"Adá" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2197.

  • PERSOEIRO

    Político e escritor de orixe cubana, fillo de Carlos Manuel de Céspedes y Borja del Castillo. Despois de realizar estudios en EE UU, Francia e Alemaña, regresou a Cuba para participar na loita independentista dende 1895. Deputado pola provincia de Oriente, foi embaixador en Italia, Arxentina, EE UU e Francia, e secretario de Estado durante o goberno de Zayas. En 1933, trala deposición de Machado, elixírono presidente ata setembro dese ano, cando o derrocou Fulgencio Batista. Publicou, entre outras obras, Manuel de Quesada y Loynaz (1925). Foi membro da Academia de la Historia de Cuba.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cantidade de cousas que caben nunha cesta ou nun cesto.

    2. Dito ou feito de pouca importancia e que non vén ao caso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tecido fino de algodón, de cores vivas, que se empregaba no s XIX.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Obra ou traballo mal feito ou que non serve para nada.

    2. Obxecto ruín de pouca calidade e valor.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de chamar.

    2. Palabra, voz, son ou calquera tipo de sinal ou signo co que se chama ou avisa de algo.

    3. Acción de lle pedir algo a un grupo de persoas cun fin determinado, apelando normalmente á conciencia e aos sentimentos.

      1. Sinal que se pon nun libro ou nun escrito para remitir o lector a unha nota ou a un aviso posto ao pé de páxina ou ao final do texto.

      2. Sinal que un autor ou un corrector fan no orixinal ou nas probas de imprenta para indicar algunha corrección ou facer algunha adición, xa de contido, xa en relación cos caracteres empregados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: laparada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción propia dun chambón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comida e bebida que se tomou en exceso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mámoa situada en Marín, descrita e escavada nos anos cincuenta por Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza, Alfredo García Alén e Carlos Alonso del Real. A cámara, de planta poligonal, está formada por sete chantas imbricadas e inclinadas cara ao interior da cámara. En 1975, cando a investigaron Antonio de la Peña Santos e Antón A. Rodríguez Casal, non tiña lousa de cobertura; sen embargo, posteriormente, apareceu sobre a anta unha lousa de cobertura da que non hai certeza que sexa a orixinaria. O corredor, orientado cara ao O, consta de seis chantas sen cubrición. A dimensión total é de 4,20 m no seu eixe maior, dos que 2,30 m son do corredor, e de 2,30 m no eixe menor. No transcurso das escavacións descubriuse o seguinte enxoval: catorce puntas de frecha de base triangular, dúas láminas de sílex, dúas machadas de sección cadrada, catro bólas de pedras e arxila, un percusor, fragmentos cerámicos e ocre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Paso de gran lonxitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de chanchar.

    2. Porción de alimento que se pode arrincar dunha soa vez cos dentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de chantar os dentes.

    2. Porción de alimento que se pode arrincar dunha soa vez cos dentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia e capital do concello homónimo baixo a advocación de Santa Mariña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello que é cabeceira da comarca do seu nome, situado na provincia de Lugo no centro da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N co concello de Taboada (Chantada), ao L cos do Saviñao e Pantón (Terra de Lemos),ao S co de Carballedo (Chantada) e ao O co de Rodeiro (Deza). Abrangue unha superficie de 176,7 km 2 , nos que acolle unha poboación de 9.150 h (2007), distribuídos nas parroquias de Adá, Arcos, Argozón, Belesar, Bermún, Brigos, Camporramiro, Chantada, Esmeriz, Esmoriz, Fornas, A Grade, A Laxe, Líncora, Mariz, O Mato, Merlán, O Monte, Mouricios, Muradelle, Nogueira de Miño, Pedrafita, Pereira, Pesqueiras, Requeixo, Sabadelle, San Fiz de Asma, San Pedro de Viana, San Salvador de Asma, San Xurxo de Asma, Santa Cruz de Viana, Santa Uxía de Asma, Santiago de Arriba, A Sariña, Veiga e Vilaúxe. A capital municipal é a vila de Chantada, na parroquia homónima, situada a 43° 35’ de latitude N e 7° 26’ 14’’ de lonxitude O, 94 km ao SL de Santiago de Compostela, 58 km ao...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido de orixe toponímica. O topónimo Chantada podería ter un significado fitonímico (lugar plantado) ou proceder do sintagma latino *(petra) plantata ‘(pedra) chantada’ coa conseguinte elipse do substantivo. O apelido documéntase no s XIII: “Petrus Chantada” (doc do ano 1202 en P. Loscertales de García de Valdeavellano, Tumbos del monasterio de Sobrado de los Monjes, vol I, 1976, p 383).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xeógrafo. Doutorouse en Xeografía e Historia en 1982 e comezou a súa actividade docente en 1976 no departamento de Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela, que dirixiu entre 1989 e 1991. Profesor de Análise Xeográfica Rexional na Universidade de Santiago de Compostela, centrou a súa investigación na ordenación do territorio, na demografía e na cartografía. Foi pioneiro na aplicación da teledetección e dos Sistemas de Información Xeográfica (SIX) en Galicia. Foi profesor invitado nas universidades de Cork, Nantes e Maine (Le Mans) e, dende 1995, profesor colaborador da Escola Superior Gallaecia, en Vila Nova de Cerveira (Portugal). Ampliou os seus estudios sobre xeomorfoloxía litoral en París (1987) e sobre SIX en Durham e Londres (1988-1991). Forma parte do consello de redacción da revista Agália. Á parte de numerosos artigos e comunicacións, publicou Paisaje agrario en la Galicia Noroccidental (1982; versión en galego de 1989), Las parroquias de Galicia....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Comarca do centro da Comunidade Autónoma de Galicia, constituída segundo a Lei de Desenvolvemento Comarcal de Galicia de 1996. Neste espazo comarcal concorda de xeito claro o espazo natural, ben diferenciado do resto do territorio circundante, co núcleo funcional, Chantada. Non obstante , tradicionalmente, mantivéronse vinculados a esta vila os concellos do S da Ulloa (Antas de Ulla e Monterroso) e o de Portomarín, que quedan fóra dos límites comarcais. Esta comarca toma a súa denominación do principal núcleo, Chantada. Esténdese aproximadamente entre os 42° 27’ e os 42° 47’ de latitude N e os 7° 39’ e os 7° 56’ de lonxitude O. Limita ao N coas comarcas da Ulloa (concello de Monterroso) e Lugo (Portomarín), ao S coa de Ourense (Vilamarín e A Peroxa), ao L coa Terra de Lemos (concellos do Saviñao e Pantón) e Sarria (Paradela), e ao O coas da Ulloa (Antas de Ulla), Deza (Rodeiro) e O Carballiño (San Cristovo de Cea). Abrangue unha superficie de 462,2 km2, nos que acolle unha poboación...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Golpe dado coa palma da man.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Chuvia moi intensa pero de curta duración, que comeza e remata subitamente, acompañada de fortes refachos de vento.

    2. Lugar poboado de chaparros.

    VER O DETALLE DO TERMO