"BOL" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 626.
-
-
Prancha de madeira que presenta unha superficie plana e lisa e que se constrúe unindo táboas.
-
Táboa máis ou menos estreita e longa que ten diversos usos, como fixar carteis ou anuncios.
-
Placa de lousa onde se pode escribir ou debuxar con xiz.
-
Cadro de madeira, plástico ou outro material que se divide en cadros máis pequenos denominados casas e que se utiliza para xogar a distintos xogos como o xadrez, as damas ou o parchís.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pau que se prende no colar ou no pé dos animais, especialmente dos cans para que non poidan saltar ou fuxir.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rito propio do culto á deusa Cibeles que se orixinou en Oriente, pero que foi difundido en Occidente, especialmente nas Galias a partir do s II. Consistía en asperxir con sangue dun touro sacrificado o corpo dun devoto, polo que tamén se denomina bautismo de sangue.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada unha das persoas encargadas de poñer en funcionamento o botafumeiro da catedral de Santiago de Compostela. A súa vestimenta consiste nunha gran túnica vermella e, para facelo mover, tirando dunhas cordas de esparto e co apoio dunha roldana situada nel conseguen que este se balancee ascendendo ata a bóveda.
-
RIOS
Río de Asia de 1.591 km de lonxitude, que nace en Kazakhstán, no altiplano de Siberia Occidental, atravesa os oblasti rusos de Kurgan e T’umen’ e desemboca no Irtyš.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Lotaría, de carácter benéfico ou comercial, en que diferentes obxectos son ofrecidos como premios.
-
Posto dunha feira onde se sortean estes premios.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Recheo formado por unha frecha ou cordón litoral que une unha illa ao continente. É orixinado pola acumulación de materiais que achegan as ondas entre a illa e a liña de costa. Poden ser simples ou dobres.
-
VER O DETALLE DO TERMO
tarambollo.
-
-
-
Planta herbácea anual e perenne, que pertence ao xénero Trifolium, da familia das fabáceas, con follas trifoliadas, flores rosadas, brancas ou amarelas reunidas en glomérulos ou en acios densos, e froitos secos, pequenos e ordinariamente indehiscentes. Son excelentes plantas forraxeiras.
-
trevo branco [Trifolium occidentale, Fam das fabáceas]
Planta herbácea perenne, con talos rastreiros, follas divididas en tres folíolos orbiculares, flores de cor branca rosada dispostas en capítulos e froito en legume. Florece a mediados da primavera e principios do verán, en dunas e zonas preto do mar.
-
trevo rubio [Trifolium pratense, Fam das fabáceas]
Planta herbácea perenne, de ata 100 cm de altura, con varios talos que brotan dunha mesma raíz e follas pecioladas con tres folíolos estreitos, ovais ou obovados, a miúdo con manchas claras cara á base. As flores dispóñense en capítulos terminais de cor rosada e froito en legume. Florece a mediados da primavera e finais do verán. É moi frecuente en toda Galicia e emprégase como planta medicinal.
-
-
-
Pau da baralla francesa que se caracteriza polos trevos que leva gravados.
-
Carta deste pau.
-
-
pan do cuco.
-
Planta acuática vivaz, de ata 30 cm de altura, con talos subacuáticos e reptantes, follas pecioladas e divididas en tres folíolos obovados, flores de cor branca ou rosada dispostas en acios terminais e froito globular. Florece na primavera en brañas e lugares con moita auga. Emprégase como planta medicinal polas súas propiedades tónicas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lugar da parroquia da Torre, capital do concello do Páramo.
-
PERSOEIRO
Investigador. Director do Instituto Universitario de Ciencias de las Religiones da Universidad Complutense de Madrid, foi profesor do Departamento de Estudios Hebreos y Arameos desa universidade e membro do Comité Internacional de Edición de los Manuscritos del Mar Muerto. Centrado nas investigacións sobre a crítica textual e literaria da Biblia, publicou La Biblia judía y la Biblia cristiana: introdución a la historia de la Biblia (1993), La experiencia de Israel: profetismo y utopía (1996) e Libro de los Salmos: religión, poder y saber (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nicolò Pericoli.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da física que estuda o contacto entre superficies con movemento relativo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Emisión de luz que ten lugar nalgunhas substancias sometidas a accións mecánicas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Embolia ou oclusión completa dun vaso sanguíneo por un trombo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Destrución ou lise dun trombo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade deportiva fundada en València en 1919. Xoga os seus partidos como local no campo de Mestalla e viste camiseta branca e pantalón negro. Gañou a Liga en 6 ocasións (1942, 1944, 1947, 1971, 2002 e 2004), 6 Copas do Rei (1941, 1949, 1954, 1967, 1979 e 1999), unha Supercopa de España (1999), dúas Copas de Feiras (1961 e 1962), unha Recopa de Europa (1980), unha Copa da Uefa (2004) e dúas Supercopas de Europa (1981 e 2004).
-
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de santa María que dá nome ao concello de Viana do Bolo, onde se atopa a capital municipal.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca de Viana situado no SL da Comunidade Autónoma de Galicia e da provincia da Coruña (42° 11’ 00’’ N - 7° 06’ 20’’ O). Limita ao N cos concellos do Bolo e da Veiga (comarca de Valdeorras), ao L coa provincia de Zamora, ao S coa Mezquita e A Gudiña (comarca de Viana), e ao O con Manzaneda (a Terra de Trives) e Vilariño de Conso (Viana). Ocupa 270,4 km 2 cunha poboación de 3.442 h.(2001) distribuída nas parroquias de Bembibre, Caldesiños, Cepedelo, Covelo, Fornelos de Filloás, Fradelo, Froxais, Grixoa, Hedroso, Louzaregos, Mourisca, Paradela, Penouta, Pexeiros, Pinza, Pradocabalos, Pradorramisquedo, Punxeiro, Quintela de Hedroso, Quintela de Umoso, Quintela do Pando, Ramilo, Rubiais, San Cibrao, San Mamede, San Martiño, Santa Mariña da Ponte, Sever, Solbeira, Tabazoa de Hedroso, Tabazoa de Umoso, Viana do Bolo, Vilardemilo, Vilarmeao e Vilaseco da Serra. A capital atópase na vila de Viana do Bolo, na parroquia do mesmo nome. O concello está a 248 km de Santiago...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Viana do Bolo. Formaba parte dunha fortaleza medieval que en 1180 foi reconstruída polo Rei Fernando II. Construíuse con granito e presenta unha planta cadrada. Exteriormente dividíase en tres tramos e leva un remate ameado. O soto cubriuse cunha bóveda de canón e reforzouse con tres arcos faixóns apuntados. Ademais da torre, consérvanse as portas de entrada ao antigo patio de Armas e ao patio de Honor. No exterior tamén se conservan parte das murallas que rodeaban a fortaleza e unha pequena torre cilíndrica defensiva. Foi cárcere durante a Guerra Civil e posteriormente converteuse en museo e sala de exposicións. Foi declarada BIC en 1949.