"OCI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 818.

  • Partido político fundado por Lenin en 1898 e que en 1918 tomou o nome de Partido Comunista da Unión Soviética.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo político creado en Madrid en 1929 coa participación de M. Domingo i Sanjuán. Experimentou un rápido e espectacular crecemento baseado nun verbal radicalismo económico e social. Malia todo, sufriu numerosas escisións ata a ruptura das tendencias principais en setembro de 1933.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización democratacristiá fundada en Madrid o 15 de decembro de 1922 que xurdiu ante o xiro autoritario do movemento maurista. Excluía os democratacristiáns e pretendía dar un enfoque moderno ás organizacións sociopolíticas católicas, fomentando o rexionalismo como unha nova concepción do estado centralizado. Pero a Ditadura de Primo de Rivera (1923-1930) rematou con este proxecto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido Andalucista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización política fundada na Coruña o 23 de agosto de 1963 por Cesáreo Saco López, Mario Orjales Pita e Xosé Luís Rodríguez Pardo, mentres Ramón Piñeiro López só participou na reunión fundacional. O colectivo inicial de afiliados estaba integrado por membros do vello Partido Galeguista e de Mocedades Galeguistas (FMG) como Francisco F. del Riego (o primeiro secretario xeral da organización) e L. Viñas Cortegoso, e unha nova xeración de mozos universitarios como Xosé Manuel H. Beiras Torrado, Ramón Lugrís Pérez e Fernando Pérez Barreiro. O seu ideario baseábase no marxismo, no federalismo, no socialismo e na democracia. Mantiveron un talante democrático e prestaron moita atención aos movementos homólogos que xurdían noutras nacionalidades. Estruturábase como un partido de cadros. A súa rede organizativa participou e dirixiu as campañas de axitación e propaganda contra a central de Castrelo de Miño, ao tempo que mantivo unha importante colaboración coa Unión do Pobo Galego (UPG). Despois...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización que se creou en 1982 da unión dalgúns militantes do Partido Socialista Galego (PSG) e de Esquerda Galega (EG), e que se presentou ás eleccións como PSG-EG. Desde 1992, optou por confluír con sectores galeguistas de centro e independentes, procedentes tanto de Coalición Galega como do Partido Nacionalista Galego e do Partido Galeguista. En 1993 aliouse con Esquerda Unida (EU) e pasou a denominarse Unidade Galega, organización que, en 1994, se integrou no Bloque Nacionalista Galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización política fundada en Madrid en 1879 por núcleos marxistas expulsados da Federación Regional Española da Asociación Internacional de Traballadores. Implantouse nos medios obreiros de Madrid, Euskadi e Asturias. O primeiro deputado socialista, Paulo Iglesias Posse, foi elixido en 1910, grazas á alianza electoral cos republicanos. O partido defendeu as reivindicacións obreiras e cumpriu unha ampla tarefa de educación popular. Aproveitou a tolerancia da que gozou durante a Ditadura de Primo de Rivera (1923-1930) para implantarse nos medios campesiños do sur do estado. Participou no comité revolucionario (1930), no goberno provisional da Segunda República (1931) e no goberno de Manuel Azaña Díaz (1931-1933). Durante a Guerra Civil Española (1936-1939) Francisco Largo Caballero e Juan Negrín López presidiron cadanseu goberno de coalición; mentres, no exilio, impúxose a liña moderada de Indalecio Prieto Tuero. Deixando de lado o sector histórico escindido en 1972, que en 1982 se converteu...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que adoptou en 1974 o Partido Socialista del Interior, creado en 1968 ao redor de Enrique Tierno Galván. Manifestábase socialista de esquerda, autoxestionario, terceiromundista e federalista, e tivo un carácter intelectual e universitario. En 1977 obtivo 4 deputados e 3 senadores, e viuse obrigado a integrarse no PSOE (1978).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización política fundada en 1875 en Lisboa polo obreiro de orixe suíza José Fontana e núcleos influídos pola Asociación Internacional de Traballadores. Adoptou unha liña política reformista e antimonárquica e intentou elevar o nivel cultural da poboación. O golpe de estado de 1926 declarouno fóra da lei e foi refundado, cunha orientación moderada, por Mário Soares (1972), co novo nome de Partido Socialista. Tras a revolución de 1974 participou nos primeiros gobernos provisionais, tivo a maioría relativa na asemblea constituínte de 1975 e gobernou en 1976-1978 e en 1983-1985 (en coalición co Partido Social Demócrata). Nas eleccións anticipadas de 1985 só obtivo o 20% dos votos. Estes resultados foron mellorando paulatinamente ata que gañou as eleccións lexislativas de 1995 por maioría simple e António M. de Oliveira Guterres formou goberno en minoría. Nas eleccións presidenciais de 1996 Jorge Sampaio, en substitución de M. Soares, foi elixido presidente do país.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización política rusa que xurdiu en 1901 da fusión dos grupos populistas moi influídos polo anarquismo e polo revisionismo. Defendía a colectivización da terra no marco do mir (‘comunidade campesiña tradicional’) e o acto terrorista individual. Participou, con Aleksandr F. Kerenskij, no goberno provisional formado en marzo de 1917. Co triunfo da Revolución de Outubro, o PSR escindiuse: a á dereita, cos menxeviques, abandonou o congreso dos soviets, mentres que a á esquerda apoiou, temporalmente, os bolxeviques.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización política catalá fundada o 22 de xullo de 1936 a partir da fusión do Partit Comunista de Catalunya, a Federació Catalana del PSOE, a Unió Socialista de Catalunya e o Partit Català Proletari. O seu crecemento durante a guerra foi notable. Desde os primeiros momentos do exilio, a dirección do PCE tentou integralo baixo a súa autoridade e, a partir de 1949, o PSUC quedou fortemente ligado ao PCE, perdendo a súa independencia. De acordo coa súa concepción da loita pola democracia, tivo un papel destacado na Asemblea de Catalu-nya e participou no Consell de Forces Polítiques de Catalunya. Legalizado en maio de 1977, no V congreso (1981) a ocasional alianza dos sectores leninistas e históricos provocou a desfeita eurocomunista e a case ruptura co PCE. O VI congreso (1982) implicou o retorno á ortodoxia eurocomunista e a tendencia prosoviética emprendeu a creación dunha organización paralela que constituíu o Partit dels Comunistes de Catalunya (PCC). O VII congreso reafirmou a súa...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación política italiana fundada en 1892, co nome de Partito dei Lavoratori Italiani, por Filippo Turati, Andrea Costa e Gregorio Agnini. Dominou o sector sindicalista entre 1904 e 1908. A gran crise produciuse coa cuestión da adhesión á Terceira Internacional no congreso de Livorno (1921), onde se produciu a escisión principal, a dos leninistas, que fundaron o Partito Comunista Italiano. O secretario do PSI, Giacomo Matteotti, foi asasinado (1924) e os socialistas reagrupáronse no exilio e asinaron en 1934 un pacto de acción cos comunistas para unha colaboración coa Resistenza. En 1947 escindiuse en dúas ramas: o PSI, guiado por Pietro Nenni, e o PSDI (Partito Socialista Democratico Italiano), guiado por Giuseppe Saragat. O afastamento entre o PSI e os comunistas permitiu a súa entrada nos gobernos de coalición dirixidos pola democracia cristiá. No período de 1978-1985, con Alessandro Pertini, acadou a presidencia da república, e o seu secretario xeral, Bettino Craxi, encabezou entre...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen patrocina.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Exercer como protector.

      2. Apoiar algo.

    1. Financiar unha persoa, entidade ou empresa, unha actividade con intencións publicitarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de patrocinar.

    2. Protección por parte da Virxe María ou dalgún santo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • María de los Dolores Rafaela Quiroga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Eritrocito deformado e sólido, que se localiza nunha pequena proporción no lactante e, en maior proporción, nos trastornos hemolíticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Radiografía da pelve renal e da vexiga urinaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada unha das células ectodérmicas planas que tapizan o corpo dos poríferos. Nos de tipo sicón tapizan o exterior do corpo e a cavidade gástrica; nos de tipo leucón recobren só as partes interiores da cavidade gástrica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Macrófago que absorbe líquidos tisulares.

    VER O DETALLE DO TERMO