"Vián" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 87.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Serie e época do Carbonífero mariño de Rusia, que está sobre o Viseano e baixo o Baxkiriano.
-
-
-
Relativo ou pertencente a Varsovia ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Varsovia.
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello da Pastoriza baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Relacionado co surrealismo e o existencialismo, na súa obra ofrece unha visión corrosiva da realidade. Destacan a novela J’irai cracher sur vos tombes (1946) e a obra teatral Le goûter des généraux (1964).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio de Nafarroa, situado no Camiño Francés de peregrinación a Santiago (3.425 h [2001]). Forma parte de La Rioja navarra. Produce viños acollidos á Denominación de Origen de La Rioja. En 1423 Carlos III de Navarra proclamou o principado de Viana. Do seu patrimonio cultural, moi vinculado á peregrinación xacobea, destacan as ruínas da igrexas góticas de San Pedro (s XIII) e de Santa María (s XIV) e o hospital de Nuestra Señora de Gracia (s XV).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Valladolid, Castela e León, a 15 km ao SO da capital provincial (1.637 h [2001]). O principal sector económico é a industria.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de santa María que dá nome ao concello de Viana do Bolo, onde se atopa a capital municipal.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca de Viana situado no SL da Comunidade Autónoma de Galicia e da provincia da Coruña (42° 11’ 00’’ N - 7° 06’ 20’’ O). Limita ao N cos concellos do Bolo e da Veiga (comarca de Valdeorras), ao L coa provincia de Zamora, ao S coa Mezquita e A Gudiña (comarca de Viana), e ao O con Manzaneda (a Terra de Trives) e Vilariño de Conso (Viana). Ocupa 270,4 km 2 cunha poboación de 3.442 h.(2001) distribuída nas parroquias de Bembibre, Caldesiños, Cepedelo, Covelo, Fornelos de Filloás, Fradelo, Froxais, Grixoa, Hedroso, Louzaregos, Mourisca, Paradela, Penouta, Pexeiros, Pinza, Pradocabalos, Pradorramisquedo, Punxeiro, Quintela de Hedroso, Quintela de Umoso, Quintela do Pando, Ramilo, Rubiais, San Cibrao, San Mamede, San Martiño, Santa Mariña da Ponte, Sever, Solbeira, Tabazoa de Hedroso, Tabazoa de Umoso, Viana do Bolo, Vilardemilo, Vilarmeao e Vilaseco da Serra. A capital atópase na vila de Viana do Bolo, na parroquia do mesmo nome. O concello está a 248 km de Santiago...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Viana do Bolo. Formaba parte dunha fortaleza medieval que en 1180 foi reconstruída polo Rei Fernando II. Construíuse con granito e presenta unha planta cadrada. Exteriormente dividíase en tres tramos e leva un remate ameado. O soto cubriuse cunha bóveda de canón e reforzouse con tres arcos faixóns apuntados. Ademais da torre, consérvanse as portas de entrada ao antigo patio de Armas e ao patio de Honor. No exterior tamén se conservan parte das murallas que rodeaban a fortaleza e unha pequena torre cilíndrica defensiva. Foi cárcere durante a Guerra Civil e posteriormente converteuse en museo e sala de exposicións. Foi declarada BIC en 1949.
-
CAPITAIS
Capital do distrito de Viana do Castelo, Portugal, na rexión do Miño (15.545 h [2001]). Situada na ribeira dereita do Lima, próxima á desembocadura no Atlántico, ten un mercado pesqueiro. O nome fai referencia ao castelo de São Thiago ou Castelo Velho (s XVI), situado ao N da cidade.
VER O DETALLE DO TERMO -
DISTRITOS
Distrito de Portugal (2.220 km2; 250.273 h [2001]). A súa capital é Viana do Castelo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Comarca de tipo rural situada no SL da Comunidade Autónoma de Galicia e da provincia de Ourense. Limita ao N coas comarcas de Valdeorras (concellos do Bolo e da Veiga) e da Terra de Trives (Manzaneda e Chandrexa de Queixa), ao S con Portugal, ao L coa provincia de Zamora (concellos de Porto, Pías, Lubián e Hermisende) e ao O coa comarca de Verín (Laza, Castrelo do Val e Riós). Abrangue unha extensión de 746,3 km2 cunha poboación de 8.003 h (2001), distribuídas entre os concellos da Gudiña (171,4 km2 ; 1.682 h [2001]), A Mezquita (104,3 km2 ; 1.429 h [2001]), Viana do Bolo (270,4 km2 ; 3.893 h [2001]) e Vilariño de Conso (200,2 km2 ; 799 h [2001]). O centro comarcal é Viana do Bolo.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
A súa abrupta topografía e a elevada altitude dos relevos da serra de Queixa, no O, e de Pena Trevinca, no L, fan da comarca un espazo moi movido e con alternancia de vales e montañas. No N, nos concellos de Viana... -
VER O DETALLE DO TERMO
Título nobiliario concedido por Carlos Manuel I de Savoia en 1617 a Álvaro Pérez de Losada y Cabeza de Vaca , señor de Rionegro del Puente (Zamora) e de Viance (Láncara).
-
-
Alimento ou comida destinada ao consumo humano.
-
Comida que se dá ao gando.
-
Carne dos moluscos bivalvos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que camiña por unha vía.
-
-
-
Relativo ou pertencente a Viana do Bolo ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Viana do Bolo.
-
Raza bovina autóctona de Galicia, que se localiza na comarca de Terra do Bolo. Está formada por animais de perfil recto a subcóncavo. O seu peso medio é de 560 kg nas femias e de 850 kg nos machos e a altura media na cruz é de 132 cm nas femias e de 138 cm nos machos. A cabeza é pequena, coa cara alongada e estreita no fociño; as orellas grandes e peludas e os cornos en gancho curto nos machos, e alongados nas femias. A pelaxe é castaña, con tonos máis escuros nos bois e máis claros nos tenreiros. Caracterízase pola rusticidade, que lle permite unha boa adaptación ao medio montañoso, e pola excelente calidade organoléptica da carne dos seus tenreiros. A busca por parte dos gandeiros de maiores rendementos fixo que se potenciaran razas máis especializadas, o que puxo en perigo a pureza da raza. Co obxectivo de recuperar, conservar e fomentala, no ano 2000 aprobouse a regulamentación específica do Libro Xenealóxico da Raza Bovina Vianesa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Vientiane.
-
GALICIA
Empresario. Presidente do órgano reitor do Produto Galego de Calidade Ternera Gallega, foi xerente de FEIRACO, xerente e secretario da cooperativa de Tapia, xerente de Industrias Lácteas, presidente da Mutualidad Agraria Provincial e concelleiro de Ames. Recibiu o premio da Orden Civil del Mérito Agrícola. Publicou Lembranzas. Una vida en el campo gallego (2001) e Os muíños de Riamontes. Contos da miña aldea (2004).
VER O DETALLE DO TERMO