"Vigo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 93.

  • Provincia de Véneto, Italia (1.789 km2; 240.102 h [2001]). A súa capital é Rovigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Paderne baixo a advocación de san Xulián.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización xurdida en 1931 da conversión da sección pesqueira do Sindicato General de Trabajadores de Vigo en sindicato. Integrou as seccións de palangreiros do Berbés, parellas de Bouzas, empacadores, estibadores, patróns, maquinistas e mariñeiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización fundada en 1922 en Vigo como unificación das diversas sociedades obreiras ligadas á CNT da cidade. Contaba con seccións de serradores, carboeiros, pesca e transporte marítimo. Reorganizáronse a comezos de 1930, e incorporáronse novos oficios, moitos dos cales se converteron en sindicatos únicos ou de industria. En 1932 transformouse nunha Federación Local de Sindicatos Únicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación de armadores de buques de arrastre, as parellas, constituída no porto de Bouzas (Vigo) en 1899. Promoveu un lock-out que amarrou a frota de arrastreiros por máis de tres meses, a fins de 1932. Continuou a funcionar durante a Guerra Civil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación de armadores de pesca do palangre que actuou en Vigo durante a década de 1930. Mediou na conflitividade xurdida nos anos 1931 e 1932, cando a consecuencia do crack de Nova York (1929) se depreciou a sardiña e houbo enfrontamentos laborais entre mariñeiros e patronal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación musical creada en Vigo en 1915 no seo da sociedade La Tertulia. En 1918 independizouse e formou unha directiva propia. O seu obxectivo é organizar concertos e impulsar o desenvolvemento musical. Como sede empregou distintos auditorios da cidade e organizou concertos de solistas e grupos de sona internacional como Pau Casals, Arthur Rubinstein, Elly Amelling, a Orquestra de Cámara de Berlín, a Orquestra de Cámara de Praga ou a Orquestra Sinfónica de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Demarcación territorial da Igrexa Católica que se estende desde a beira meridional da ría de Vigo ata a beira galega da desembocadura do río Miño. Limita ao N coa diocese de Santiago (sé arcebispal da que é sufragánea) e ao L coa diocese de Ourense, da que a separan as serras do Suído e do Faro de Avión e o propio río Miño. A sé episcopal tradicional foi Tui, aínda que en 1959 adquiriu a dobre capitalidade e tomou o nome de Tui-Vigo, cidade esta última a onde se desprazaron os bispos. No entanto, o templo-fortaleza de Nosa Señora da Asunción de Tui mantén a condición de cátedra do bispo, que comparte coa antiga colexiata de Santa María de Vigo. A antigüidade da diocese de Tui remóntase á Alta Idade Media e aparece citada no Parochiale Suevum (572-582) como sufragánea de Braga. No s XV dependeu da metrópole compostelá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución universitaria creada en Vigo pola Lei 11/1989, de 20 de xullo, de Ordenación do Sistema Universitario de Galicia (LOSUGA). Un dos antecedentes da Universidade de Vigo foi a constitución do Colexio Universitario de Vigo (CUVI), amparada mediante decreto en outubro de 1972. En 1980 firmouse o convenio de integración do CUVI na Universidade de Santiago de Compostela e, en 1982, tivo lugar a entrega oficial. A Universidade de Vigo pasou a ter titulacións completas e outras de nova creación en exclusiva para toda Galicia, como Enxeñaría Técnica de Telecomunicacións. Está estruturada nos campus de Vigo (central), Ourense e Pontevedra. A finais de 2003 inaugurouse a Cidade Universitaria de Lagoas-Marcosende (na parroquia viguesa de Zamáns), que supuxo a mellora das instalacións e a creación de novos espazos educativos, deportivos e de ocio. O primeiro reitor da Universidade de Vigo foi Luis Espada Recarey (1989-1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Boqueixón baixo a advocación de santa Baia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cambre baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Carral baixo a advocación de san Vicente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca homónima situado no extremo SO da Comunidade Autónoma de Galicia e da provincia de Pontevedra (42° 13 51 N - 8° 44 03 O). Limita ao N coa ría de Vigo, ao S cos concellos de Gondomar, Porriño e Mos (todos da comarca de Vigo), ao L cos de Redondela e Mos (Vigo) e ao O coa ría de Vigo, Nigrán e Gondomar (Vigo). Ten unha extensión de 109,1 km 2 cunha poboación de 294.772 h (2001) distribuída nas parroquias de Alcabre, Beade, Bembrive, Bouzas, Cabral, Candeán, Castrelos, Coia, Coruxo, A Florida, Freixeiro, Lavadores, Matamá, Navia, Oia, Saiáns, San Paio, Santo André de Comesaña, Sárdoma, Teis, Valadares e Zamáns. A capital, a cidade de Vigo, que abrangue varias freguesías urbanas, dista 34 km de Pontevedra e 88 km de Santiago de Compostela. Está adscrito ao partido xudicial de Vigo e á diocese de Tui-Vigo.
    Xeografía física
    O relevo do concello aparece definido por dúas unidades xeomorfolóxicas, a ría de Vigo e o Val do Fragoso, entre...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Parroquia do concello de Vigo. baixo a advocación de .

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e deseñador gráfico. Realizou ilustracións para a revista viguesa Tintimán (Premio Medios de Comunicación da RNE-Galicia) e para o Diario de Galicia. Diagramador editorial de Edicións Xerais de Galicia, ilustrou os libros Proyecto Pomba Dourada (1987) e Contos por palabras (1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador da arte. Especializouse no estudo da arquitectura e da cidade nos seus aspectos histórico-artísticos desde o s XVI ata o s XX, fundamentalmente no s XVIII. Foi asesor histórico-artístico do Plan Especial de Protección e Rehabilitación do Barrio da Madalena de Ferrol e da reconstrución virtual do Arsenal de Ferrol, e director de diversos proxectos de investigación. Das súas obras destacan Arquitectura y urbanismo en el Ferrol del siglo XVIII (1984) e La arquitectura de la Ilustración. Clasicismo y Neoclasicismo (1995); ademais coordinou Fontes escritas para a Historia da Arquitectura e do Urbanismo en Galicia (séculos XI-XX) (2000) e dirixiu Planos y dibujos de arquitectura y urbanismo. Galicia en los siglos XVI y XVII (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Santa María de Vigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Comarca situada no SO da Comunidade Autónoma de Galicia e no S da provincia de Pontevedra. Esténdese en sentido SO-NL ocupando toda a marxe dereita da ría de Vigo e unha ampla franxa cara ao interior, chegando no caso do concello de Fornelos de Montes ata o límite coa provincia de Ourense. Limita ao N coa comarca de Pontevedra (concellos de Pontevedra, Ponte Caldelas e A Lama), ao O coa ría de Vigo, ao S coa comarca do Baixo Miño (concellos de Oia, Tomiño e Tui) e ao L coa do Condado (Mondariz, Ponteareas e Salvaterra de Miño), aínda que algunhas parroquias de Fornelos de Montes limitan coas comarcas da Paradanta (concello de Covelo) e do Ribeiro (concello de Avión). Abrangue unha extensión de 613,4 km2cunha poboación de 395.351 h [2001]), distribuída nos concellos de Baiona (34,5 km2; 10.931 h   [2001]), Fornelos de Montes (83,1km2; 2.066 h   [2001]), Gondomar (74,5 km2; 12.176 h   [2001]), Mos (53,2 km2; 14.127 h...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Titulo nobiliario concedido, co vizcondado previo de Bañobre, polo Consello de Rexencia en 1810, e confirmado por Fernando VII en 1818 a Joaquín Tenreiro-Montenegro y de la Hoz (Requena, València 1758-Betanzos 1834). Doutor en Leis e Canons, en 1808 trasladouse a Galicia e foi un dos organizadores da resistencia e reconquista de Vigo ante os franceses. Foi coronel de infantaría, xentilhome de cámara de Fernando VII e comandante do Corpo de Voluntarios realistas de Betanzos. Sen fillos, sucedeuno o seu sobriño Antonio Tenreiro Montenegro e Caveda (?-1855), II conde de Vigo, sucedido polo seu fillo Joaquín Tenreiro Montenegro e Parada, III conde de Vigo, e este pola súa filla Josefa Tenreiro Montenegro (?-1957), IV condesa de Vigo, que morreu sen descendencia e o título pasou aos descendentes de María do O Tenreiro Montenegro, irmá do I conde. Luis de Ponte y Manso de Zúñiga foi o V conde de Vigo, título que cedeu á...

    VER O DETALLE DO TERMO