"Az" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2426.

  • LOCALIDADES

    Localidade do concello de Astorga, na comarca de La Maragatería, integrada na provincia de León e na Comunidade Autónoma de Castela e León. Situada á beira do Camiño Francés de peregrinación a Santiago de Compostela, constituía un concello independente ata a súa incorporación ao de Astorga. Declarado Ben de Interese Cultural, está considerado como o arquetipo da arquitectura popular maragata, pois conserva este estilo nos seus edificios, na estrutura e mesmo no pavimentado do asentamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situado en Antas de Ulla, pertenceu ao señor de Amarante. Este reconstruíu a casa nobiliar no s XVIII aproveitando os muros de cadeirado da torre de cachotería do que fora unha fortaleza de orixe medieval.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Laza baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e investigador cinematográfico. Licenciouse en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela en 1987 e doutorouse en 1997 na mesma universidade. A súa actividade móstrase en artigos de revistas especializadas e en diversas obras como: La Coruña y el cine (1896 - 1996), (1996); A crise da transparencia clásica, enturbamentos e desaxustes no cine de Hollywood (1946 - 1960), (1997); El surgimiento del telefilme: los años cincuenta y la crisis de Hollywood: Alfred Hitchcock y la televisión, (1999) ou Alfred Hitchcock, (2000), entre outras. É coautor de libros sobre os cineastas Ramón Torrado e José Sellier. Dirixiu a revista cinematográfica Vértigo, publicada na Coruña entre 1991 e 1998. Colabora no Festival Internacional de Cine Independente de Ourense, para o que codirixiu a edición dos volumes dedicados a Antonio Casal, Wenceslao Fernández Flórez, Manuel Mur Oti e Gonzalo Torrente Ballester. Tamén participou como redactor en antoloxías e dicionarios cinematográficos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Discípulo de Vicente Díaz y González, participou en diversos certames e exposicións en España e no estranxeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritora. Licenciada en Filoloxía Hispánica, colabora en distintos xornais e revistas. Publicou en castelán os poemarios Odisea definitiva (1984), Los versos del eunuco (Premio Hiperión 1986), Los hábitos del artillero (Premio Rey Juan Carlos 1988), De mi haré una estatua ecuestre (1997); unha serie de artigos recollidos en Diario de los años apresurados (1998); e no eido da narrativa El somier (1990) e La fiebre amarilla (1994). En galego deu ao prelo o poemario Baleas e baleas (accésit do Premio Esquío 1988).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Zona máis profunda nun proceso de metamorfismo de alto grao, na que predominan as altas temperaturas e presións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor italiano. Estivo en diversas cortes italianas. Publicou Ricercari, motetti, canzoni (Ricercari, motetes, cancións, 1523). O seu fillo, Girolamo Cavazzoni (1525? - 1577?), coñecido como d’Urbino, foi un dos organistas italianos máis destacados do s XVI e traballou en Santa Bárbara de Mantua entre os anos 1565 e 1577. En 1543 publicou un libro de ricercari.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de cazar. No Paleolítico foi o medio de vida e de subsistencia, mentres que no Neolítico (7.000 a C) foi un importante complemento da agricultura. Os últimos cazadores e recadadores localizábanse ata hai pouco en América do Norte, nas terras baixas de América do Sur, en Australia e en certas zonas de Siberia, de África e do sudoeste asiático. A súa práctica implicaba a existencia dunha poboación espallada e de baixa densidade, e adoitaba estar asociada a determinadas culturas e rituais máxicos propiciatorios. Nas culturas do Oriente Próximo, era unha actividade de lecer que practicaba a aristocracia que se transmitiu a Grecia, a Roma e, en xeral, á Europa medieval. Posteriormente, desenvolvéronse a montería e a cetrería. Ao aparecer as armas de fogo, modificáronse as técnicas anteriores e isto motivou a especialización dos cans (cans de mostra, de caza, de rastrexar, de presa). A caza salvaxe, sobre todo a caza maior, diminuíu co crecemento demográfico dos ss XVII e XVIII....

    2. Arte de cazar.

      1. Animais que se cazaron ou que poden cazarse.

      2. Carne dos animais cazados.

    3. Acción de perseguir un barco a outro para efectuar un recoñecemento, combatelo ou capturalo, ou dunha aeronave a outra, especialmente construída con esta finalidade.

    4. Avión militar, xeralmente monopraza, de gran velocidade e de elevada potencia de fogo, destinado a asegurar o dominio do espazo aéreo contra os avións inimigos. Os primeiros cazas, aparecidos ao inicio da Primeira Guerra Mundial, eran aparellos de observación dotados de armamento. A partir do 1915 creáronse novos tipos de avións dedicados só a actuar como cazas. Durante a Segunda Guerra Mundial, a arma máis importante foi a metralladora, ata que apareceu o canón automático de calibre pequeno. Existen dous tipos de caza que non teñen relación co concepto orixinario: o interceptor ou avión de superioridade aérea, para as misións aire-aire, e o cazabombardeiro, para misións aire-terra.

    5. Persecución contra calquera persoa, sen considerar a súa inocencia ou culpabilidade, dependendo unicamente de acusacións políticas e acompañada dun certo elemento de histeria. O senador Joseph McCarthy dirixiu, entre 1940 e 1960, unha campaña de caza de bruxas nos EE UU contra persoas sospeitosas de ter simpatías prosoviéticas ou comunistas, que incidiu especialmente en intelectuais e artistas da industria cinematográfica de Hollywood.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción cinematográfica española realizada por Carlos Saura en 1965 e interpretada por Ismael Merlo, Alfredo Mayo, José M. Prada, Emilio G. Caba e Fernando S. Polack. A acción do filme desenvólvese nun couto onde catro homes se reúnen para cazar. As disputas que se suceden entre eles ao longo da xornada por mor dos recordos da Guerra Civil, onde combateran, fan que xurda a violencia. Os detalles técnicos, a fotografía e o simbolismo destacan nesta produción de Elías Querejeta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao neno moi inquieto e traste.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que pode ser cazado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Avión especializado en ataques contra obxectos terrestres, denominado tamén bombardeiro táctico, avión de ataque rápido ou de soporte reducido. Hai dous tipos diferentes: os destinados ao combate aéreo, como o norteamericano F-18, o MIG-25, da antiga URSS e o europeo Tornado; e os preparados para o ataque terrestre, como o A-10A Thunderbolt, de EE UU e o SU-025 Frogfoot, da antiga URSS. Tamén hai versións navais, como o europeo AV-8 Harrier que permite iniciar o voo e a aterraxe en vertical.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome popular que reciben dúas quenllas, o melgacho e roxa, pertencentes ao xénero Scyliorhinus.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen caza porque é a súa profesión ou como deporte. Na tradición oral recóllense ditos como: “A cazador novo, can vello. Cazador e troiteiro, nin ten boa meda nin bo palleiro. Cazador sen morral, caza pouco e caza mal”.

    2. Aplícase aos animais que capturan a outros animais por instinto natural.

    3. Soldado de infantería ou de cabalería pertencente a batallóns ou rexementos lixeiros. As primeiras unidades foron creadas por Federico II de Prusia en 1740.

    4. Sociedade que vive dun conxunto de actividades de explotación dos recursos inmediatamente subministrados pola natureza, sen que esta sexa transformada (caza, pesca e recolleita de froitas, vexetais e outros recursos naturais como o mel ou o marisco), con fins alimentarios. Esta denominación xorde a partir das investigacións dos prehistoriadores, que demostraron a amplitude desta estratexia de subsistencia durante a Prehistoria, e aplícase aos grupos que subsistiron ao longo da historia. Os últimos localizáronse en América do Norte (costa NO de California, Alasca e N de Canadá), as terras baixas de América do Sur, Australia e certas zonas de Siberia e África austral. Tradicionalmente atribuíase a este tipo de sociedades un modelo social baseado na banda (segundo a denominación de Steward) ou horda (segundo Radcliffe-Brown), onde predominaban as relacións sociais igualitarias. Non obstante , a existencia de estratificación social nalgunha das sociedades, levou a antropólogos como Testart...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Chaqueta forte que usan os cazadores, os excursionistas ou calquera persoa que realice unha actividade semellante.

    2. Chaqueta de la, de coiro ou doutro material, xeralmente aberta por diante, subida ata o colo e cinxida na cadeira e nos pulsos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Botavara curta coa que se caza a mesana nos barcos latinos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da comarca de La Sierra, situado na provincia de Sevilla, Andalucía, nos contrafortes de Sierra Morena, á beira do río Viar (5.229 h [1996]). A súa economía baséase na produción agrícola e gandeira. Destaca pola elaboración de anís, tanto seco como doce. Consérvanse os restos dun antigo castelo árabe e dunha cartuxa gótica do s XV.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico mexicano. Formouse no IDHEC de Francia. Cando regresou ao seu país tentou introducir novas tendencias pero sen romper coas antigas tradicións barrocas do cine mexicano. El jardin de tía Isabel (1971) é unha das súas realizacións máis destacadas. Dirixiu tamén: La manzana de la discordia (1968), Aquellos años (1972), Los motivos de Luz (1985) e Lo del César (1987).

    VER O DETALLE DO TERMO