"GR" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3341.

  • PERSOEIRO

    Xadrecista. Aprendeu a xogar o xadrez aos catros anos. Aos 11 anos, no Instituto de La Habana, tomou de novo contacto con este deporte e converteuse no mellor xogador da illa. En 1903 marchou aos EE UU para estudar enxeñería na Universidade de Columbia. En 1908 disputou un encontro co campión estadounidense F. J. Marshall e venceuno. Anos máis tarde, en 1921, proclamouse campión mundial ao derrotar a M. Lasker, título que mantivo ata 1927.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Lugo (1714-1717). Ingresou no convento carmelita de Valdemoro. Foi profesor de filosofía e teoloxía, prior de Onda e de València, provincial dos conventos de València, Aragón e Navarra, asistente xeral das provincias hispánicas e procurador e vicario xeral da orde. Elixírono representante do Reino de València para pedir a Carlos II a restitución do cargo de vicechanceler. Despois de ser bispo de Lugo, nomeárono bispo de Teruel, pero morreu antes de chegar á nova sé.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e teólogo inglés. Despois de estudar en Cambridge, ordenouse en 1418 e foi elixido provincial dos agostiños de Inglaterra. É autor de comentarios latinos á Biblia e de diversos sermóns e discursos, entre os que destaca a obra inacabada Chronicle of England (Crónica de Inglaterra, 1858) e De Illustribus Henricis (Sobre os Enriques ilustres), que comprende a biografía de 24 emperadores alemáns e de varios reis de Inglaterra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Evolucionou desde a pintura figurativa, vinculada á Scuola Romana, ata a linguaxe de signos e símbolos. Foi membro, ademais, dun dos fundadores do grupo Origine (1950) e en 1952 integrouse no grupo espacialista de Milán. Entre as súas obras sobresaen Superficies (1952) e Rilievi (1966). Recibiu, entre outros galardóns, o Premio Graziano da Bienal de Venecia de 1954 e unha distinción na Bienal de São Paulo de 1971.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciencia que se ocupa da descrición tipolóxica da personalidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo teatral pertencente a un instituto de Ferrol, dirixido por Eva Campo e fundado en 1977. Foi un dos moitos grupos de teatro escolar galego que apareceron a mediados dos setenta. Desenvolveu sempre unha intensa actividade cultural e un importante labor no eido da normalización lingüística. Entre os seus espectáculos cómpre destacar Romance de Micomicón e Adhelala de Blanco Amor (1978), Entremés famoso sobre a pesca do río Miño de G. Feixó (1979) ou Os vellos non deben de namorarse de Castelao (1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudio gráfico dos movementos do corazón que se realiza co cardiógrafo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparello que rexistra graficamentea actividade do corazón. Hai cardiógrafos mecánicos que rexistran as modificacións da presión do corazón e cardiógrafos eléctricos ou electrocardiógrafos que rexistran a actividade eléctica dos impulsos nerviosos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Curva que se obtén pola aplicación do cardiógrafo. Se se realiza cun electrocardiógrafo recibe o nome de electrocardiograma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Monitorización do parto por medio dun aparello que rexistra simultaneamente os latexos do corazón do feto e a intensidade das contraccións uterinas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Representación nun diagrama dos trazos característicos dos cromosomas das especies.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Hungría (1308-1342), fillo de Carlos Martel de Nápoles. Soberano nominal de Hungría, foi recoñecido rei pola Dieta húngara en 1308 e coroado no 1310. Someteu a nobreza polas armas nas batallas de Rozgony en 1312 e de Debrecen en 1317; reorganizou o exército e a xurisdición, impulsou a industria mineira e o comercio, e concedeulles privilexios ás cidades. Casado con Isabel, irmá de Casimiro III de Polonia, aseguroulle ao seu fillo Luís a sucesión de Polonia e reivindicou a coroa de Nápoles fronte ao seu tío Roberto I. En 1333 chegou a un acordo de matrimonio do seu fillo Andrés con Xoana de Nápoles, neta e herdeira de Roberto I de Nápoles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carlos III de Nápoles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Lorena (1545-1608), fillo do duque Francisco I e de Cristina de Dinamarca. Defendeu a causa católica en Francia durante as guerras de relixión. Desenvolveu a economía nos seus estados e fundou a Université de Pont-à-Mousson en 1572.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carlos I de Austria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLOTES

    Illote situado na boca da ría de Corcubión, fronte á punta do Pindo, no litoral da parroquia do Pindo, concello de Carnota.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Confeccionar e trazar mapas ou cartas xeográficas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Arte e ciencia que ten por obxecto a concepción, redacción e realización de mapas, ademais da súa utilización. Comprende o conxunto de estudios e operacións científicas, artísticas e técnicas que, a partir da observación directa ou da explotación dunha documentación, interveñen na confección de mapas, planos e outras formas de expresión cartográfica, como os diagramas, os cartogramas, os cartodiagramas ou as representacións tridimensionais, como os mapas en relevo, etc. O obxectivo final da cartografía debe ser o mapa como unha representación xeométrica plana, simplificada e convencional, de toda ou parte da superficie terrestre, cunha relación de similitude proporcionada, é dicir, a escala.
    O proceso cartográfico

    O proceso de elaboración do material cartográfico consta basicamente de tres etapas: obtención de datos, debuxo do mapa e reprodución. O desenvolvemento paralelo dos procedementos empregados nas tres etapas de produción cartográfica conduciu á cartografía...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á cartografía.

    VER O DETALLE DO TERMO