"paleo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 85.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estudo das doenzas que poden ser descubertas nos restos humanos ou animais dos tempos antigos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estudo dos solos das épocas xeolóxicas pasadas que inclúen a determinación das súas idades.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Eratema ou era do Arqueano superior.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Paleoproterozoico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Psicoloxía que estuda o inconsciente colectivo, os seus mitos máis antigos e as súas pegadas no inconsciente individual.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relevo morfolóxico dunha área da superficie terrestre, subaérea ou submarina, que existiu nun momento determinado da historia xeolóxica, e que adoita atoparse fosilizado baixo os sedimentos dunha serie estratigráfica. Constitúen as superficies limitantes das discordancias angulares e das desconformidades e aplícase indistintamente a superficies suavemente formadas ou a verdadeiros vales e montañas enterrados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estudo da salinidade dunha masa de auga en relación aos sedimentos que se formaron nela nunha época da historia xeolóxica. Baséase en certos indicadores de natureza paleoecolóxica e xeoquímica.
-
-
Relativo ou pertencente á raza paleosiberiana, aos seus representantes ou ás súas linguas.
-
Individuo da raza paleosiberiana.
-
Raza do grupo xantodermo, de tamaño medio ou baixo, que se caracteriza por ter a pel moi clara, cabelos negros e ausencia de pregaduras palpebrais.
-
Phylum de linguas que falan os paleosiberianos. Inclúe, entre outras, o chukchi, o kamchadal, o koriak, o aleutiano e o kerek.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Solo antigo, que se desenvolveu durante un momento calquera da historia xeolóxica e que se conservou ata hoxe, ben como solo relito ou non enterrado, ou ben como solo fósil baixo sedimentos e series estratigráficas. Poden ser subaéreos ou subacuáticos. Os paleosolos estudados pola paleopedoloxía sinalan un momento histórico de instalación da vida, especialmente a vexetal, baixo condicións paleoclimáticas e paleoambientais, que poden ser deducidas do seu estudo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Abadexo de pequeno tamaño.
-
-
Temperatura en que ocorreu un proceso xeolóxico do pasado, por exemplo, a temperatura dun metamorfismo rexional ou dunha cristalización.
-
Temperatura media do clima ou do mar nun momento determinado da historia xeolóxica. Para determinala, hai que basearse na relación de isótopos de osíxeno O 18 /O 16 , que están contidos en determinados compostos como os carbonatos. Esta relación depende da temperatura de formación.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos paleoterios.
-
Placentario fósil da familia dos paleoterios.
-
Familia de placentarios, da orde dos perisodáctilos, que forman unha liña paralela á dos équidos. Presentan os molares semellantes aos dos rinocerontes e o cúbito e o radio separados. Son fósiles do Eoceno europeo.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao reino paleotropical.
-
Reino bioxeográfico que comprende as rexións cálidas do Vello Mundo. Ten unha flora moi rica, con algunhas familias endémicas e moitas outras en común co reino neotropical. Nas súas zonas ecuatoriais, con chuvias abundantes durante todo o ano, prospera a pluvisilva, de gran riqueza florística e estrutural. Nas zonas tropicais cunha estación seca hai bosques xerófilos de árbores caducifolias ou esclerófilas, e sabanas. Nas montañas hai prados e no litoral son típicos os mangleirais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Subsistema ou subperíodo inferior do Terciario, que comprende desde os -65 ata os -24,6 millóns de anos. Está composto polas series ou épocas do Paleoceno, Eoceno e Oligoceno.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Paleóxeno.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da xeoloxía que estuda as condicións xeográficas da superficie terrestre ao longo das eras xeolóxicas. Analiza e describe a distribución das terras e dos mares, os sistemas montañosos, as redes hidrográficas, os lagos, a expansión glaciaria, os volcáns, os climas, o reparto das masas vexetais e a fauna. Ocúpase tamén dunha serie de fenómenos, como o desprazamento dos polos ou variación das radiacións solares, que en certa maneira puideron influír na xeografía do pasado. Aínda que o seu dominio comeza coa formación dos primeiros continentes e océanos, comprende esencialmente as eras Primaria, Secundaria, Terciaria e parte da era Cuaternaria. Os métodos de investigación desta ciencia baséanse nas ciencias máis afíns, é dicir, a xeoloxía (estratigrafía, litoloxía ou tectónica), a paleontoloxía (fósiles) e as ciencias da natureza en xeral.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa especializada en paleoxeoloxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da xeoloxía que estuda a historia xeolóxica, ou as características fisiográficas dun período xeolóxico anterior a un tempo determinado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Primeira era do Fanerozoico, que se sitúa entre o Precámbrico e o Mesozoico. Está comprendido entre os -590 e os -248 millóns de anos. En Europa adoita dividirse en Paleozoico Inferior (que comprende os períodos Cámbrico, Ordovícico e Silúrico) e Paleozoico Superior (que comprende os períodos Devónico, Carbonífero e Permiano). Os materiais rochosos do Paleozoico son de todo tipo, e abundan os xistos, as cuarcitas e as calcarias. OBS: Tamén se denomina Era Primaria ou Era dos Trilobites.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Paleozoico.