"ovi" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 688.
-
PERSOEIRO
Escritor ucraíno, de orixe xudía. Describiu a vida da pequena burguesía xudía e episodios da revolución e da guerra civil. Entre as súas obras destacan: Sol (O sal, 1923) ou Odesskije rasskazy (Contos de Odessa, 1931). Mestre da narración curta, pasou dun estilo preciosista e romántico a outro máis preciso e axustado. Tamén escribiu teatro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor ucraíno, de orixe xudía. Describiu a vida da pequena burguesía xudía e episodios da revolución e da guerra civil. Entre as súas obras destacan: Sol (O sal, 1923) ou Odesskije rasskazy (Contos de Odessa, 1931). Mestre da narración curta, pasou dun estilo preciosista e romántico a outro máis preciso e axustado. Tamén escribiu teatro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
George Vasiliu.
-
-
Virus da familia dos baculovirus.
-
Familia de virus de ADN, de morfoloxía semellante a un báculo, que só afectan aos invertebrados.
-
-
PERSOEIRO
Escritor, iniciador da literatura chechena. Destacou como autor de novelas e contos como: A fame (1930), onde ataca os principios feudais da relixión, e O departamento político (1930), contra a burocracia. Cultivou tamén o teatro e a poesía.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar, membro da familia real armenia. Como xeneral do exército ruso participou na campaña de 1799 contra Francia e, posteriormente, nas guerras de Polonia, Italia e Suíza baixo as ordes de Suvorov. Ás ordes de Kutúzov, acadou para a Terceira Coalición (1805-1807) o éxito nas Batallas de Austerlitz, Eylau e Friedland. Así mesmo, foi comandante en xefe nas guerras contra Suecia (1808) e Turquía (1809). No 1812, cando a invasión napoleónica de Rusia, asumiu a dirección do segundo exército occidental.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dirixente e pensador revolucionario anarquista. Fillo dunha familia de terratenentes de ideas liberais, abandonou o exército para estudar en Moscova (1835) a filosofía de Fische e Hegel. En Berlín (1840), ao entrar en contacto coa esquerda hegeliana e especialmente influído por Feuerbach, asentou as bases do seu pensamento revolucionario. Entre 1842 e 1849 viaxou por Suíza, Bélxica e Alemaña e participou na revolución europea de 1848 en París, Praga e Dresden, onde foi prendido (1849) e condenado a morte. Entregado ás autoridades rusas, foi deportado a Siberia (1857), de onde fuxiu en 1861. Reside en Londres entre 1861-1864. Tralo fracaso da insurrección de Polonia trasladouse a Italia (1864); a partir dese momento comezou a considerar os obreiros, e non as minorías nacionais oprimidas, a principal arma para a revolución. En 1868 creou a Alianza da Democracia Socialista, que declarou a súa adhesión á Primeira Internacional, na que Bakunin ingresara persoalmente en 1867 e na que polarizou...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e mosaicista. Influenciado por Filippo Lippi e Domenico Venziano, realizou unha pintura refinada que fai presentir a Botticelli. Colaborou con Piero della Francesca e Andrea del Castagno nos frescos perdidos da capela maior de San Exidio. Da súa produción artística salientan a Madonna do Musée du Louvre (París) e a Madonna co Neno e santos (1453?) da Galleria degli Uffizi (Florencia). Supervisou as obras de restauración e reconstrución dos mosaicos do baptisterio da catedral de Florencia e desde 1453 decorou con mosaicos os arcos da Porta da Cruz e da Porta do Paraíso. Escribiu uns Ricordi (Lembranzas, 1499?), fonte para o estudo da arte da súa época.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Balduíno.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Balduíno.
-
PERSOEIRO
Actor que formou parte do elenco do Teatro da Arte de Moscova entre 1906 e 1911. Na compaña de Nikolaj Tarasov creou o Teatro do Morcego (1908-1920), que constituíu unha das primeiras propostas de teatro de cabaré de Rusia. As súas funcións consistían en improvisacións e divertimentos escénicos nos que mesturaban números musicais con mimodramas, todo tipo de dramatizacións e parodias a partir de números de ópera ou sobre textos de Aleksandr Sergejevič Puškin, Mikhail Jurjevič Lermontov ou Nikolaj Vasil’evič Gogol’. En 1920 a compañía trasladouse a París co nome de Chauve-Souris e, posteriormente, realizou xiras polo Reino Unido, EE UU ou España, onde gozou do favor do público e de críticos tan dispares como José Ortega ou Luís Buñuel. En París instalouse no Teatro Fémina, local que visitou Castelao durante a súa viaxe de estudios por Europa e no que se inspirou para imaxinar un Teatro de Arte para Galicia asentado nas propostas da compañía rusa.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Situado na parroquia de Partovia, concello do Carballiño, é de orixe romana. Xa no Dicionario geográfico-estadístico-histórico de España (1845-1850) de Pascual Madoz hai referencias a estas augas. O actual edificio data de 1842.
-
-
PERSOEIRO
Xurista italiano. Civilista de renome, entre os seus traballos destaca Istituzioni di diritto civile (Institucións de dereito civil, segunda edición 1921), obra breve mais de gran valor didáctico e rigor científico.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘abaratar’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘barato’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
č (Vjažla, Tambov 1800 - Nápoles 1844). Poeta ruso. Influído polos románticos alemáns, tratou temas filosóficos cun profundo pesimismo. Cómpre subliñar os seus poemas narrativos Eda (1824), Bal (‘O baile’, 1828) e Tsyganka (‘A xitana’, 1831).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Demarcación administrativa de Catalunya, establecida en 1833 e integrada por 308 municipios (7.733 km2; 4.628.277 h [1996]). A capital é Barcelona. A cidade de Barcelona exerce unha atracción macrocefálica sobre todo o territorio, concentra ao seu redor o maior volume demográfico e constitúe o centro sobre o que gravita toda a actividade económica. Os principais núcleos de poboación sitúanse na periferia urbana da capital: os concellos limítrofes de L´Hospitalet de Llobregat (255.050 h), Badalona (210.987 h) e Santa Coloma de Gramanet (123.175 h). Sabadell (185.798 h), Terrasa (163.862 h) ou Mataró (102.018 h), núcleos industriais tradicionais, son un terceiro chanzo nunha xerarquía que se estende en núcleos urbanos de tamaño medio, que teñen como principais funcións a residencial e a industrial, configurando unha das áreas máis urbanizadas do estado español.
-
PERSOEIRO
Mariscal ruso. Destacou sobre todo nas guerras napoleónicas. Despois de exercer o cargo de ministro de Guerra (1810), foille dado o mando do principal exército que se enfrontou á invasión napoleónica de Rusia (1812). Posteriormente foi dirixente do exército expedicionario dese país que invadiu Francia no 1814. O Tsar Alexandre I outorgoulle os títulos de conde (1814) e de príncipe (1815).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico. Foi un dos iniciadores da escola oftalmolóxica moderna en España. Fundou un dispensario no Hospital de la Santa Creu (1879) e foi o primeiro catedrático de Oftalmoloxía da facultade de Medicina de Barcelona (1914). Entre os seus traballos cómpre mencionar os dedicados á histopatoloxía ocular.
VER O DETALLE DO TERMO