"ues" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 481.

  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya, na comarca do Baix Llobregat (3.105 h [1996]). Entre as actividades económicas destacan a construción, que aproveita as canteiras de pedra calcaria e de pedra de gran que se atopan no territorio do concello, e os servicios, debido á proliferación de segundas residencias. A igrexa parroquial de Sant Cristòfor conserva elementos románicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico francés. Co seu primeiro filme, Diva (1980), conseguiu o recoñecemento dos críticos e do público, unha obra coa que gañou varios César da academia francesa de cine. O seu segundo filme La lune dans le caniveau (A lúa no arroio, 1983), baseado na novela de David Goodis, lonxe de confirmalo como bo director, repercutiu negativamente na súa produción. Dirixiu tamén Roselyne et les lions (Rosalinda e os leóns, 1989) e I P 5 (1993), interpretada por Yves Montand no ano da súa morte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e gravador francés. Estableceuse en Nancy (1602-1611) ao servizo do duque Carlos de Lorena. Empregou un canon alongado e un debuxo preciosista e sensual tanto nos cadros (San Francisco recibindo os estigmas) como nos debuxos e gravados. A súa elegancia inspírase na obra de Parmigianino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Concedido no 1607 a Juan de Zúñiga e de Requesens, fillo de Juan Alonso Pimentel, conde de Benavente, de Mencía de Requesens Zúñiga, e neto do gobernador Luis de Requesens.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título concedido polo Rei Carlos II, no Real Despacho do 27 de outubro de 1692, a Rodrigo Antonio Falcón de Ulloa e Ribadeneira, correxidor de Salamanca, cabaleiro de Santiago e señor de Parderrubias e da casa de Bendaña. Ao falecer este sen sucesión, o título pasou ao seu sobriño, Juan Benito Piñeiro e Ulloa, cabaleiro de Santiago e colexial maior de Cuenca. Esta caste leva como armas as dos Ulloa: escudo axadrezado de quince pezas, oito de ouro e sete de goles, cargadas cada unha destas con cadansúas tres (ou dúas) faixas de prata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor dramático francés. Cultivou o drama sentimental en Le feu qui reprend mal (O lume que se reaviva mal, 1921). Escribiu tamén algunhas narracións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e demógrafo. É autor de La statistique humaine en France (A estatística humana en Francia, 1880). Foi xefe dos servicios de estatística da cidade de París (1883-1913) e director dos Annales de Démographie (1885).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESPA¥A

    Concello da provincia de Barcelona, Catalunya, na comarca do Vallés Oriental (3.969 h [1996]). Predominan os cultivos de secaño (cereais, viña e oliveiras) e a gandería estabulada, tanto ovina como bovina. Posúe industrias alimentarias e téxtiles. Coa expansión metropolitana de Barcelona converteuse nunha urbanización da súa periferia. Do seu patrimonio cultural salienta o castelo de Monbui e o mosteiro de Sant Miquel de Fai.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático e astrónomo. Membro da Académie des Sciences dende 1843, estudiou temas de Mecánica (cinemática e mecánica racional), Matemáticas (teoría dos números, análise, xeometría diferencial, cálculo matricial) e Astronomía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e gravador. Estudiou en Italia (1624-1628). O seu estilo mestura o barroco romano coa sensualidade veneciana. Bo colorista, foi pintor de escenas relixiosas e mitolóxicas. Foi considerado o Tiziano francés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e escritor. Influenciado polo teatro inglés, converteuse no retratista do mundo intelectual e artístico do seu tempo. É o autor da gran pintura Hommage aux morts de 1914 (Homenaxe aos mortos de 1914) na igrexa de Offranville, e de diversos escritos, fundamentalmente sobre crítica de arte como Reflexións dun pintor e Cadernos dun artista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e urbanista. Abriu en París unha escola de Arquitectura que dirixiu dende 1743 ata o seu ingreso como profesor na Académie Royale de l’Architecture. Académico en 1756 e teórico influente, defendeu a pureza clásica fronte ao gusto pola ornamentación. Do construído por el só se conservan tres alas da Praza de Armas de Metz. Das súas publicacións destacan: Distribution des maisons de plaisance (Distribución das casas de recreo, 1737), L’Architecture française (A arquitectura francesa, 1752-1756), Discours sur la nécessité de l’étude de l’architecture (Discurso sobre a necesidade do estudo da Arquitectura, 1754) e Cours d’Architecture (Curso de Arquitectura, 1771-1777).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero poético-musical do folclore negro americano, de temática persoal e case exclusivamente en lingua inglesa. Desenvolveuse no sur dos EE UU trala Guerra de Secesión e ten influencias da música relixiosa branca, das cancións de traballo e, por outra banda, das cancións africanas na tonalidade. O blues procedente do folclore negro rural é posterior aos cantos de traballo (work songs) e aos cánticos negro-espirituais. Os blues primitivos, de forma predominantemente vocal, utilizan a estrutura das baladas anglosaxonas. Normalmente o blues trata os problemas amorosos, a opresión e o traballo mal pagado, predominando os sentimentos de desesperación, dor e melancolía. O blues clásico, contemporáneo do ragtime, consta de tres versos: os dous primeiros repetidos, e o terceiro, que rima cos dous anteriores, completa o sentido. Esta frase repetida incorpórase en forma de riff no jazz instrumental. Musicalmente consta de tres períodos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación anual editada polo Instituto de Estudios Vigueses, dependente da Fundación Provigo y su Área. Trátase dunha colección de artigos en lingua galega ou castelá recollidos baixo o epígrafe de Boletín Glaucopis. O seu primeiro número saíu no ano 1995 en Vigo. No seu limiar, o director do Instituto, Andrés Martínez-Morás y Soria, afirmaba a súa vontade de contribuír a un mellor coñecemento de Vigo, achegando diversa información aos vigueses e non vigueses, e facendo especial fincapé na historia da cidade. A Historia, a Arqueoloxía, a Toponimia, a Arquitectura, a Fotografía e a Filoloxía son algunhas das materias tratadas nos seus artigos. Entre os seus colaboradores figuran Xosé M. Souto González, Xoán C. Abad Gallego, Gerardo Sacau Rodríguez, Gerardo González Martín, Fernando J. Costas Goberna, Elisa Pereira García e Bernardo M. Vázquez Gil. Entre algúns dos seus artigos destacan “Vigo: problemas xeográficos e coñecemento da nosa realidade” (nº1, 1995), “As marcas nos muíños...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Botánico e viaxeiro francés, compañeiro de Friedrich Heinrich Alexander von Humboldt. En colaboración con este escribiu Plantae aequinocciales (Plantas do equinoccio, 1805-1809), onde se describe un gran número de especies e xéneros novos. Posteriormente foi superintendente do Xardín da Malmaison.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Lleida, Catalunya, cabeceira da comarca de Les Garrigues (5.190 h [1996]). A súa base económica é a agricultura, predominando o cultivo das oliveiras, dos cereais e das froiteiras. A gandería céntrase no armentío porcino e nas aves de curral. As actividades industriais redúcense á transformación dos seus produtos agropecuarios, destacando a refinería de aceite e algunha factoría téxtil. É sede dun centro de investigación dos cereais. A autoestrada do Ebro e a estrada de Tarragona a Lleida atravesan o termo. Dependente de Lleida durante a Idade Media e o Antigo Réxime, debeu o seu crecemento ao desenvolvemento da industria aceiteira ao remate do s XIX (o seu aceite, tradicionalmente moi apreciado, posúe Denominación de Orixe dende 1998). Durante a Guerra Civil Española, e despois da batalla do Ebro, as forzas do xeneral republicano Enrique Líster, comunista galego, resistiron na cidade fronte ao asedio do exército nacional ata o 5 de febreiro de 1939; con todo,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico, escritor e orador. Bispo de Condom, da Gascoña (1669-1671) e de Meaux (1681-1704), encargouse da educación do delfín, fillo de Luís XIV (1670-1678) para quen escribiu Discours sur l’histoire universelle (Discurso sobre a historia universal, 1681), obra na que mantiña que é a providencia a que impulsa a historia. Interveu na querela fronte ao quietismo de Fénelon. Entre as súas obras destaca Histoire des variations des Églises protestantes (Historia das variacións das Igrexas protestantes, 1688), na que combateu a Reforma. Foi o teórico da monarquía absoluta sobre o dereito divino. A súa obra política máis importante é Politique tirée des propres paroles de l’Écriture Sainte (Política baseada nas propias palabras da Escritura Santa, 1709).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Prehistoriador, arqueólogo e paleontólogo, máis coñecido como Boucher de Perthes. Está considerado como un dos fundadores da Prehistoria. Autodidacta, con coñecementos sólidos de Xeoloxía, interesouse pola Arqueoloxía e defendeu e demostrou a existencia do home cuaternario. Publicou diversas obras, entre as que destaca Antiquités celtiques et antédiluviennes (Antigüidades célticas e antediluvianas, 1857).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título concedido por Filipe V o 12 de xullo de 1701 a Xoán Nicolao Espinosa e Feixóo, cabaleiro de Santiago e rexedor perpetuo de Ourense. Tiñan xurisdición sobre Santa María de Bóveda, Castro e Ladeiro e Portomarín. As súas armas eran as dos Espinosa e dos Coutolongo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Brandenburgo ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Brandenburgo.

    VER O DETALLE DO TERMO