"uru" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 194.

  • Xénero de hadrosáuridos de ata 9 m de lonxitude, co fociño longo e aplanado nun peteiro desprovisto de dentes na parte anterior. Presentaba unha curupela ósea semicircular e oca con condutos internos de aire e de ata 30 cm de altura, relacionada coa emisión de voces para a comunicación da manda. Alimentábase, sobre as catro patas, de acículas de coníferas e das follas das primeiras magnoliofitinas e, en caso de fuga, corrían sobre as patas traseiras. Viviron no Cretáceo e os xacementos máis importantes están no norte de América.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Fragmento de papel ou cartón enrolado de forma cónica que se utiliza como recipiente para cousas, como froitos secos ou lambetadas.

      2. Cantidade que contén o obxecto de papel ou cartón enrolado de forma cónica.

    1. Galleta de forma cónica que se emprega para servir xeado de maneira que se poida consumir sen necesidade de usar culler.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Especie de capucha de palla ou doutro material coa que se cobre a parte superior do palleiro.

    2. Parte máis elevada de algo con forma cónica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma castelanizada correspondente ao apelido galego Curuxo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ao edil romano da clase dos patricios instituído no 367 a C.

    2. Cadeira oficial de marfil onde se sentaban os que exercían unha maxistratura, acompañados de litores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade ou oppidum principal do pobo prerromano dos zoelas, situada na rexión que se estende entre Bragança (Tras-os-Montes) e Zamora. Aparece citada nunha tábula de padroado localizada en Astorga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prolongación ou apéndice que presentan algúns animais na parte máis alta da cabeza, que pode ser de pelos, como certos antílopes, de plumas de gran tamaño, como as cotovías, ou de óso, como as dos dinosauros do xénero Corythosaurus.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte máis elevada dun monte.

    2. Parte superior dalgunha cosa que teña forma cónica.

    3. Parte superior e posterior da cabeza onde nace o pelo en distintas direccións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe natural de Monforte de Lemos. Trae como armas, en campo de azul, un monte de sinople coa cima en forma cónica. Relaciónanse tamén con esta caste os apelidos Acuratado, Coruteira, Curuteiro e Curutos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. curuxa asiática [Phodilus badius, Fam dos titónidos]

        Rapaz de 30 cm de lonxitude, coa cabeza de forma ovada, peito de cor branca, con pequenas manchas de cor negra e dorso de cor acastañada. A voz consta dunha serie de asubíos musicais. Constitúe unha especie propia de selvas do N da India, Sri Lanka, China, Borneo e Xava.

      2. Rapaz nocturna da familia dos estríxidos, de tamaño medio, que non presenta penachos na parte superior da cabeza. A plumaxe adoita ser de cor branca na cara e no peito, mentres que o dorso presenta unha coloración críptica. É unha ave nocturna e agóchase durante o día nos recunchos máis escuros; por isto, é atributo da Noite personificada e do Soño. Segundo un mito clásico, Nitimene, tras cometer incesto co seu pai, fuxiu avergoñada ao bosque, onde Atenea a transformou en curuxa. Na arte e nos bestiarios medievais, as curuxas representan os xudeus, que permanecen na escuridade sen crer en Cristo. Por ser nocturna está asociada co Príncipe das Tebras. Shakespeare pon plumas de curuxa na apócema das bruxas de Macbeth. Leva unha vida solitaria e fai o niño en edificios semiderruídos, campanarios e, en xeral, en lugares apartados. En Francia cren que a curuxa é unha muller que fai penitencia. A súa asociación con Atenea vén do seu parecido co moucho, que é o animal realmente vinculado a esa...

      3. curuxa común/albar [port: coruja-das-torres; cast: lechuza común; ingl: barn owl] [Tyto alba, Fam dos titónidos]

        Rapaz de 35 cm de lonxitude, coa parte frontal da cabeza con forma de corazón e as partes superiores de cor dourada con puntos dunha cor entre cinsenta e azulada. Presenta un voo lixeiro e silandeiro. Aliméntase fundamentalmente de roedores que caza en espacios abertos. Aniña tanto en cavidades naturais coma en construcións humanas. Está presente en Europa, África, América, Nova Guinea, Melanesia e Polinesia.

      4. curuxa das xunqueiras [port: coruja-do-nabal; cast: lechuza campestre; ingl: short-eared owl] [Asio flammeus, Fam dos estríxidos]

        Rapaz de 40 cm de lonxitude, de ás longas, plumaxe de cor parda amarelada con trazos e manchas de cor acastañada, pequenos penachos case que ocultos, e de actividade diúrna. Presenta unha distribución holártica e neotropical e está presente en latitudes medias do continente americano e en case toda Europa e Asia. Habita en zonas abertas, sen árbores, como medios húmidos e barbeitos do cultivo do cereal. Nas últimas décadas do s XX, coincidindo coa expansión na meseta da corta campestre, estableceuse unha importante poboación que nidificou nos vales do Duero e do Ebro. En Galicia está presente como ave de paso e invernante.

      5. curuxa de Tengmalm

        moucho pirenaico.

      6. curuxa do souto

        avelaiona común.

      7. curuxa gabián [cast: lechuza gavilana; ingl: hawk owl] [Surnia ulula, Fam dos estríxidos]

        Rapaz de 40 cm de lonxitude, de cara branca cun marco negro, peito branco con franxas negras horizontais, cola longa e ás afiadas. Caza durante o día, principalmente pequenos paxaros e roedores. Vive nos bosques de coníferas e bidueiros do N de Europa, Asia e Norteamérica.

      8. curuxa nival

        bufo nival.

    1. Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, que corresponde á voz ‘luz’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Premio anual convocado dende 1985 polo Museo de Humor de Fene, dirixido polo humorista Xaquín Marín. Divídese nas modalidades: gráfica, literaria, fotográfica, de honra, de barro e aos medios. Entre algúns dos galardoados destacan Antón Cortizas (1986), en literatura; Xan López Domínguez (1987), no apartado gráfico; e Manolo Rivas (1989); a revista Can sen dono (1990) e o programa radiofónico Corre Carmela que chove (1994), no que atinxe aos medios. Entre os premiados coa curuxa de honra destacan Isaac Díaz Pardo (1985), Xulio Prieto Nespereira (1988), Xosé Neira Vilas (1989), Laxeiro (1991), Arsenio Iglesias (1994), Fernando Quesada Porto (1996), Clodio González Pérez (1999) e Siro López (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada a partir de decembro de 1981 en Vigo, subtitulada “Revista Galega de Información Xeral”. Dirixida por José A. Otero, contaba cun consello de dirección formado por Agustín Alfaia, Isidro Amoedo, Bernardino Crego e Xosé Mosquera, e cun grupo de colaboradores integrado por Vicente Llorca, David Álvarez, Ramón Somoza, Roxelio Varela e María Xosé Porteiro. Dividiuse nas seccións: “Editorial”, “Política”, “Economía”, “Pensamento”, na que se incluíu unha análise das teses do nacionalismo de Castelao, “Sociedade”, na que se analizaba o papel da televisión en Europa, “Internacional”, “Poesía” e “Música”. Á parte das entrevistas realizadas a distintos persoeiros da vida política e cultural, como Álvarez Gándara, pertencente ao Partido Galeguista, e José Oneto, director de Cambio 16, ofrecía recensións de distintos libros, como o de O atraso económico de Galicia, de Xosé M. Beiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación mensual bilingüe aparecida en Corullón (Villafranca del Bierzo) en abril de 1983. Editada pola comunidade escolar do concello, contaba co apoio do Centro de Recursos de Villafranca del Bierzo e da Agrupación Experimental Bierzo, conformada polas escolas de Corullón, Dragonte, Cadafresnas, Hornixa e Viariz. Contou coa colaboración de Antonio Pereira, Juan Carlos Mestre, Antonio González, José A. Balboa, Miguel Jota e José I. Ramos. No seu quinto ano editouse unha monografía titulada A Curuxa, cinco años de prensa escolar. A partir dese mesmo ano, comarcalizouse e comezou a publicar diferentes colaboracións de historia, poesía, política e literatura. Tamén se incluíron artigos relacionados con aspectos etnográficos e culturais da zona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada no lugar de Tivo (Caldas de Reis). Construída cara ao s XVI, consta dunha planta en forma de L e dunha torre con cuberta a tres augas. No exterior destacan os brasóns dos Moreira, Caamaño, Vilardefrancos, Mosquera, Da Maza, Bermúdez, Sotomayor, Castro, Somoza e Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Emitir o seu canto característico a curuxa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lugar onde viven e fan os seus niños as curuxas.

    2. Aldea situada nun lugar esgrevio.

    VER O DETALLE DO TERMO