"Ons" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1222.

  • Revista gratuíta que apareceu en 1979 co subtítulo de “Revista de la asociación provincial de empresarios de la construción”. Dirixida por Salvador Castro Gallego, contaba coas colaboracións de Constantino Vila, Eduardo Hevia, Juan Molina, Jesús Dorado, Rafael Díaz Iglesias e outros. Orientada ao sector da construción, insire entrevistas, artigos sobre bens inmobles, convenios, investimentos, actividades fiscais, asembleas da asociación, novas sobre axudas para rehabilitación de vivendas e estatísticas sobre prezos de solos. Inclúe as seccións “Actualidad Económica” e “La Sonrisa Ajena”, esta última dedicada ao humor.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se pode construír.

    2. Aplícase ao obxecto matemático que se pode construír respectando determinadas hipóteses.

    3. Aplícase ás figuras xeométricas que se poden construír con regra e compás.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer algunha cousa xuntando as partes constituíntes segundo unha ordenación ou un plano determinado.

    2. Elaborar ou crear algunha cousa inmaterial.

    3. Compoñer as palabras ou os enunciados segundo unha orde, relación ou estrutura establecida pola gramática dunha lingua.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Movemento plástico iniciado en Moscova por Vladimir Tatlin (1914), quen o englobou na arte abstracta. A este artista adheríronse os irmáns Anton Pevsner e Naum Gabo e, posteriormente, Malevič e Rodčenko. Pevsner e Gabo publicaron o Manifesto realista (1920), no que se afirmaba a finalidade de construír unha nova realidade a partir do emprego de novos materiais industriais como os metais ou os plásticos. Mentres Pevsner e Gabo propuxeron unha arte espacial e espiritualista, Tatlin, que desenvolveu a tendencia produtivista que afirmaba a función social da arte ao servizo da colectividade, colaborou co Estado comunista na creación da nova estética. As obras realizadas por Tatlin, as estruturas útiles, baseáronse na funcionalidade e na xeometría. Entre todas elas, a máis representativa foi a maqueta do Monumento á III Internacional (1920). O movemento expandiuse por Europa trala condena do réxime soviético en 1922 que expulsou, entre outros, a Pevsner e Gabo. No...

    2. Tendencia literaria que se desenvolveu en Rusia a partir dos principios do construtivismo artístico. Adscribíronse a ela os poetas V. A. Lougovskoi, I. L. Selvinski, V. Inber e Bagritski, entre outros, o director teatral V. E. Meyerhold, e o crítico K. L. Zelinski, que sentou as bases teóricas da estética. Ideoloxicamente, apoiaron o movemento bolxevique e vindicaron os escritores proletarios. Xurdiu dunha vontade de oposición aos modos tradicionais de composición, inspirada nos avances tecnolóxicos e no futurismo. Entendeu o feito literario como unha construción (igual ca unha peza de enxeñería) na que os recursos empregados, isto é, o aparato metafórico, o ritmo, a medida dos versos, etc, debían estar estreitamente relacionados co tema en cuestión, segundo unha técnica de construción que funcionaba, ao mesmo tempo, como medio de comprensión da realidade. Asentouse na busca da racionalidade e da perfección formal e empregou tecnicismos, formas épicas e recursos e procedementos próximos...

    3. Corrente psicopedagóxica que se caracteriza polo feito de entender o proceso da aprendizaxe humana como unha articulación de construcións mentais elaboradas de xeito activo por cada individuo. Enmárcase dentro da familia dos enfoques cognoscitivistas, que teñen a súa orixe nas teorías do psicólogo suízo Jean Piaget, e establece que a educación escolar debe promover nos alumnos a creación de estruturas mentais activas que se teñen que configurar, ao mesmo tempo, como esquemas de coñecemento. É o modelo psicopedagóxico adoptado na reforma educativa española de 1990.

    4. Corrente artística europea, nacida en Rusia e ligada ás artes plásticas, que se promoveu a partir de 1915, e que tivo unha considerable influencia no desenvolvemento da teoría teatral de Vsevolod Meyerhold, principalmente co espectáculo Le cocu Magnifique, que presentou en 1922, a partir dun texto de Fernand Crommelynck. Este novo ideario artístico foi un dos estímulos necesarios para o desenvolvemento da biomecánica, proposta de formación integral dos actores e sustentadora de toda unha teoría da interpretación que parte do principio de que o personaxe é unha realidade que se constrúe a partir dos máis diversos elementos, da dimensión física do traballo actoral, nun proceso sumamente racional no que o intérprete ten en todo momento un control absoluto sobre os seus recursos expresivos. Esta proposta supoñía a superación doutras liñas de traballo máis centradas na introspección, na interiorización de emocións e vivencias, en procesos de identificación emotiva. Tamén incidiu na recuperación...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao construtivismo.

    2. Partidario ou seguidor do construtivismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á construción.

    2. Que non se limita a criticar un estado de cousas, senón que axuda a melloralo.

    3. Aplícase á teoría non desenvolvida a partir dunha base axiomática, senón desde unha base intuitiva ou empírica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hipótese formulada sobre obxectos, propiedades e relacións non accesibles á observación directa. Na lóxica moderna da ciencia diferénciase unha fase de observación (empírica) dunha fase de construtos, á que pertencen conceptos como fonema, transformación e competencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao que constrúe.

    2. Persoa ou empresa que constrúe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa do sector da construción fundada en Pontevedra no ano 1975. Incorporou elementos, medios e traballos doutra empresa que viña traballando no sector da construción en Galicia desde 1962. A súa actividade centrouse na edificación, residencial e non residencial, e na rehabilitación. En 1982 transformouse nunha sociedade anónima. Dende a súa creación iniciou a expansión polo territorio nacional, e estableceu delegacións durante os anos oitenta nas comunidades autónomas de Andalucía, Asturias, Aragón, Baleares, Canarias, Cantabria, Castela-León, Castela-A Mancha, Catalunya, Extremadura, La Rioja, Murcia, València. Durante os anos noventa a empresa estendeuse por Portugal, Alemaña, Arxentina, Chile, EE UU, Francia, México, Polonia e Uruguay. Co tempo, a facturación presentou un notable aumento, en 1980 ascendeu a 7,224 millóns de euros, en 1990 acadou os 87,766 millóns de euros e os resultados do 2000 foron de 300,91 millóns de euros. Ao longo da súa carreira, a construtora recibiu numerosos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina segundo a que a presenza de Cristo na Eucaristía non comporta que desaparezan as substancias do pan e do viño. Defendérona Lutero e as igrexas luteranas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é propio da substancia dun ser ou dunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de consubstancial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, situado nos contrafortes occidentais dos montes de Toledo e drenado polo río Amarguillo (10.113 h [1996]). A súa economía baséase na agricultura (azafrán, oliveiras e cereais) e na gandería. As principais industrias son as téxtiles e as de fabricación de mobles e cerámica. Antigo asentamento carpetano, recibiu o nome de Consaburum durante a época romana. Tralos dominios visigodo e musulmán, pertenceu á coroa de Castela. En 1183 foi cedida á orde de San Xoán de Xerusalén e converteuse na sede do Gran Priorado de Castela e León. Do seu patrimonio cultural destacan os muíños de vento conservados na parte alta da cidade, o castelo (s XII), a casa do concello (s XVII) e os Corredores, sede do Museo Municipal (s XVII).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Libro de costumes, prácticas e cerimonias dunha igrexa ou dunha parroquia. Orixinariamente, coordinaba os libros litúrxicos para o seu uso diario e, posteriormente, transformouse nun manual das obrigas dos rectores e dos clérigos (procesións, confrarías, aniversarios, etc). Como directorio oficial intercalouse a relación dos usos particulares de cada igrexa. Ten un enorme valor histórico e xurídico por uniformar o culto de cada diocese, e recibe a súa sanción e normalización nos concilios e sínodos. A maioría provén das parroquias e reflicten a vida relixiosa local.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é costume ou tradición.

    2. dereito consuetudinario.

    3. Cada un dos xuíces que compoñían o antigo tribunal comercial chamado consulado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico, agrónomo e intelectual ilustrado. Estudiou medicina nas universidades de Oviedo e Santiago de Compostela, onde ocupou unha cátedra de Física Experimental e Agricultura. Defendeu o racionalismo, a observación e a experimentación fronte á filosofía escolástica e peripatética, feito que lle ocasionou problemas coa Inquisición; así mesmo, amosou unha gran preocupación polo ensino das ciencias utilitarias e a súa aplicación á realidade económica galega. Centrou a súa análise na industria do liño e achegou importantes recomendacións para o seu desenvolvemento; así, propuxo reformas técnicas, como a difusión da roda de fiar, o branqueo anterior ao tecido, o emprego do liño para lenzos finos e non para panos, etc. Escribiu, entre outras obras, Memoria sobre el conocimiento de las tierras, verdadero y económico método de cultivarlas (1786), Ensayo sobre hidráulica rústica (1788) e Memoria físico-económica sobre el mejoramiento de los lienzos gallegos por todos los medios conocidos...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Maxistrado supremo da antiga República en Roma, elixido por parellas durante un período dun ano non prorrogable. O cargo creouse trala caída da monarquía romana, arredor do 510 a C, e elixíase nos comicios centuriados, que lle conferían o poder ou imperium. Tiña a función de convocar e presidir as sesións do Senado e os comicios, a execución das súas decisións, a dirección do exército nas campañas, o nomeamento dos tesoureiros públicos e a función xudicial. Os cónsules elixíanse entre os patricios ata que no 367 a C, polas leis redactadas por Caio Licinio Estolón e Lucio Sextio Sextino Laterano, a plebe conseguiu que un dos cónsules pertencese á súa clase. Escollíase unha parella de cónsules e, no sistema de datación consular, dábanlle o seu nome ao ano da súa maxistratura. Os seus poderes non se interferían mutuamente e en campaña alternaban o mando militar. A expansión territorial da República romana permitiu a asignación do goberno dos territorios conquistados aos cónsules que...

      2. Cada un dos tres xefes do poder executivo do goberno francés segundo a Constitución do ano VIII (1799); o cargo mantívose ata a proclamación do Imperio (18 de maio de 1804).

      3. cónsul de nave

        Xuíz que se elixía nunha nave, na Idade Media, para administrar xustiza mentres estivese en alta mar ou en terra estranxeira, e atender a correcta distribución dos víveres.

    1. Axente oficial que un Estado establece noutro estranxeiro coa función xeral de velar polos intereses propios e particulares. Ten funcións administrativas, notariais, de colaboración cos tribunais e outras relacionadas co estado civil das persoas, o réxime de sucesión e outros aspectos, de acordo co réxime internacional de relacións consulares. Ten a súa orixe na organización corporativa existente na Idade Media. Existen dúas clases de cónsules, os de carreira ou missi, e os honorarios ou electi. Aínda que actúen xunto cos axentes diplomáticos, teñen a misión de ser axentes administrativos e comerciais de Estado. As normas para o seu nomeamento son un asunto administrativo interno do Estado correspondente.

    2. Cónxuxe do cónsul ou da consulesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dignidade ou cargo de cónsul.

      1. Territorio ou distrito onde un cónsul exerce as súas funcións.

      2. Edificio ou local das oficinas dun cónsul.

    2. Período de tempo no que exercían o seu cargo ou maxistratura os cónsules.

    3. Tribunal que xulgaba os negocios e as causas dos comerciantes.

    4. Sistema político no que a máxima dignidade a exercía un cónsul.

    5. Estilo decorativo dos primeiros anos do goberno de Napoleón Bonaparte, caracterizado polo emprego dos motivos ornamentais exipcios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Réxime político da última etapa da Revolución Francesa, comprendido entre o 10 de novembro de 1799 e o 18 de maio de 1804. Xurdiu tralo golpe de Estado do 18 de brumario do ano VIII (9 de novembro de 1799) de Napoleón I Bonaparte contra o Directorio. O seu obxectivo foi establecer un goberno forte que garantise as conquistas burguesas da Revolución. Baseouse na Constitución do ano VIII redactada por Sieyès e que non contaba cunha declaración de dereitos. O poder executivo recaeu en tres cónsules: o primeiro deles foi Napoléon, elixido para un período de dez anos, que tiña o poder de promulgar as leis e nomear os ministros; os outros dous cónsules, Cambacérès e Lebrun, tiñan funcións de carácter consultivo. O Senado estaba formado por 80 membros e, entre outras funcións, nomeaba os cónsules; o Consello de Estado exercía o poder lexislativo e nomeaba, entre outros, os membros do Senado; o Tribunado discutía as leis e o corpo lexislativo encargábase de aprobalas. Reorganizáronse cun criterio...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Real Consulado da Coruña.

    VER O DETALLE DO TERMO