pola invasión musulmá da Península Ibérica, se refuxiaron en Asturias. Un deses aglutinadores dos refuxiados e naturais contra o dominio musulmán foi Paio, probablemente un nobre godo -se ben se ten discutido sobre a súa realidade histórica- quen se refuxiou nas montañas e foi recoñecido como adail ou príncipe (718). Unha expedición musulmá contra el foi derrotada en Covadonga (?722). Paio (morto no 737) puido manter a independencia deste núcleo, que se convertería na cerna do proceso que a historiografía tradicional deu en chamar Reconquista. Paio estableceuse en Cangas de Onís e foi xefe dunha dinastía que, se ben era de carácter electivo, ficou vencellada á súa familia. Afonso I (739-757) consolidou o Reino Ástur e principiou a súa expansión, incorporando Galicia. Silo (774-788) trasladou a corte a Pravia. Afonso II o Casto (791-842) resistiu os exércitos musulmáns; realizou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade romana fundada como campamento militar por Octavio Augusto na provincia Tarraconense entre os anos 25 e 14 a C, hoxe coñecida co nome de Astorga. Avanzada militar cara ao noroeste durante as Guerras Ástur-cántabras, entre as unidades militares destinadas en Astúrica Augusta cómpre citar a Legio X Gemina, ou a Cohors IV Gallorum. Ao redor do establecemento militar foise construíndo a cidade, plenamente configurada contra os anos 16-13 a C. Octavio Augusto converteuna na capital do convento xurídico asturicense. En tanto que capital do convento, era o seu centro político e económico, residencia do legatus iuridicus, persoa encargada de transmitir os mandamentos do gobernador da provincia á xurisdición conventual, do procurator, encargado da facenda e do recadamento dos impostos e do procurator metallorum, administrador das minas. Astúrica, punto central da rede viaria do norte da Península Ibérica, será nó das rotas de minerais e centro catalizador da riqueza aurífera do noroeste...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fase oroxénica do ciclo Herciniano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que pertence ou está relacionado co territorio chamado Astúrica.

    2. Habitante da Astúrica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Elemento decorativo de temática vexetal máis ou menos estilizada, característico da arte musulmana.

    VER O DETALLE DO TERMO