"lus" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 284.

  • Marthe Marguerite Valois de Vilette de Murçay.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de pterodáctilos do Cretáceo, de ata 4 m de envergadura, dotados de mandíbulas estreitas e moi longas, e con dentes grandes e cónicos entrelazados. Os xacementos máis importantes están en Brasil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de pulgas propio das aves. As larvas desenvólvense entre o material do niño, alimentándose de restos de plumas e excrementos, mentres que os adultos pican as aves. Pasan o inverno no interior dos niños agardando o retorno das aves ao ano seguinte. Se a densidade destes parasitos é moi alta poden afectar á niñada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes da familia dos mitófidos ao que pertencen as lanternas madeirenses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves da familia dos cínclidos ao que pertence o merlo rieiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de mamíferos fósiles da suborde dos dicinodontos, de ata 33 cm de lonxitude, coa cabeza grosa, o corpo curto e as patas anteriores anchas. Vivía baixo terra alimentándose de insectos, gasterópodos e miñocas. Os xacementos principais están en Sudáfrica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fungos de cogomelos con láminas decorrentes, cun sombreiro de ata 12 cm, máis ou menos ondulado, de cor abrancazada, cun pé curto da mesma cor ca o sombreiro e con cheiro e sabor a fariña. En Galicia aparece debaixo das árbores caducifolias e coníferas, a especie C. prunulus, moi apreciada en gastronomía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e deseñador. Cofundador do estudo PER (1964). Asociado con Òscar Tusquets ata 1984, remodelou o Palau de la Música Catalana (1982). Xunto a Ignacio Paricio Ansuátegui, realizou as instalacións da Vila Olímpica de Barcelona (1989-1992). Recibiu o Premio FAD de interiorismo en 1965 e 1971, e o de arquitectura en 1975.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Froito seco, monospermo ou polispermo, procedente da constrición lonxitudinal dos carpelos dun xineceo sincárpico, como o das lamiáceas e o das boraxináceas.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. al disposto transversalmente á dirección das capas dunha serie sedimentaria.

      2. al que racha transversalmente un anticlinal. É unha forma típica de relevo xurásico.

    1. Paso estreito e fortificado entre montañas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • hipericáceo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • J. Charles de L’Ecluse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proxecto da ESA (Axencia Europea do Espacio) para o estudo do Sol, que consta de catro satélites iguais, que se situarían nos vértices dun tetraedro ideal para estudar o vento solar en tres dimensións. O accidente do Ariane-5 destruíu os catro satélites.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Unidade lóxica dun disco, de tamaño variable segundo os formatos, constituída por un número determinado de sectores, a miúdo dous (é dicir, 1024 bytes, pero ás veces con 4 ou 8 sectores). Un ficheiro abrangue, sempre, un espazo múltiple de clusters.

      2. cluster perdido

        Grupo de sectores dun disco que non están marcados como libres pero que non están asignados a un arquivo. As unidades de asignación perdidas cando se interrompe a operación para a creación dun arquivo producen a perda de espazo no disco e deben ser suprimidas periodicamente.

    1. Conxunto de átomos que se unen entre eles formando estruturas poliédricas e que, a diferenza dos complexos, non adoitan conter un átomo central.

    2. complexo industrial.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Agrupamento de sectores dun disco.

    2. Proceso no que se instalan novos procesadores nun sistema informático coa finalidade de dotalo de maiores capacidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de coludir.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á colusión.

    2. Que ten carácter de colusión ou que a produce.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte final do discurso, segundo a retórica clásica, que comprende un balance, un desenlace ou un epílogo dos temas ou situacións tratados con anterioridade. Sitúase a continuación do exordium, da narratio e da argumentatio co propósito de recapitular os temas e tentar chegar a unha conclusión. Pretende tamén influír na reacción do público, ao xerar unha adhesión ou repulsa respecto da argumentación. No drama, designa o momento no que se solucionan os conflitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que comporta unha conclusión, especialmente aplicado ao argumento que se emprega nun debate ou nun razoamento.

    2. Acción e efecto de concluír ou concluírse.

    3. Idea, afirmación ou parte final coa que se remata unha disertación, unha conversa, etc.

    4. Resultado ao que se chega despois de discutir ou razoar sobre un determinado asunto.

    5. Afirmación numerada realizada polas partes dun proceso acerca das circunstancias da causa e da afectación dos seus intereses. No proceso civil, as conclusións pechan a fase declarativa anterior á sentencia. No escrito de conclusións as partes, en parágrafos numerados, analizan os feitos e as probas practicadas, así como se manteñen ou non as súas pretensións. Cada un dos parágrafos do escrito é unha conclusión. No proceso penal as conclusións identifícanse co escrito de cualificación, no que, concluída a fase de instrución e antes de entrar na fase oral ou decisoria, as partes acusadoras deben formular acusación nas súas conclusións. Existen tres tipos de conclusións no procedemento penal: alternativas, subsidiarias unhas das outras no escrito de cualificación; definitivas, as que sosteñen as partes despois do xuízo oral; e provisionais, as que preceden á práctica da proba no xuízo oral. OBS: Emprégase xeralmente en plural.

    6. Punto ou tese que nas escolas de filosofía se sostén contra as obxeccións do adversario. OBS: Emprégase xeralmente en plural.

    7. Proposición que se deduce doutras proposicións, coñecidas como premisas.

    8. Terminación melódica, rítmica e harmónica dun fragmento ou dunha peza musical.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de concluír ou concluírse.

    2. Idea, afirmación ou parte final coa que se remata unha disertación, unha conversa, etc.

    3. Resultado ao que se chega despois de discutir ou razoar sobre un determinado asunto.

    4. Afirmación numerada realizada polas partes dun proceso acerca das circunstancias da causa e da afectación dos seus intereses. No proceso civil, as conclusións pechan a fase declarativa anterior á sentencia. No escrito de conclusións as partes, en parágrafos numerados, analizan os feitos e as probas practicadas, así como se manteñen ou non as súas pretensións. Cada un dos parágrafos do escrito é unha conclusión. No proceso penal as conclusións identifícanse co escrito de cualificación, no que, concluída a fase de instrución e antes de entrar na fase oral ou decisoria, as partes acusadoras deben formular acusación nas súas conclusións. Existen tres tipos de conclusións no procedemento penal: alternativas, subsidiarias unhas das outras no escrito de cualificación; definitivas, as que sosteñen as partes despois do xuízo oral; e provisionais, as que preceden á práctica da proba no xuízo oral. OBS: Emprégase xeralmente en plural.

    5. Punto ou tese que nas escolas de filosofía se sostén contra as obxeccións do adversario. OBS: Emprégase xeralmente en plural.

    6. Proposición que se deduce doutras proposicións, coñecidas como premisas.

    7. Terminación melódica, rítmica e harmónica dun fragmento ou dunha peza musical.

    VER O DETALLE DO TERMO