"Rei" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1485.

  • ILLOTES

    Illote situado fronte á beira sudoccidental da illa de Ons, no litoral da parroquia da Illa de Ons, no concello de Bueu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Bóveda baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo priorado que pertenceu ao mosteiro de Samos no s XVIII. Estivo situado na parroquia do mesmo nome do concello de Bóveda.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Caída de auga dende unha altura provocada polo desnivel da canle dun río.

    2. freixo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae por armas, en campo de sinople, unha faixa de azul, perfilada de ouro, acompañada, no alto, dunha flor de lis, de prata, e no baixo, dunha estrela, de ouro. Recóllese adoito coa forma castelanizada Freijanes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae por armas, en campo de ouro, unha cruz flordelisada de goles, cargada no centro dunha panela, de ouro, e cantonada de catro panelas, de goles; bordo de goles, con oito aspas, de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar poboado de freixos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Profesor na Escola Superior de Arquitectura da Coruña, fundou, xunto con Iago Seara, Obradoiro de Arquitectura. Entre as súas obras destacan a restauración do mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil, a sede da Cruz Vermella da Gudiña (1990) e o centro de saúde do barrio da Ponte en Ourense (1993). Xunto con Iago Seara construíu tres vivendas unifamiliares en Derrasa (Ourense, 1979-1983) e con María Xesús Blanco e Fernando Blanco rehabilitou a antiga residencia de profesores das escolas de Carballiño para casa da cultura (1980-1983). Colaborou en Cadernos de psicoloxía, Obradoiro, On diseño e no Boletín académico da ETSA da Coruña e no catálogo Retratos Eduardo Núñes: dez anos da vida cultural en Ourense (1999). Recibiu, entre outros galardóns, o primeiro premio no concurso de vivendas sociais da provincia de Ourense (1980), o primeiro premio provincial e o encargo do proxecto Basilio no concurso nacional Interprovincial de anteproxectos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sacerdote xesuíta e escritor. Estudiou humanidades en Salamanca, filosofía na Universidad de Comillas, teoloxía no Alma College de San Francisco, e psicoloxía na Universidad de Los Angeles e na University of New York. Fundador do movemento da Juventud Cristiana (JOC) en San Juan de Puerto Rico, é autor de diversas obras sobre mística cristiá, fenomenoloxía paranormal e seres e fenómenos extraterrestres, como Mi Iglesia duerme (1968), que lle valeu a expulsión da orde xesuíta; Por qué agoniza el cristianismo? (1983), Defendámonos de los dioses! (1984), El cristianismo, un mito más (1986?), La granja humana (1990) e, en galego, Un galego chamado Cristóbal Colón, redescobridor de América (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Santa Comba baixo a advocación de san Fins.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Parroquia do concello de Vigo. baixo a advocación de San tomé.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Filólogo. Profesor titular da área de filoloxía galego-portuguesa na facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña, centra a súa investigación tanto na lingüística coma na literatura galega. Participou na dirección do Proxecto Galbreus da AS-PG (2001-2002) sobre a situación do galego, éuscaro e bretón no ensino secundario e, desde 2002, actúa como delegado galego na Axencia Europea para as linguas menos estendidas (European Bureau for Lesser Used Languages, EBLUL). Foi membro da comisión científica da Historia da literatura galega. Cómpre destacar as súas obras Da montaña o corazón (1993, Premio Ánxel Fole), Antonio Noriega Varela. Estudio e edición da obra completa (1994), Rafael Dieste (1995), Os diminutivos en galego (1996), Sebastián Martínez-Risco, ensaísta e poeta (Obra inédita e esquecida) (1996), Antoloxía da prosa literaria medieval (1996), Lingua galega: normalidade e conflito (1997), Gramática da Lingua Galega I. Fonética e fonoloxía (1998), Gramática da Lingua Galega III....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pequena praia da beira oriental da illa de Monteagudo, situada ao S da praia de Figueiras, no arquipélago das Cíes, na parroquia das Illas Cíes, concello de Vigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Larouco baixo a advocación do Sagrado Corazón de Xesús.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae por armas, en campo de sinople, dúas panelas de ouro, postas en pao. Outra variante leva, escudo losanxado, de ouro e goles. Tamén se recolle coas variantes Freigedo, Freigido, Freijedo e Freijido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Parroquia do concello de Petín. baixo a advocación de Sagrado corazón de xesús.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Navia de Suarna baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Árbore caducifolia do xénero Fraxinus, da familia das oleáceas, de follas imparipinnadas divididas en folíolos oblongos, de bordo finamente aserrado e froitos en sámara, dispostos en pedúnculos e que permanecen na árbore trala caída da folla. En Galicia están presentes dúas especies: F. angustifolia, de ata 10 m de altura, coa codia fisurada e gromos de cor acastañada, con folíolos sésiles de 3 a 7 cm de lonxitude; e F. excelsior, de ata 20 m de altura, coa codia rugosa e gromos negruzcos con folíolos de 5 a 10 cm de lonxitude, sen apenas pecíolo, é dicir sentados. Teñen unha madeira branda, e a infusión da casca emprégase en medicina tradicional como antipirética e reconstituínte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Torta de masa grosa semellante á filloa feita con fariña, especialmente milla, leite e ovos. Nalgunhas zonas de Galicia, unha vez feita a filloa, pásase pola tixola con aceite.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Celanova baixo a advocación de santa Cristina.

    VER O DETALLE DO TERMO