"atü" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 368.

  • Revista bimestral editada na cidade de Santa Fe (Arxentina) en setembro de 1960. Fundada, entre outros, por Xosé Neira Vilas, levaba por subtítulo “Peña Gallega Manuel Murguía”, e estaba dirixida por Antonio Ucha. Nela aparecían poemas e críticas sobre obras do propio Neira Vilas, contos de Ben-Cho-Shey e reproducións de poemas de Cabanillas e Avelino Díaz. Colaboraron tamén Leandro Carré, Fernández del Riego e Victoriano García Martí.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista escolar mensual e bilingüe do Colexio Marista de Ourense aparecida en 1969, que cesou en xuño de 1970. Colaboraron nela: Miguel A. González, Xosé Mª Pérez, Tacho García e Alfonso de Sás, entre outros. Nas seccións “Editorial”, “Sección del Curso” e “Sección dedicada al idioma gallego” incluía información cultural, poemas, deportes e humor, acompañada de debuxos de Gonzalo Fernández e Esteban Solleiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación da Casa de Galicia de Las Palmas de Gran Canaria de xullo de 1972, continuadora probablemente de Aturuxo, editada nos anos cincuenta do século XX. Nela incluíase información sobre a propia institución e sobre actos que organizaba como: cabalgatas de reis, entroido ou festivais de habaneiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación escolar editada en decembro de 1973 polo Colexio Público Antonio Magariños Pastoriza de Cambados. Nela incluíanse obras literarias en galego e castelán para promocionar a lectura entre os alumnos do centro e información sobre as actividades do grupo escolar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista editada en Montreal (Canadá) en 1974 e na que se recollía información sobre os emigrantes galegos nese país.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • oceiro do colectivo de homsexuais de Galicia aparecido no ano 1975 aproximadamente e subtitulado “Boletín de la Coordinadora de Colectivos Gais de Galicia”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Observar con atención e coidado a alguén tratando de que non se decate.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen observa algo ou alguén cautelosamente e con curiosidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FAMILIAS

    Familia de orixe armenia que reinou en Armenia desde o 859 (a partir do 885 co título de Rei) ata o 1080. Unha rama instalada en Xeorxia acadou a unificación deste reino baixo Bagrat III (s XI). Os Bagratuni xeorxianos reinaron, divididos en diversas ramas, en Imerécia e Iberia ata que os seus estados entre 1800 e 1810 foron anexionados ao Imperio Ruso; no estamento principesco figuraron co nome de Bagration.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Escribiu poesía didáctica e relixiosa, e tentou crear unha epopea nacional co título de Hayk (1858), pero destacou sobre todo como tradutor de Homero, Virxilio e Voltaire.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Constitución de Baiona

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de macizos montañosos de acusadas pendentes na comarca da Baixa Limia, declarados Parque Natural en 1993, e que limitan co Parque Nacional portugués da Peneda-Gêres. A ampla rede de afluentes do Limia, entre os que destacan o río Caldo, o Agro e o Salas, drena o territorio do parque e constitúe un elemento decisivo na configuración do relevo e na distribución da flora e da fauna. Ao N do río sitúanse a Serra do Laboreiro e o Monte da Fraga, ao NO os Montes do Quinxo, e ao S as serras de Santa Eufemia e a do Xurés. A superficie do parque e de 20.920 ha repartidas entre os concellos de Entrimo, Lobios e Muíños. A maior parte do territorio do parque atópase por riba dos 1.000 m de altitude, acadando o punto máis elevado nos 1556 m da Nevosa, na serra do Xurés.
    Xeoloxía e xeomorfoloxía
    O substrato litolóxico está constituído maioritariamente por granitos e granodioritas, pero tamén aparecen xistos e gneises con baixo contido en cuarzo no sector noroccidental,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Espacio natural localizado no curso baixo do río Ulla, dende a súa desembocadura ata a confluencia co río Sar. Situado entre os termos municipais de Valga, Catoira, Dodro e Rianxo, abrangue unha extensión de 1.108 ha. Dende 1991 ten a cualificación de espazo natural en réxime de protección xeral. Na súa desembocadura o Ulla orixina unha ampla chaira aluvial, composta por sedimentos cuaternarios e colonizada por vexetación marismeña que se estende cara ao N seguindo o curso do Sar. Actualmente no leito do río deposítanse sedimentos areosos que ao crecer chegan a constituír illas permanentes, que dividen a canle principal do río en canles secundarias. Os bancos de area que se forman están en continua evolución, e a mobilización dos sedimentos vai modificando lentamente o aspecto das canles. Nalgúns puntos do curso baixo do río, influenciados polas mareas, desenvólvense pequenas áreas marismeñas de substratos areoso-limosos, ocupados por vexetación típica das marismas.
    Flora e fauna
    No...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de barato, baixo prezo das cousas que están á venda. SIN: barateza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lingua africana da familia bantú e do grupo bantoide, pertencente ao subgrupo Tiví-Batú que se fala en Nixeria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PICOS

    Pico dos altiplanos de Etiopia de 4.307 m de altitude, o oitavo máis elevado de África.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Khan mongol (1227-1255), neto de Xenguis Khan e fillo de Jöči. Foi xefe da grande expedición mongólica que invadiu e devastou Rusia, Polonia, Silesia, Hungría e Dalmacia, chegando ata Klosterneuburg (1237-1242). O seu khanato foi coñecido como o de Kipchak ou da Horda de Ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Golpear de maneira reiterada.

    2. Bater un líquido contra as paredes do recipiente que o contén.

    VER O DETALLE DO TERMO