"BRE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 949.

  • PERSOEIRO

    Mariño. Alférez de fragata na Mariña española (1776), foi destinado a América para vixiar as costas da rexión de La Plata (1779). Foi gobernador de Misiones e capitán do porto de Ensenada (1806). Defendeu Bos Aires dos ataques ingleses (1806-1807). Nomeado vicerrei de Río de La Plata (1807), morreu fusilado polos revolucionarios en 1810.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Catalunya que nace no Pireneo Oriental e desemboca no Mar Mediterráneo, no Prat de Llobregat, 5 kms ao S de Barcelona, logo dun percorrido de 170 km en dirección N-S. Rega unha conca de 5.110 km2.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é escuro ou sombrizo, polo que provoca tristura ou mesmo medo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín informativo de Comisións Obreiras editado na Coruña a finais de 1974. Incluíu contidos políticos, que tiñan como obxectivo a defensa do sector que simpatizaba co Movemento Comunista de Galicia dentro do sindicato. Ademais, facíase un chamamento para o agrupamento dos traballadores e a loita contra o poder franquista, co gallo da conmemoración do 1º de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia da ría de Arousa situada entre a punta do mesmo nome e a de Chastellas (A Illa de Arousa).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da ría de Arousa no S da Illa de Arousa, situada entre a praia homónima e a punta Banqueira (A Illa de Arousa).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo coruñés de folk que iniciou a súa carreira en 1986. Formado por Xosé Bieito Romero, Rosa Cedrón, Xulio Varela, Eduardo Coma, Patxi Bermúdez, Pedro Valero, Xavier Ferreiro e Xan Cupeiro, da súa discografía destacan O Son do Ar (1988), Ara Solis (1993), Plenilunio (1997), Cabo do Mundo (1999), Espiral (2002) e Hai un paraíso (2004). En 1997 colaboraron con Mike Oldfield no álbum Voyager. Recibiu os Premios de la Música da S.G.A.E. á mellor canción de Novas Músicas (1998), mellor canción en galego (2000) e mellor álbum de Novas Músicas (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Bergondo baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bosque sagrado dos celtas no que os druídas celebraban os seus ritos á luz da Lúa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro situado no lugar de Lubre (Ares). Pola súa proximidade estivo vinculado ao mosteiro de Caaveiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa situada en Ares. Foi construída polo abade Trutinio por orde de Afonso II no ano 830. A igrexa que se conserva parece de fábrica posterior, de arredor do s XV cun estilo de transición ao Renacemento. Ten torre cadrada e unha nave, e na ábsida conserva unha bóveda estrelada, con cinco claves cos nervios apoiados en columnas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada na Coruña a partir de xullo de 1883, e que cesou en 1887. De tendencia anarquista, estivo dirixida por Pedro Barreiro. Aínda que se presentaba como semanario, a súa aparición foi irregular. Tivo dúas etapas; na primeira, ata 1884, exerceu como voceiro da “Sociedade de Carpinteiros”, mentres que na segunda, entre maio de 1886 e xaneiro de 1887, representou a Federación de Trabajadores de la Región Española. Foi a primeira publicación galega claramente anarquista.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que denota ou suscita unha fonda tristeza.

    2. Que evoca a morte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Narrador, actor e director. Fundou e dirixiu o semanario Liceo Brigantino (1883-1884). Participou como director de escena na presentación do espectáculo A fonte do xuramento (1882), realizado polo Liceo Brigantino da Coruña sobre un texto de Francisco María de la Iglesia. Publicou Hojas sueltas (1885) e o poema “Queixas” (1899).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • oceiro do grupo libertario ferrolán “13 de Octubre”, imprentado na cidade departamental durante a primavera de 1912. Publicáronse sete números e foi substituído ese mesmo ano polo periódico quincenal Cultura Libertaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar francés, marqués de Brézé. Embaixador de Suecia (1631) e mariscal de Francia (1634), participou no sitio de La Rochelle (1628), de Piemonte (1629-1630), en Alemaña e en Países Baixos (1635).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parella de raios lumínicos que aparecen na difusión da luz que atravesa un gas sometido a flutuacións de presión.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que manobra con facilidade, xeralmente o barco e as tropas militares.

    2. Que manobra con malicia para conseguir algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, escultor e muralista. Participou en proxectos urbanísticos e decorativos (Mirador del Río, 1973), e realizou pinturas informalistas e obras abstractas, das que destaca Más allá de la ceniza (1977). Recibiu a Medalla de Oro de las Bellas Artes (1981).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Premio literario convocado en 1991 polo concello de Arteixo que rende homenaxe á figura de Manuel Murguía e fomenta a escrita do conto literario en galego. Concédese no mes de maio, coincidindo coas datas do nacemento e bautizo do escritor en Arteixo (días 17 e 18). Os relatos premiados publicáronse en edicións preparadas e prologadas por Henrique Rabuñal como Relatos (1995), Airadas de palabras (1998) e Tecendo panos (2000). Recibiron o premio autores como Xavier Alcalá e Afonso Álvarez Cáccamo. Paralelamente hai unha versión infantil e xuvenil do certame en que resultaron premiados Tania Vázquez (1997), Lucía Rial Riveiro (1998) e o colectivo Brincadeira (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO