"Ya" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 670.

  • DEPARTAMENTOS

    Departamento do Perú (44.181 km2; 562.100 h [estim 1989]). A súa capital é Ayacucho.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome despectivo dado aos partidarios do xeneral Espartero, especialmente despois da súa caída no 1843.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción militar librada ao pé do cumio de Condorcanquí, o 9 de decembro de 1824, entre as forzas do vicerrei do Perú José de la Serna -que foron completamente derrotadas-, e as tropas colombianas e peruanas, mandadas polo xeneral Antonio José de Sucre. Esta batalla significou, na práctica, a fin do dominio colonial na América continental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio do extremo NO do territorio de Araba, Euskadi, drenado polo río Nervión (2.008 h [1996]). Economía de base gandeira (bovina, ovina e avícola).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe de orixe vasca. O Rei Sancho o Nobre de Navarra concedeulle o señorío de Ayala, en Araba, ao infante Vela, fillo de Sancho Ramírez de Aragón. A partir dese momento os descendentes adoptaron por apelido o nome de Ayala. O apelido espallouse por diversas rexións españolas e unha rama pasou mesmo a Cuba. As armas da rama galega, estirpe á que pertenceu o primeiro conde de Urbana, Federico de Amores e Ayala, levan en campo de prata, dous lobos de sable, postos un sobre o outro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico arxentino. Comezou dirixindo curtametraxes, logo confirmou o seu labor e o seu traballo de realización cos filmes El jefe (1958) e El candidato (1959), baseados nos guións de David Vinas, cos que obtivo un enorme éxito. Dirixiu tamén Ayer fue primavera (1954), En mi casa mando yo (1967), Los médicos (1978) e Dios los cría (1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista, ensaísta e sociólogo. Pertenceu ao grupo da Revista de Occidente. Desta época son as novelas Tragicomedia de un hombre sin espíritu (1925) e Medusa artificial (1930). Exiliouse na Arxentina (1939-1944) e, durante o peronismo, en Porto Rico e México. No exilio derivou cara a unha literatura de preocupacións éticas e converteuse nun dos novelistas fundamentais no tratamento da Guerra Civil española. No ano 1961 volveu ao estado español e publicou: Obras narrativas completas (1969) e El jardín de las delicias (1971). Membro da Real Academia de la Lengua Española, foi galardoado cos premios Nacional de Literatura (1983) e Cervantes (1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profesor de Ciencias Biolóxicas e de Filosofía na Universidade de California (campus de Irvine). Discípulo de Dobzhansky, a súa traxectoria científica levouno a identificar diversos modelos de especiación non descritos con anterioridade. É autor de máis de 500 artigos de xenética, ecoloxía, evolución e filosofía da ciencia. As súas obras máis importantes son: Evolución (1980), Origen y evolución del hombre (1980), La evolución en acción (1983), Estudios sobre Filosofía de la Biología (1983), Genética moderna (1984), La naturaleza inacabada (1987) e La teoría de la evolución (1994). Así mesmo, é membro do Comité de Asesores de Ciencia e Tecnoloxía do Presidente dos EE UU, William J. Clinton; tamén pertence a numerosas academias científicas e preside a Asociación Americana para o Avance da Ciencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Huelva, Andalucía, situado na desembocadura do Guadiana, na fronteira con Portugal (17.566 h [1996]). Nesta altura o Guadiana é navegable, feito polo que ten un porto con peiraos comerciais e pesqueiros, que acolle unha das flotas máis importantes de Andalucía. Tamén é centro do mercado agrícola local e posúe industrias de conservas de peixe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e poeta experimental. Realizou estudios de Belas Artes en Newark (Nova Jersey) e Madrid. Participou en diferentes exposicións, tanto de carácter individual como colectivo; así mesmo, a súa obra forma parte de numerosas coleccións privadas de América e Europa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Profesor na Facultade de Belas Artes de San Carlos, na Universidade Politécnica de València. Comezou a súa andaina artística participando nunha exposición colectiva no Mail Art Postmuseum de Estocolmo (1985). Durante a década dos oitenta recibiu varias bolsas para completar a súa formación. Durante a súa estadía en Nova York en 1994, empeza a desenvolver proxectos de pintura específica en relación cun lugar, sempre centrados nas múltiples relacións existentes entre a pintura e a fotografía. Desde os anos 80 realizou 24 exposicións individuais e participou en máis de 200 colectivas en todo o mundo. As súas obras estás en 33 museos e institucións, ademais de en numerosas coleccións privadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves da familia dos anátidos ao que pertencen algúns parrulos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do changwat de Phra Nakhon Si Ayutthaya, na rexión central de Tailandia, á beira dun dos brazos do río Mae Nam Chao Phraya (57.327 h [1993]). Antiga capital do Reino de Siam, foi fundada cara ao 1350 polo príncipe Rāmadhipati co nome de Dvāravatī Šri Ayodhyā.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que recibe o río Al-Nīl al-Abya ḏ , chamado tamén Nilo Branco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta persa. É autor dunha das primeiras compilacións de cuartetas místicas da literatura persa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta persa. É autor dunha das primeiras compilacións de cuartetas místicas da literatura persa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Arquipélago das Filipinas formado por cinco illas volcánicas (1.140 km2), situadas no estreito de Luzón. Forman parte da provincia de Cagayán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pensador hindú, considerado o fundador da escola filosófica Vedānta; non se sabe con certeza cándo viviu, probablemente entre os ss VI a C e III d C. É autor do Brahmasūtra ou Vedānta-sūtra, obra fundamental desta escola de pensamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo hebreo. Escribiu en árabe un tratado ético-moral Kitāb al-hidaya ilā farā’id al-qulūb (Libro da guía sobre os deberes dos corazóns), expoñente da corrente neoplatónica da época, que acadou unha gran sona. É tamén autor de diversos poemas relixiosos incluídos na liturxia penitencial hebraica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Barcelona, na chaira de Vic (3.025 h [1996]). As principais actividades económicas derivan dos seus recursos agropecuarios (cereais, patacas e forraxe) e do gando bovino, porcino e ovino, xunto coa fabricación de embutidos) Tamén cómpre salientar as manufacturas de teas metálicas e de tecidos. A capital municipal é Hostalets de Balenyá.

    VER O DETALLE DO TERMO