Astur, Convento Xurídico

Astur, Convento Xurídico

División administrativa da Gallaecia romana que ocupaba a parte oriental da provincia. Os límites occidentais estaban marcados polo río Navia, a serra do Rañadoiro, os Ancares, o Caurel e as serra de Queixa, Segundera, Nogueira e Bornes; os orientais polo río Sella, o Cea e o Douro, que tamén é o límite meridional; o mar Cantábrico era o límite setentrional. A capital do territorio era Astúrica Augusta (Astorga). De acordo con Plinio, o número de pobos deste convento era de 22 e menciona que estaba habitado por 240.000 persoas de condición libre; Ptolomeo, sen embargo, cita 10 pobos e 21 cidades. Formaban parte deste convento os seguintes pobos: paésicos, lugóns, tiburos, guigurros, amacos, orniacos, lancienses, bedunienses, superatos, brigaecinos, zoelas e saelenos.

Palabras veciñas

Astruc, Alexandre | astucia | ástur | Astur, Convento Xurídico | asturense | Astureses | Astureses, San Xulián de