"ARE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1669.
-
VER O DETALLE DO TERMO
vareixa.
-
PUNTA
Punta do litoral da parroquia de Muro, no concello do Porto do Son, situada ao S do Cabo Teira e ao N da punta Sus Brañas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Froito da amorodeira.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista de orientación progresista e nacionalista que apareceu en abril de 1984 en Marín e que foi publicada polo Ateneo Santa Cecilia de Marín co subtitulo de “Revista de creación”. Trátase dunha edición en galego que contén abundantes textos en castelán e portugués. O contido da publicación é basicamente literario, aínda que tamén inclúe debuxos, fotografías e artigos dedicados á escultura. Nos diferentes números hai poemas de Alfonso Armada, García Bodaño, Alfonso Pexegueiro e Luís Rei Núñez. Xoaquín Agulla Pizcueta publicou no segundo número unha peza teatral titulada A caeira.
-
REXIÓNS
Rexión do antigo Imperio Ruso que se estende desde os lagos Ladoga (Lad ǒ skoje Ozero) e Onega (Onežskoje Ozero) ata o Mar Branco (Beloje More). Xeomorfoloxicamente, forma parte do escudo báltico e está constituída principalmente por granito e gneis, moi afectados pola glaciación. Os solos son pobres en humus, e o país está ocupado en gran parte por lagos e zonas pantanosas. Ten un clima continental extremo. Os principais núcleos de poboación son Petrozavodsk, Kondopoga, Segeža, Kem’ e Lieska. Trala desaparición da URSS quedou dividida entre Rusia (República de Carelia) e Finlandia (Pohjois-Karjalan). A Carelia occidental foi historicamente a parte máis civilizada e poboada do país. Pertenceu ao estado sueco-finlandés ata o Tratado de Nystad (1721), momento en que pasou a pertencer a Rusia. En 1809, ao caer Finlandia baixo o dominio ruso, a rexión adheriuse ao resto do territorio finlandés, unión que se mantivo ata que se recoñeceu a súa independencia en 1920. Pola contra, a Carelia...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mesoprotozoico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Careliano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cadeas montañosas formadas durante o Careliano ou o Mesoprotozoico.
-
-
Relativo ou pertencente a Carelia, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Individuo do pobo carelio.
-
Pobo do grupo dos fineses orientais formado e desenvolvido en Carelia.
-
Lingua ugrofinesa, do grupo baltofinés, que ten ao redor de 140.000 falantes que habitan na República de Carelia e nos territorios de Kalinin e Novgorod.
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Sobrado baixo a advocación de san Lourenzo.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Sobrado. Foi construída ao redor de 1220 en estilo románico. Ten unha nave e unha ábsida de planta rectangular á que se engadiu a sancristía. Da obra medieval consérvase só o testeiro, o muro norte da ábsida, e o arco triunfal dobrado e apuntado.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
ou Quilla
-
-
Parte somerxida do casco dun buque ou embarcación.
-
Reparación que se realiza no casco dun barco tumbándoo ou varándoo.
-
carena líquida
Líquidos que teñen liberdade para moverse no interior do barco, xa sexa nos seus fondos, nos tanques de auga ou nos de combustible. As inercias que producen estes líquidos diminúen a estabilidade da embarcación, e por este motivo os tanques deben estar sempre cheos ao máximo.
-
centro da carena
Centro de gravidade da parte somerxida dun barco. As posicións deste centro e mais do de gravidade do buque determinan a estabilidade do mesmo.
-
-
Parte ou órgano en forma de quilla, concretamente a parte saínte do esterno e o ángulo de bifurcación da traquea.
-
Estrutura vexetal en forma de quilla, como os pétalos inferiores da corola das fabáceas ou das poligaláceas.
-
Flexión angular da parede dunha vasilla.
-
Estado de embriguez motivado por un consumo excesivo de bebidas alcohólicas.
-
-
-
-
Parte somerxida do casco dun buque ou embarcación.
-
Reparación que se realiza no casco dun barco tumbándoo ou varándoo.
-
carena líquida
Líquidos que teñen liberdade para moverse no interior do barco, xa sexa nos seus fondos, nos tanques de auga ou nos de combustible. As inercias que producen estes líquidos diminúen a estabilidade da embarcación, e por este motivo os tanques deben estar sempre cheos ao máximo.
-
centro da carena
Centro de gravidade da parte somerxida dun barco. As posicións deste centro e mais do de gravidade do buque determinan a estabilidade do mesmo.
-
-
Parte ou órgano en forma de quilla, concretamente a parte saínte do esterno e o ángulo de bifurcación da traquea.
-
Estrutura vexetal en forma de quilla, como os pétalos inferiores da corola das fabáceas ou das poligaláceas.
-
Flexión angular da parede dunha vasilla.
-
Estado de embriguez motivado por un consumo excesivo de bebidas alcohólicas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Constelación austral situada entre a Popa, a Vela, o Centauro, o Camaleón, o Peixe voador e o Cabalete de Pintor. Está formada por 206 estrelas visibles para o ollo humano, entre as que están unha de primeira magnitude, tres de segunda e tres de terceira. A principal é α-Carinae ou Canopus, que é unha estrela superxigante de magnitude aparente -0,86 e situada a unha distancia de 365 anos luz. Antigamente se consideraba parte da constelación de Argón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de carenar unha embarcación.
-
-
de carenar.
-
Provisto de carena ou dunha liña sobresaínte a xeito de quilla.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lugar onde se carenan embarcacións.
-
-
Facer a carena ou poñer a carena a unha embarcación.
-
Reparar o casco dunha embarcación, especialmente. Todos os cascos construídos en madeira débense pintar completa e regularmente con algunha pintura especial e antiinscrustante, xa que algúns moluscos poden chegar a facer perigar a solidez e consistencia do buque.
-
Tumbar o barco ata que quede a quilla ao descuberto. Trátase dunha operación que ten como obxecto facilitar as reparacións e a limpeza do casco. Este é un procedemento de emerxencia cada vez menos empregado, xa que se corre o perigo de castigar a embarcación e cómpre baleirala. Nos portos de marea o procedemento de carenar a embarcación emprégase poucas veces, xa que a miúdo abonda con varala na praia entre dúas mareas.
-
-
-
Circunstancia de non ter ou faltar algunha cousa que se expresa.
-
Perturbación do metabolismo mineral da planta sometida á insuficiencia dalgún dos elementos fundamentais, como nitróxeno, potasio, magnesio ou fósforo.
-
Ausencia ou insuficiencia de afecto cara ao neno pequeno, especialmente antes do cuarto ano de vida, por parte da nai ou do substituto materno.
-
Afección provocada pola insuficiencia ou pola ausencia no organismo de elementos nutritivos indispensables, especialmente vitaminas (avitaminose). Pode estar provocada por unha subministración insuficiente de alimentos, por unha absorción intestinal deficiente ou por causas semellantes.
-
Función número VIII incluída dentro das funcións narrativas establecidas por Vladimir Propp en 1928. Alude á falta dalgún elemento que afecta aos protagonistas dos contos marabillosos rusos e adoita aparecer no inicio do relato. É imprescindible no desenvolvemento do argumento e na configuración do conto, pois todos os acontecementos e situacións deben suplir esa carencia e restablecer o estado de equilibrio e felicidade inicial dos personaxes.
-
Lapso de tempo cotizado nos seguros para poder ser beneficiario dunha prestación determinada, durante o cal o asegurado aínda non ten dereito a recibir a devandita prestación, especialmente se é económica.
-