"monta" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 119.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado de EE UU (380.848 km2; 902.195 h [2000]). Limita ao N coas provincias canadenses de Columbia Británica, Alberta e Saskatchewan, ao L con Dakota do Norte e Dakota do Sur, ao S con Wyoming e ao SO e ao O con Idaho. A capital é Helena. Presenta dúas grandes rexións naturais, ao L, unha rexión plana, que constitúe o extremo noroccidental das grandes pradarías americanas; e ao O, unha serie de cordilleiras con dirección NO-SL e con cumios que superan os 3.000 m. A actividade económica baséase na minaría, coa extracción de manganeso, cinc, lignitos, prata, cobre, e a agricultura de tipo extensivo. Nas áreas montañosas practícase a gandaría e a explotación forestal. A industria, que ocupa un segundo termo, deriva da actividade agropecuaria, derivados do petróleo e serradoiros. Percorrido o territorio por comerciantes franceses desde 1742, dependeu de Louisiana e pasou a EE UU en 1803. O descubrimento de xacementos de ouro (1860-1864) non activou a poboación, pero derivou...
-
-
Elevación natural do terreo, onde a altitude depende dunha superficie xeral de referencia, que é a do nivel do mar. Denomínase montaña cando supera como mínimo os 350-400 m de altitude. En xeral, fálase de montaña baixa cando non chega aos 1.000 m de altitude, de montaña mediana se oscila entre 1.000-2.500 m e de montaña alta se supera esta última cifra. As montañas aparecen ás veces relativamente illadas (macizos, relevos en inselberg), pero normalmente aparecen agrupadas formando sistemas montañosos, como serras. Con outro criterio de diferenciación, tamén se fala de montaña vella, é dicir, cun relevo moi erosionado, e de montaña nova, referido aos relevos de orixe recente, aínda pouco desgastadas. Diferéncianse tres partes fundamentais nunha montaña: a base, as abas ou flancos e o cumio. As montañas fórmanse principalmente por efectos oroxénicos e tectónicos (dobramentos, fallas) e polo vulcanismo. Os dobramentos oroxénicos elevan a unha altitude considerable os materiais depositados...
-
-
Parte montañosa dun territorio.
-
clima de montaña
Tipo de clima propio da montaña, caracterizado pola diminución das temperaturas, a inversión térmica durante o inverno, a formación de sistemas de ventos típicos e o aumento das precipitacións. A temperatura diminúe co aumento da altitude, 0,6°C cada 100 m, malia que este valor varía por mor de factores locais, como a insolación ou a estación. A inversión térmica prodúcese a causa da acumulación dunha masa de aire fría nas terras baixas, mentres que nas partes altas quedan as masas de aire máis cálidas. A formación duns sistemas de ventos característicos vén motivada polas diferenzas térmicas entre os cumios e os vales; así, orixínanse brisas diúrnas e nocturnas e ventos violentos, producidos por unha forte elevación das temperaturas (föhn). No réxime de precipitacións inflúe sobre todo o descenso das temperaturas, as masas de aire saturadas condensan o vapor de auga, ao estar en contacto coas terras altas e máis frías, e provocan as precipitacións.
-
-
Elevación que se forma pola acumulación artificial dalgún material.
-
Territorio do interior, por oposición á ribeira ou mariña.
-
Cantidade moi grande de algo.
-
Cousa que resulta moi difícil de facer ou solucionar.
-
Atracción de feira que consiste nunha pista con altos e baixos moi pronunciados en que se instalan vehículos sobre vías férreas, que se moven a gran velocidade pola forza da gravidade.
-
-
MONTES
Monte preto de Praga onde o 8 de novembro de 1620 as tropas nacionais checas foron vencidas polas imperiais. Os checos nomearan a Federico V do Palatinado rei de Bohemia e procuraran a axuda da nobreza húngara, que o Emperador Fernando II encontrou na Liga Católica, en Saxonia, e en Maximiliano I de Baviera. Para o Reino de Bohemia esta desfeita significou o recoñecemento forzoso da soberanía austríaca.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e profesor. Especializado en materiais didácticos para o ensino da lingua, como ensaísta publicou un traballo sobre o teatro de Blanco Amor no libro colectivo Sempre en Auria (1993). Autor da guía Costa da Morte: un litoral insólito (1999), con fotografías de Nieves Loperena e Tono Arias, como narrador publicou La última isla (1993), Pancarta para Xulia (1994) e As armas delicadas (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión fisiográfica que comprende as provincias de Burgos, Palencia e León, e Cantabria. Engloba as serras de Peña Ubiña (2.417 m), Peña Prieta (2.536 m), Picos de Europa (2.648 m) entre outras. Regada por varios afluentes do Duero e do Ebro, ten un clima húmido. A poboación concéntrase nos vales, aínda que a rexión acusa unha forte emigración. A súa economía baséase na explotación agrícola e gandeira.
VER O DETALLE DO TERMO -
SEMANARIOS
Semanario publicado en Santa María de Oza a partir do 10 de xullo de 1898. Cesou o 2 de abril de 1899. Baixo o subtítulo “Semanario. Defensor de los intereses morales y materiales del distrito”, editouse na imprenta e libraría de Carré. Caracterizouse pola súa loita conta o caciquismo, o ton reivindicativo na defensa das necesidades locais e o seu escepticismo político ante a guerra de Cuba. Tivo un importante peso na prensa coruñesa do s XIX e contou coa participación de Francisco Añón e Curros Enríquez. Incluíu tamén fragmentos de obras literarias.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
romaría de San Cosme da Montaña.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que recibe a aliñación montañosa da costa de Canadá que xunto coa Coast Range forma a Cordilleira da Costa. A súa máxima elevación é o monte Waddington de 4.042 m de altitude.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Primeiro espazo natural declarado Parque Nacional de España. Creouse en 1918 por mandato do Rei Afonso XIII. En 1995, ao agregarse o macizo Oriental, o Central e o Occidental, pasou a denominarse Parque Nacional de los Picos de Europa.
-
MONTAÑA
Cadea montañosa de América setentrional que delimita polo O a rexión central das Grandes Chairas, desde o estreito de Bering ata Novo México. Está delimitada, ao N, pola costa do Kotzebue Sound e ao S polas escarpas que caen sobre o altiplano de Transpecos, preto de Santa Fe (Novo México); ao L polas Grandes Chairas e ao O pola rexión dos Altiplanos. O dobramento desta cadea prodúcese basicamente en dúas fases, a primeira a finais do Cretáceo e a segunda a principios do Terciario. O extremo N do sistema, en Alasca, está formado polas montañas de Endicot, con dúas ramas, a de Long Mountains e a de Baird Mountains, seguidas ao SL polas montañas Davidson, que separan as concas dos ríos Yukon e Mackenzie. Coas Ogilvie Mountains éntrase na rexión das Rochosas canadenses, coa fosa das Montañas Rochosas, duns 1.600 km de lonxitude e de 3 a 25 km de anchura, de orixe preglacial. En EE UU, as Rochosas presentan un fraccionamento moito máis acentuado. De L a O, sitúanse as Rochosas propiamente ditas,...
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Cáceres, Extremadura, situado na serra de Montánchez (2.141 h [2001]). A súa economía baséase nos cultivos agrícolas, nas devesas, na gandaría e na elaboración de embutidos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. Coñecido como Alonso Martínez, foi mestre de Francisco de Moure. Desenvolveu a súa actividade en Ourense, onde se estableceu na última década do s XVI. Caracterizouse como un manierista pleno. As súas imaxes manifestaban o interese pola tridimensionalidade, pola representación real do vulto. Marcou as liñas e estableceu ritmos contrapostos, que deran sensación dun pregado en movemento. Identificouse como o autor do cadeirado do coro do mosteiro de Santa María de Montederramo, así como dos taboleiros decorativos do mesmo nos que se representaban imaxes do Antigo e do Novo Testamento. Foi o continuador do retablo de Nosa Señora dos Remedios de Vilamaior, que deixara sen rematar Juan de Angés o Mozo, e realizou gran parte das esculturas que rematan as reixas da catedral de Ourense. Destaca a imaxe da Virxe da Esperanza, que realizou para a catedral de Tui.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ivo Livi.
-
PERSOEIRO
Político. Participou na Revolución de 1848 e, en outubro do mesmo ano, acadou a presidencia do goberno toscano. Despois da proclamación da República Toscana formou parte do triunvirato con F. Guerrazzi e G. Mazzoni (1849). Exiliado en Francia desde 1849 ata 1859, en 1861 converteuse novamente en deputado e foi contrario á política unitaria da Casa de Savoia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista e escritor italiano. Considerado como un dos principais comunicadores do seu país, traballou para o Corriere della Sera e fundou o Giornale Nuovo (1974). Obtivo moito éxito cos seus relatos históricos, en que narrou o pasado de forma moi amena con humor e sobre a base de modelos de crónica familiar. Publicou Guerra nel fiordo (1942), Storia di Roma (1957), Il bon uomo Mussolini (1959), Garibaldi (1962) ou L’Italia di Giolitti (1974). Recibiu o World Press Reviews International Editor of the Year (1994) e o Premio Príncipe de Asturias de Comunicación y Humanidades (1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que é propio da montaña.
-
Que ou quen habita nas montañas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Juan Martínez Montañés.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento herético cristián orixinario de Frixia dos ss II e III, fundado por Montano. Xurdiu como un movemento apocalíptico e pneumatómaco, que sostiña as aparicións do Espírito Santo a través de Montano e dos seus seguidores. Defendían a inminencia da segunda chegada de Xesús Cristo e a imposición dun rigoroso ascetismo. A rama africana do movemento foi coñecida sobre todo a través dun dos seus adeptos, Tertuliano. Condenado por algúns sínodos asiáticos no s II e por Ceferino no s III, iniciou a súa decadencia no s V. Conéctanse a este movemento os movementos de pneumatoloxía e os pentecostistas, do cristianismo moderno.