"dición" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 101.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa editorial fundada en Vigo en 1974, pertencente ao grupo Santillana. Dirixida por Carme Vázquez Rodríguez, con máis de trescentos libros editados. Dedícase fundamentalmente á publicación de libros de texto, literatura infantil e xuvenil, cartografía e dicionarios. Divide a súa produción editorial nas coleccións “Obradoiro-Alfaguara Infantil” e “Obradoiro-Alfaguara Xuvenil”.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa editorial fundada en Santiago de Compostela en 1990. Dirixida por Francisco Macías, conta con máis de cincuenta libros editados. Dedícase fundamentalmente á publicación de ensaios, libros de peto, literatura e revistas en lingua galega e portuguesa. Ademais das coleccións “Diversos”, “Narrativas”, “Plural” e “Popular”, tira do prelo a revista Animal+.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa editorial fundada en 1980 en Santiago de Compostela. Dirixida por Amador Rodríguez Arce e Manuel Casal Salgado, conta con máis de douscentos títulos publicados. A súa liña editorial enmárcase dentro da difusión de obras cartográficas, literatura infantil e xuvenil, narrativa e pedagoxía en lingua galega ou castelá. Divide a súa produción nas coleccións “Animais fantásticos”, “Aprender xogando”, “Biblioteca de autores galegos”, “Cartografía”, “Contos clásicos favoritos”, “Ecoloxía”, “Mapas murais/Esfera”, “O meu libro-xogo”, “Os libros do tren”, “Pouquiño a pouco” e “Xeografía e historia”.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa editorial fundada por Xulián Maure Rivas e Germán Sánchez Ruipérez en Vigo no mes de outubro de 1979. Dedicada á edición de libros en lingua galega, pertence ao Grupo Anaya. Naceu coa vontade de abranguer todos os campos da comunicación impresa e para contribuír á normalización da lingua en Galicia. En 1980 creáronse as tres primeiras coleccións “Montes e Fontes”, “Ventobranco” e “Fonteliña”. A partir de 1981 comezou a edición de libros de texto para EXB. Nese mesmo ano incorporouse Luís Mariño Pampín á dirección editorial. O lanzamento dos libros de Bacharelato produciuse en 1982, coincidindo coa presentación de dúas novas coleccións “Extramuros”, para a edición de libros en castelán e “Arroás”, na que se incluíron libros ilustrados. Ao ano seguinte creáronse tres novas coleccións “Xabarín”, para a publicación de literatura xuvenil en galego, “Narrativa” e “Xerais Universitaria”. En 1984 convocouse a primeira edición do Premio Xerais de Novela, e resultou gañador Carlos G. Reigosa...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto vasto e documentado de coñecementos, adquiridos sobre todo a través das disciplinas históricas e filolóxicas.
-
-
Acción de expedir.
-
-
iaxe dun grupo de homes, naves, etc, cun fin militar, científico, comercial ou deportivo.
-
Conxunto de persoas que realizan ou forman parte desa viaxe.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Colonización e repoboación das terras da Patagonia e da banda oriental da Plata establecida por Carlos III. Tratábase dunha emigración controlada e dirixida polo goberno español que tivo como finalidade a colonización da Patagonia mediante o traslado de familias enteiras con membros aptos para os traballos agrícolas e artesanais. Os emigrantes procedían de Galicia, Asturias e León, e a súa selección (entre 400 e 500 persoas por expedición) correspondeu á Comisión de Expedición de Familias. A Facenda Real corría cos gastos previos ao embarque das familias. A primeira expedición partiu do porto da Coruña e a pretensión de crear dous establecementos en Bahía Sin Fondo e San Julián chocou coa oposición do vicerrei Vértiz. A derradeira expedición partiu en 1784.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Novela de aventuras publicada en 1994, coa que Marilar Aleixandre acadou o Premio Merlín de Literatura Infantil e Xuvenil 1994 e o Premio da Crítica Galicia de Creación Literaria 1995, sendo a primeira vez que unha obra de literatura infantil e xuvenil levou este galardón. A acción sitúase no s XIX e nela cóntanse en primeira persoa as aventuras da narradora-protagonista, unha rapaza de doce anos chamada Emilia Goianes que escapa da casa e se agocha como polisón na goleta Resolución, para formar parte dunha expedición científica que ten como obxectivo realizar unha viaxe para explorar as terras do Pacífico e recoller mostras de plantas, animais e minerais. Cando o irmán de Emilia a descobre oculta no seu camarote, ambos deciden ocultar a súa identidade de muller baixo o disfrace dun rapaz ao que bautizan co nome de Marcos Goianes. Acompañan a protagonista da aventura un grupo de científicos, ademais do seu irmán, membro tamén da expedición. Intégranse na trama temas como as ideas feministas,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Expedición carlista contra Madrid (do 15 de maio a outubro de 1837), dirixida polo pretendente Carlos María Isidro. Saíu de Estella, atravesou Aragón, entrou en Catalunya e chegou ao Ebro a finais de xuño. Proseguiu cara a València e despois de atravesar Cuenca, chegou a Madrid o 12 de setembro. R. Cabrera e os outros dirixentes quixeron asaltar Madrid, pero o cuartel xeral ordenou a retirada. A expedición, perseguida por Espartero, que obtivo unha vitoria en Aranjuez o 19 de setembro, volveu directamente a Navarra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen forma parte dunha expedición.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acto polo que un Estado entrega a un estranxeiro a outro Estado que solicitou a súa comparecencia, en virtude dunha sentenza firme ou dun procesamento contra el. Baséase en acordos de dereito internacional, dos que se exclúen os delitos militares, fiscais e políticos.
-
-
Acción de fundir.
-
Industria ou establecemento onde se realiza a fundición de metais e aliaxes e se fai a coada dentro de moldes axeitados. Unha fundición comporta unha serie de seccións que realizan as seguintes operacións: o modelado, que consiste en producir os modelos xeralmente de madeira, polistireno ou plástico, e os utensilios necesarios para modelar; o moldeado, que consiste en preparar os moldes para a coada, que poden ser de area de fundición ou de metal; a fundición, que permite pasar os metais a estado líquido e realizar aliaxes coas mesturas necesarias; a coada, na que se verte o metal ou a aliaxe líquidos en moldes; o desmoldeado, no que se abren os moldes para que saian as pezas coadas, e o desbarbado, que elimina as rebabas e asperezas diversas da superficie das pezas. A fundición pódese clasificar en artística e mecánica. A primeira utiliza aínda, en certos casos, os métodos tradicionais, sobre todo para o moldeado de pezas grandes. Á...
-
-
Técnica empregada na escultura e na ourivería para a obtención de pezas metálicas. Os metais máis empregados son o bronce na escultura e o ouro e a prata na ourivería. As primeiras pezas fundidas foron macizas e coa evolución da técnica chegouse á realización de pezas ocas. Os procedementos máis habituais son o da cera perdida e o da area. O primeiro consiste en facer un modelo en cera da obra no que se bota o bronce fundido, e o segundo en modelar as pezas por separado en caixas de madeira recheas de area, unidas posteriormente por medio de remaches.
-
Produto siderúrxico, non forxable, cun contido de C que pode variar entre o 1,9% e o 6,6%, con pequenas cantidades de Si e Mn e, como impurezas, con P e S. Pódense atopar eventualmente outros elementos, provenientes do mineral empregado ou adicionados como elementos de aliaxe. Segundo a velocidade de arrefriado e a presenza de elementos grafitizadores ou estabilizadores dos carburos, o carbono pode quedar en forma de grafito (fundición gris) ou formar carburo de ferro ou cementita (fundición branca). A maior parte da fundición prodúcese en alto forno, aínda que, en pequenas cantidades, tamén se obtén por fusión e recarburación de ferralla en fornos de cubilote; neste caso chámase fundición sintética. A fundición de primeira fusión, obtida no alto forno, emprégase sobre todo na produción do aceiro. A fundición gris laminar, na que o grafito está en forma de láminas, ten unha grande aptitude para ser moldeada e presenta unha boa resistencia á fatiga e á corrosión, unha boa condutividade térmica...
-
Procedemento para conformar metais a través da modelaxe do metal fundido. É característico e fundamental neste proceso a existencia dun cambio de fase na conformación do metal. Utilízase na fabricación de pezas de aceiro, bronce, latón, aliaxes de aluminio, de magnesio, de cinc, de estaño, de chumbo ou de níquel. A composición, a temperatura de fusión e a tensión superficial do metal fundido son moi importantes para poder someter o metal ou a aliaxe a este procedemento. Existen tres tipos de fundición: en lingoteiras, en coada continua e en moldes. A fundición en lingoteiras emprega a fundición de primeira fusión, á que se engaden os elementos necesarios para a aliaxe, que se baleira en lingoteiras mediante coada por gravidade ou a presión. A fundición de coada continua utilízase na obtención de lingotes ou perfís e consiste na eliminación dos inchados e segregacións, lonxitudinais ou transversais. Ao mesmo tempo, os constituíntes secundarios quedan divididos finamente porque o tempo de...
-
fundición de rolos
Operación que consiste en fundir a pasta e logo botala nas formas cilíndricas que xa están preparadas para iso.
-
-
Conxunto de letras que pertencen a un mesmo tipo ou que posúen un mesmo corpo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo editorial fundado na Coruña en 1985 e presidido por Francisco Rodríguez Iglesias. Está formado por Hércules de Edicións en Galicia, Hércules Astur de Ediciones en Asturias, Publicaciones Comunitarias en Andalucía e mais a Fundación Rodríguez Iglesias, establecida en 1997. O seu labor fundamental céntrase na difusión do Proxecto Galicia, conformado por 50 tomos que atenden as áreas de historia, xeografía, cartografía, antropoloxía, literatura, arte e natureza.
-
-
Que non está suxeito a condicións.
-
Que está a favor dunha persoa ou dunha idea.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de incondicional.
-
-
Convocación a unha celebración, especialmente eclesiástica.
-
-
Período cronolóxico de quince anos, convertido, desde o s IV, nunha das notas cronolóxicas máis importantes nos documentos que, desde 313, se numeran de acordo con esta periodización. A indicción grega ou constantinopolitana comezaba o primeiro día de setembro, a de Beda o 24 do mesmo mes e a romana ou pontificia o 25 de decembro ou o 1 de xaneiro. Posto que esta última considera como o ano de orixe o 3 a C, no cómputo hai que engadir sempre a cifra de tres ao ano que se menciona.
-
Cada un dos quince anos do período de indición.
-
-
-
-
Acción ou efecto de vedar ou prohibir.
-
Restrición da personalidade xurídica e conseguinte privación de dereitos por razón de incapacidade ou prodigalidade ou como consecuencia dunha pena imposta pola comisión dun delito. Esta figura foi suprimida dos códigos civil e penal españois.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa editorial fundada en Vigo por Bieito Ledo Cabido en 1985. Ao longo da súa traxectoria exerceu a función de xerente Xelasio Suárez Santiso e desempeñaron o cargo de director literario Modesto Hermida (1985-1990), Antón Mascato (1991-1998) e Xosé A. Perozo (1998-2003). Comezou a súa andaina publicando dicionarios normativos en galego, para logo converterse nunha editorial con máis de catrocentos títulos repartidos en varias coleccións: Narrativa, onde se inclúen algúns títulos de autores galegos como Álvaro Cunqueiro, Francisco Fernández del Riego, Alfredo Conde, Xosé Mª Álvarez Blázquez, Xosé A. Perozo, Marilar Aleixandre e Tucho Calvo, ademais de traducións de autores estranxeiros, como Roald Dahl, Robert Musil ou Joseph Conrad; O Parrulo, dirixida aos primeiros lectores; Nabarquela e Elefante Contacontos, para o mundo infantil e xuvenil; Clásicos Universais, dirixida por Anxos Vázquez Rodríguez, en que se editan traducións de autores como Edgar A. Poe, Rudyard Kipling, F. Scott...
-
-
Acción e efecto de maldicir.
-
-
Imprecación que se dirixe contra algo ou alguén manifestando odio e aversión e, especialmente, desexo de que lle aconteza algún mal.
-
Fórmula ou conxunto de palabras coas que se maldí.
-
-
Conxunto de desgracias ou feitos infortunados que lle acontecen a alguén.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de medir.