"andi" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 305.

    1. Contacto suave feito coa man como mostra de cariño.

    2. Maneira de vivir caracterizada polas comodidades e a boa vida, lonxe do traballo e das fatigas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prenome feminino que ten a súa orixe no latín blanda ‘de carácter amable, cariñosa’, pero tamén hai quen o pon en relación co francés blander, blandir de significado ‘moi próximo’. Santa Blandina (s II), virxe e mártir francesa, era unha   criada que sufriu martirio xunto coa súa ama en 177, na persecución de Marco Aurelio. A lenda conta que a envolveron   nunha rede de gladiador para enfrontala ás feras do anfiteatro, pero un boi liberouna é lanzouna polo aire cos seus cornos. É patroa das criadas e servidores domésticos (xunto con santa Marta e santa Zita) e da cidade francesa de Lyon. A súa festa celébrase o 2 de xuño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Membro dunha sociedade científica formada por xesuítas belgas que desde 1643 se dedicou á publicación da Acta Sanctorum e que leva o nome do seu iniciador, o xesuíta flamengo Jean Bolland (1596 - 1665), iniciador da publicación de documentos haxiográficos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que saíu á luz en Vilarmaior, A Coruña, en abril de 1991. Estaba redactado en galego e posuía unha marcada tendencia nacionalista. Este boletín era órgano informativo da candidatura nacionalista independente de Vilarmaior, a CNIV. Con respecto á ilustración, contou cun debuxo humorístico de Xaquín Marín e outro de Xosé Luís.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Zoólogo e político. Catedrático da Universidad de Madrid ata 1939. Foi membro do padroado da Universitat Autònoma de Barcelona (1933), en representación do goberno da República e secretario da Presidencia da República Española entre os anos 1936-1939. Marchou exiliado a México, onde exerceu como profesor no Instituto Politécnico Nacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Restaurador italiano. En 1939 fundou en Roma o Instituto Centrale del Restauro. Levou a cabo unha teoría sobre a restauración do patrimonio cultural.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de brandir.

    2. En cantidade superior á necesaria.

    3. Que se caracteriza polo esplendor ou pola ostentación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor. Licenciado en Psicoloxía e diplomado en Psicoloxía da Educación imparte clases na Universidade de Vigo. Publicou Fundamentos de Psicología para maestros (1984), Os xogos dos nosos rapaces (1986) e Bilingüismo y lectura en escolares gallego y castellano-parlantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Actividade comunicativa orientada á creación e reforzamento dos valores positivos dunha marca, así como ao seu recordatorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Portar na man unha arma, movéndoa en actitude ameazante.

    2. Estar animado por un movemento oscilatorio ou vibratorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor, actor, locutor de radio e guionista. Como poeta, vinculado á Xeración poética dos 80, participou nos volumes De amor e desamor I (1984), De amor e desamor II (1985) e Igor de Albatros en Selene (1985); publicou os poemarios Banquete (1990), Entre ruinas (1996), Poemas obxeto e visuais (1999), O sangue dos árabes (1999) ou A caricia da serpe (1999). Escribiu a peza de prosa teatral A promesa (1991); A actriz (1993), coa que gañou o XII Concurso de Teatro Breve da Escola Dramática Galega e o diálogo O amargo camiño de Walter do Outono, incluído no volume colectivo O camiño das estrelas (1993). Como actor participou en diversos espectáculos como Un refaixo para Celestina (1993), Nin me abandonarás nunca (1995), Hostia (1996), Como en Irlanda (1996), Lisístrata (1997), O Bufón de El-Rei (1997) ou Memoria de Antígona (1998)....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘regueiro’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca da Limia, situado na provincia de Ourense no S da Comunidade Autónoma de Galicia forma parte da denominada Raia Seca, é dicir, da fronteira política con Portugal. Limita ao N co concello da Porqueira, ao L cos concellos dos Blancos e Baltar (todos eles da Limia), ao S con Portugal e ao O con Muíños, na comarca da Baixa Limia, e Portugal. Situado Abrangue unha superficie de 97,7 km 2cunha poboación de 1.110 h (2007), distribuídos nas parroquias de Calvos, Castelaus, Feás, Golpellás, Lobás, Randín, Rioseco, Rubiás dos Mixtos e Vila. A capital municipal é o lugar de Calvos. Atópase a 41° 56’ de latitude N e 7° 53’ de lonxitude O, a 174 km da capital autonómica, Santiago de Compostela, e 68 km da cidade de Ourense. Está adscrito ao partido xudicial de Bande e á diocese de Ourense.
    Xeografía física
    O territorio de Calvos de Randín está baixo o dominio climático oceánico continental. Nas serras situadas ao S do termo municipal o clima...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actriz. Licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa, comezou a facer teatro no ano 1982 no grupo Ancoradouro. Posteriormente traballou na Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela e en compañías profesionais como Teatro do Aquí, Uvegá Teatro, Centro Dramático Galego e Os Quinquilláns. Entre outros espectáculos, participou en Zocos (1998) e A señorita Xulia (2000), de Uvegá Teatro, e Xelmírez ou a groria de Compostela (1999) e Don Xoán (2000), do Centro Dramático Galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase á variedade do azucre depurado e cristalizado.

    2. Azucre depurado e cristalizado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hēráklion.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Abadín baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe de orixe aragonesa. Unha rama pasou a Galicia e outra asentouse en México. A esta caste pertenceu o Papa Alexandre V, chamado Pedro Falargo de Candía. As súas armas levan, en campo de ouro, unha banda de goles. Outros traen, en campo de goles, dous copóns de prata postos en faixa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antibiótico funxistático e funxicida producido por unha cepa de Streptomyces griseus, especialmente eficaz contra o Candida albicans.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de lévedos da clase dos deuteromicetos, con frecuencia presentes na flora normal da boca, gorxa, intestino groso, vaxina e pel. Tamén poden aparecer como contaminantes en persoas inmunodeprimidas debido a algunha enfermidade ou aos medicamentos empregados para o seu tratamento; a infección producida por estes microorganismos coñécese co nome de candidiase. A principal especie patóxena é o C. albicans, causante de infeccións superficiais da pel entre leves e severas ou crónicas, das unllas e das mucosas, e incluso serias infeccións sistémicas en persoas inmunodeprimidas.

    VER O DETALLE DO TERMO