"toi" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 199.

    1. Peza móbil coa que se tapan potas, olas ou tarteiras.

    2. Peza que se coloca sobre a cabeza dos animais xunguidos ao carro.

    3. Pluma que cobre a base doutras que serven para o voo, como é o caso das remeiras e das caudais.

      1. Conxunto de sedimentos depositados sobre un zócolo que fosilizan os materiais antigos situados nel.

      2. Grupo de rochas situadas entre a parte explotada dunha mina e a superficie.

      3. Conxunto de rochas impermeables que cobre un xacemento de petróleo ou de gas natural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza movible do tear que vai pegada ao orgo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, matemático, filósofo e pedagogo francés, marqués de Condorcet. Xunto co seu mestre D’Alambert e con Voltaire, relacionouse con Turgot, quen lle facilitou o cargo de inspector xeral da moeda (1774-1776). Como economista, foi partidario do imposto progresivo. A súa hipótese sobre as decisións colectivas, coñecida como efecto Condorcet, e sobre a súa inconsistencia, aplicada ás votacións, recolleuna a moderna politicoloxía. En 1791 foi nomeado deputado pola asemblea lexislativa de París e asumiu a súa presidencia en 1792. Ese mesmo ano presentou o informe sobre Organisation générale de l’instrution publique (Organización xeral da instrución pública), que se converteu en horizonte da política educativa republicana e que acadou unha considerable resonancia en España, tanto no momento da aprobación da Constitución de 1812 como nas medidas subseguintes ditadas en 1813. Propugnou o control da natalidade, a elevación cultural da muller e a coeducación. Defendía que a...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido de orixe toponímica procedente do latín custodĭa, que, aplicado á toponimia, designa lugares elevados dende onde se pode vixiar, observar e custodiar algo. Documéntase no século XVIII: “Francisca Costoia” (doc ano 1752 en Santiago 1752 según las Respuestas Generales del Catastro de Ensenada, p 156). Variantes gráficas deste apelido motivadas polo efecto castelanizador son Costolla e Costoya.

    2. Liñaxe que leva como armas, en campo de ouro, unha banda de azul, acompañada de dúas flores de lis da mesma cor, unha arriba e outra abaixo. Algunha variante trae, en campo de sinople, unha faixa de ouro, cargada dun losanxe de azul.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático, economista e filósofo francés. Profesor de matemáticas nas universidades de Lyon e Grenoble, e inspector xeral e reitor da Académie de Dijon, está considerado como o iniciador do tratamento matemático da economía. A súa obra máis destacada é Recherches sur les principes mathématiques de la théorie des richesses (Anotacións sobre os principios matemáticos da teoría das riquezas, 1838), na que trata os problemas do cambio e das relacións entre a demanda e o prezo. Trasladou o seu interese polo cálculo de probabilidades á filosofía, campo no que destacou con Materialisme, vitalisme, rationalisme (Materialismo, vitalismo, racionalismo, 1875).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor francés. Superou o clasicismo estático de François Girardon, ao introducir o movemento nas súas obras. No palacio de Versailles realizou un gran número de estatuas para o xardín e traballou na súa decoración interior: relevo de Luís XIV no Salon de la Guerre. Cultivou o xénero mitolóxico (Diana), o retrato (Luís XIV) e realizou monumentos funerarios entre os que destacan o de Mazzarino e o de Colbert. Foi retratista oficial da familia real e director da Académie Royale.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten a forma dun delta maiúsculo.

    2. Hipocicloide na que r=3a, onde r é o raio da circunferencia fixa e a o da móbil.

    3. Músculo que une o brazo ao ombreiro e serve de elevador do brazo. É robusto, triangular, de vértice externo e inferior, e sitúase na cara superior do ombreiro. Está inserto, por riba, na porción externa e anterior da clavícula, no lado externo do acromio e na espiña da escápula, e, por debaixo, no úmero. Inérvao o nervio circunflexo. Tamén se denomina deltoide.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos pasadores de madeira, en forma de cuña, que van metidos nos distintos buratos que ten a cheda do carro, permitindo o xiro do eixe e o seu canto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático francés. Publicou unhas táboas de mortalidade e probabilidade de vida en Francia, recollidas na obra Essai sur les probabilités de la durée de la vie humaine (Ensaio sobre as probabilidades da duración da vida humana, 1746), que serviron para establecer as pensións vitalicias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e político. Foi membro dos Estados Xerais en 1789. Elaborou a doutrina da Ideoloxía, que procuraba a análise das ideas co fin de descubrir as sensacións nas que se baseaban. Escribiu Les éléments d´idéologie (Os elementos da ideoloxía, 1801-1819), que comprendía: Idéologie (Ideoloxía, 1801), Grammaire générale (Gramática xeral, 1803), Logique (Lóxica, 1805), Traité sur la volonté (Tratado sobre a vontade, 1815) e Commentaire sur l’esprit des lois (Comentario sobre o espírito das leis, 1819).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Naturalista e historiador da arte. Escribiu, entre outras obras, La théorie et la pratique du jardinage (A teoría e a práctica da xardinería, 1709) e Abrégé de la vie des plus fameux peintres (Resumo da vida dos máis famosos pintores, 1745-1752). O seu fillo Antoine-Nicholas Dezallier D’Argenville (?-1796) escribiu, entre outras obras, Voyage pittoresque de Paris (Viaxe pintoresca por París, 1757) e Vies des fameux architectes, depuis la Renaissence des arts, avec la description de leurs ouvrages (Vida de famosos arquitectos, despois do renacemento das artes, coa descrición das súas obras, 1787).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘teu’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pianista, cantante e compositor de jazz norteamericano. Coñecido como Fats Domino, nos anos corenta ingresou na formación de Dave Bartholomew e foi a ponte de unión entre o rhythm and blues e o rock. Da súa discografía destacan The Fats Man (1949), Blueberry Hill (1956) e Lady Madonna (1968).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor francés. Trasladouse a España, onde foi escultor de Filipe V. Traballou nos xardíns do Palacio Real de La Granja de San Ildefonso e no Palacio Real de Madrid. Entre as súas obras destacan as estatuas de Apolo e Dafne en La Granja. Dirixiu a xunta que creou a Real Academia de Bellas Artes de San Fernando. O seu irmán Hubert Dumandré (Trency 1701 - Madrid 1781), traballou en La Granja, onde realizou os sepulcros de Filipe V e Isabel de Farnesio. Pertenceu á Real Academia de Bellas Artes de San Fernando.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor francés. Activo en Murcia (1719-1730), traballou como tallista e influíu en Francisco Salzillo. Cómpre destacar a súa obra San Juan Bautista (1718?) e as inmaculadas feitas en barro cocido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar francés, conde de Dupont de l’Étang. Xeneral de Napoleón, loitou en Italia e na Península Ibérica. Derrotado en Bailén en 1808, foi sometido a consello de guerra e encarcerado no castelo de Joux. Rehabilitado por Luís XVIII, foi ministro da Guerra (1814).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Discípulo de F. J. Fétis e de J. F. Lesueur, a partir de 1840 foi profesor de harmonía do conservatorio de París. Escribiu cantatas, oratorios e misas. En 1834 obtivo o Gran Premio de Roma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Músculo da rexión lateral do pescozo que empeza na clavícula e no esterno e se insire na apófise mastoidea do óso temporal e no óso occipital.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Doutrina filosófica nacida a finais do s IV a C e que se desenvolveu ata finais do s III d C. Distínguense o estoicismo antigo, representado por Zenón de Citio, Cleantes e Crisipo; o estoicismo medio, representado por Panecio e Posidonio; e o estoicismo novo ou estoicismo imperial, representado polos filósofos romanos Séneca, Epic22teto e o Emperador Marco Aurelio. Das tres partes da filosofía, a ética é a que ocupa o lugar máis elevado. A súa teoría ética pretendeu a chegada ao exercicio constante da virtude ou eudemonia a través da autosuficiencia, da aceptación con serenidade do destino e da loita contra as paixóns que producen intranquilidade; para iso, o home non debe procurar o pracer nin o benestar externo. Afirmaron que o máis importante mandato ético era vivir segundo a natureza, de acordo coa razón. Os seus estudios sobre lóxica foron a primeira teoría profunda sobre a linguaxe humana. Outros autores que seguiron esta doutrina foron Aristón de Quío, Hesilo de Cartago e Dióxenes...

    2. alor ou coraxe para soportar as desgracias e as adversidades con indiferenza ou conformidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao estoicismo.

    2. Que ou quen é partidario ou seguidor do estoicismo.

    3. Que ou quen manifesta indiferenza ou conformidade ante a adversidade ou a desgracia.

    VER O DETALLE DO TERMO