ástur
(
-
adx
Relativo ou pertencente aos ástures.
-
s
[ETN/HIST]
Nome xenérico que reciben o conxunto de pobos indíxenas (populi) do Convento Asturicense. Os ástures ocupaban un vasto territorio que tiña como límites naturais o mar Cantábrico polo N, os ríos Sella e Esla polo L, o Douro polo S e o Sabor, Cabeza de Manzaneda, a serra do Courel e o río Navia polo O. Foron o último pobo do noroeste peninsular vencido por Roma; logo da fase lusitana da conquista de Gallaecia, marcada polas campañas de Bruto, Craso e Xulio César, foi Augusto -aínda durante o seu Principado- quen acometeu a conquista definitiva dos ástures. As guerras ástur-cántabras tiveron un desenlace tráxico para os ástures, xa que remataron cun suicidio colectivo no que se empregaría un veleno presente na planta do teixo, no transcurso do seu asedio no monte Medulio. Malia que este feito se converteu no final simbólico da resistencia da área galaica ante Roma, con posterioridade non deixou de haber algunhas revoltas e insubmisións ben documentadas.
-
adx
Aplicado a persoas, asturiano.