"RM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2589.

  • Que ten forma de culler.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colección privada de constitucións imperiais romanas aparecidas entre o 292 e o 295. Realizada polo xurista Hermóxenes, supón unha actualización do Código Gregoriano. O texto inclúese na tendencia para a estabilización do dereito romano, que culminou con Diocleciano e que responde á necesidade de facilitar un instrumento de emprego doado para os que practicaban o dereito. Coñécese por fragmentos e citas doutras obras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e arqueólogo portugués. Licenciado en Teoloxía en 1965, doutorouse nas especialidades de Prehistoria e Arqueoloxía en 1987 na Universidade do Porto. Profesor nesta universidade, especializouse en epigrafía e a Idade do Ferro no NO peninsular. Colaborador habitual das revistas Arqueologia, Gaya, Poligrafia e Portugalia, é director da revista Lucerna. Entre as súas obras sobresaen A idade dos metais em Portugal (1983), A cultura castreja no noroeste de Portugal (1986), Idade do Ferro em Portugal (1990), As origens do Porto (1994) e Portuguese Castros: the evolution of the habitat and the proto-urbanisation process (Castros portugueses: a evolución do hábitat e o proceso de protourbanización, 1995). Realizou a catalogación do material arqueolóxico do Museu Municipal de Etnografia e História de Póvoa de Varzim. Foi vogal da comisión nacional de arqueoloxía, membro da comisión científica internacional para o val do Côa, director do Instituto de Arqueologia da Universidade do Porto...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo alemán. Fundou a escola neokantiana de Marburg. O seu pensamento, idealista obxectivo ou crítico que resolve o problema da dualidade do pensamento e do obxecto mediante a súa identificación, está exposto na súa obra principal, System der Philosophie (Sistema de Filosofía), dividida en tres partes: Logik der reinen Erkenntnis (Lóxica do coñecemento puro, 1902), Ethik des reinen Willens (Ética da vontade pura, 1904) e Aesthetik des reinen Gefühls (Estética do sentimento puro, 1912).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista trimestral que se editou a partir de marzo de 1991 en Vigo. Trátase dunha publicación bilingüe que dirixiu José Piñeiro González. Entre os colaboradores figuraban Mª Carmen Avendaño, Lalo Vázquez, Pedro Sieiro, José Domingo, Delfín Fernández, Pascual Madoz e Tito Giráldez. Tratou diversos temas (educación, ecoloxía, problemas da droga, servicios de interese cidadán, etc). Incluía tamén un cómic de Nelly Pérez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á enfermidade que presenta características semellantes ao cólera, especialmente cando se trata de diarrea.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten aspecto ou morfoloxía de colibacilo.

      1. Relativo ou pertencente aos coliformes.

      2. Bacteria do grupo dos coliformes.

      3. Grupo heteroxéneo de bacilos Gram-negativos de procedencia xeralmente intestinal e que, desde o punto de vista sanitario, teñen como carácter diferencial a fermentación da lactosa en menos de 48 horas, incubados a 37°C. Pertencen á familia das enterobacteriáceas e, concretamente, aos xéneros Escherichia, Aerobacter, Klebsiella e Citrobacter, que se diferencian pola serie de probas bioquímicas chamada IMVIC.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos coliformes.

    2. Ave da orde dos coliformes.

    3. Orde de aves que comprende individuos de pequenas dimensións, con mobilidade no terceiro e no cuarto dedo das patas, de maneira que se poden dirixir cara a adiante ou cara a atrás, indiferentemente. Viven na zona tropical de África. Está representada por unha única familia, a dos cólidos, que engloba dous xéneros: Colius e Urocolius.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo alemán. Estudiou filoloxía na Universidade de Göttingen (1875-1879) e na Universidade de Berlín (1871-1882). En 1886 foi profesor asociado de alemán e no 1897 profesor de filoloxía comparada e de lingua alemá no Bryn Mawr College (Philadelphia). En 1907 conseguiu a cátedra de Filoloxía Xermánica na Johns Hopkins University. Estudioso da filoloxía indoeuropea, tamén investigou os dialectos gregos. Entre 1884 e 1915 editou, xunto con outros colaboradores, unha colección de inscricións dialectais gregas. Publicou, entre outras obras, Die Entstehung der indoiranischen Palatalreihe (1879), Die Flexion der Nomina mit dreifacher Stammabstufung im Altindischen und im Griechischen. Erster Teil (1885) e Das schwache Präteritum und seine Vorgeschichte (1912).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo. Estudiou temas de dialectoloxía, lingüística histórica e descritiva, lexicografía e etimoloxía. Editou textos antigos, como o Llibre d’hores (1960), e, en colaboración con outros autores, Furs de València (1970-1990) e o Llibre del Consolat de Mar (1981-1987). Do ano 1954 ao 1964 foi colaborador e redactor do Französisches Etymologisches Wörterbuch, de Walther von Wartburg. Publicou El léxico catalán en la Romania (1976), La llengua catalá en els seus textos (1978), Español y catalán, juntos y en contraste (1989). En colaboración con A. Soberanas preparou o estudo e a edición do dicionario latín-castelán de Nebrija (1979-1987) e un Panorama de la lexicografia catalana (1986). Foi presidente da Associació Internacional de Llengua i Literatura catalanes (1976-1982). É membro correspondente dende 1966 do Institut d’Estudis Catalans, e recibiu o premio de Honor das Lletres Valencianes (1988).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos columbiformes.

    2. Ave da orde dos columbiformes.

    3. Orde de aves de patas curtas, bico co ápex córneo, groso e un pouco curvado, e coa base dunha pel suave que cobre os orificios nasais. Son case cosmopolitas, coa excepción das rexións circumpolares. Engloba a familia dos colúmbidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro. Estudiou Enxeñería de Camiños en Madrid, e ocupou, en 1866, a praza de enxeñeiro auxiliar no estaleiro da Mariña en Ferrol e de profesor de Física e Xeometría na Maestranza. Na cidade departamental desenvolveu unha notable actividade social e cultural. Como enxeñeiro destaca pola proxección e dirección da construción do dique da Campá do Arsenal ferrolano, rematado en 1879, a obra de enxeñería máis importante do século XIX en Galicia. Nomeado xefe do estaleiro, realizou as primeiras experiencias telefónicas coa instalación das liñas para comunicar o arsenal e a capitanía. Participou en congresos científicos internacionais e publicou, entre outras obras, Curso práctico de construción naval (1868), texto que obtivo unha medalla na Exposición maritíma de Barcelona, e Los castillos feudales de Moeche, Narahío y Andrade (1903).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Documento que trata os puntos máis controvertidos das doutrinas luteranas, asinado en 1577 como confesión de fe, para manter a unidade dentro do luteranismo. Publicado en 1580 baixo o título de Libro da Concordia, considerouse como a carta relixiosa da maioría das igrexas luteranas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Coñecida co pseudónimo Florentina del Mar, estudiou maxisterio na Escuela Normal de Murcia e Filosofía e Letras na Universitat de València. A súa nenez transcorreu entre a súa cidade natal, Melilla, onde viviu entre 1914 e 1920, e en 1939 instalouse en Madrid. Exerceu a docencia no Instituto de Estudios Europeos e na cátedra Mediterráneo da Universitat de València en Alacant. Colaboradora con RNE e La Estafeta Literaria, xunto co poeta Antonio Oliver Belmás fundou e dirixiu a Universidad Popular de Cartagena e o Archivo Semanario de Rubén Darío na Universidad de Madrid. Da súa produción destacan, entre outras obras, os poemarios Júbilos (1934), Pasión del verbo (1944), Ansia de la gracia (1945), Mujer sin edén (1947), Vivientes de los siglos (Premio Internacional de Poesía Simón Bolívar, 1954), Derribado arcángel (1960), A este lado de la eternidad (1970), Corrosión (1975) e Cráter...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Estudiou maxisterio e oficialía industrial. Profesor de escultura en Houston (EE UU), comezou a expoñer en Ourense en 1971. Inicialmente, a súa obra acadou un certo expresionismo con figuras tendentes á deformación; posteriormente realizou personaxes voluminosas de carácter realista. Entre as súas obras destacan as cabezas monumentais de Valle-Inclán e Suárez Ferrín (A Coruña) e de Pablo Iglesias (Ourense), Caronte para o Parque Escultórico Torre de Hércules (A Coruña), o Monumento ao traballo (Vigo, 1991) e A Pementeira (Padrón, 2001). Realizou exposicións nas principais cidades galegas, en Madrid e Barcelona, e participou en diversas mostras colectivas, como as bienais de Pontevedra ou as exposicións do ministerio de Cultura. Ten obra en diversos museos de Galicia, Madrid e Sudamérica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unión política que agrupou entre 1815 e 1866 os estados alemáns. Creouse no Congreso de Viena (1815) para manter o equilibrio pola influencia de Austria e de Prusia sobre os pequenos estados alemáns, e para evitar que se formase un país unificado baixo a hexemonía prusiana. Formárona 38 estados soberanos: un imperio (Austria), cinco reinos (Prusia, Baviera, Hannover, Saxonia e Württemberg), oito grandes ducados, dez principados, dez ducados e catro cidades libres (Frankfurt do Main, Hamburgo, Bremen e Lübeck). A presidencia honorífica correspondeu ao emperador de Austria. Participaron tamén o rei de Holanda, como duque de Luxemburgo, o de Dinamarca, como duque de Holstein, e o de Inglaterra, como rei de Hannover. O seu órgano de goberno máis importante foi a Dieta de Frankfurt. Austria velou polo mantemento da Confederación e suprimiu con fortes represións toda tentativa liberal. A tendencia dos estados alemáns cara á unificación favoreceuna Prusia; un primeiro paso foi a unión aduaneira...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que pode ser confirmado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de confirmar ou confirmarse.

    2. Aquilo que confirma ou proba algo.

    3. Sacramento que completa a acción do bautismo que, xunto coa comuñón eucarística, forma a iniciación cristiá. A súa significación e eficacia céntrase no don do Espírito Santo para confirmar o crente na fe do bautismo e con vista á misión que, como membro da Igrexa, ten no mundo. O ministro ordinario é o bispo. Na Igrexa latina, o rito consiste na imposición das mans e na unción coa crisma. Desde 1971, a unción está acompañada das palabras: “N., recibe o signo do don do Espírito Santo”.

    4. Documento declarativo de vontade unilateral emitido pola persoa que, estando lexitimada para executar a acción de anulación dun contrato, manifesta a súa vontade de renunciar a tal impugnación. Mediante a confirmación, o contrato inválido valídase e produce todos os seus efectos como se nunca fose defectuoso. Pódense confirmar os actos anulables por algunha das seguintes causas: falta de plena capacidade para obrar; existencia de vicios na manifestación da vontade; ou falta de consentimento do consorte, no caso de que este sexa necesario de acordo co réxime matrimonial para os actos realizables por un dos cónxuxes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de confirmar ou confirmarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen confirma.

    2. Persoas que realizan un acto xurídico de confirmación. Desde a Idade Media son os signatarios (confirmantes) dos diplomas que achegaban un contexto solemne e cualificado á actio documental. O número de confirmadores variou segundo as chancelerías, de xeito que nalgúns diplomas merovinxios aparecen ata corenta. No ordenamento xurídico contemporáneo teñen lexitimación para efectuar actos de confirmación os que no momento de contratar non tiñan capacidade de obrar ou a tiñan reducida, aqueles que sufriran vicios no consentimento, e o cónxuxe cando sexa preceptivo o seu consentimento para a realización dun acto polo seu consorte.

    VER O DETALLE DO TERMO