"dis" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 645.

    1. de predispoñer ou predispor.

    2. Que está influído na súa actitude por algo ou alguén.

    3. Que é proclive a algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que fai propaganda, especialmente en materia política ou ideolóxica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á propaganda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade hereditaria, causada por unha resposta deficiente dos tecidos periféricos á acción da hormona paratiroidal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mu ḥ āfaa de Iraq (8.153 km2; 595.600 h [estim 1991]). A súa capital é Al-Dīwanīya (196.519 h [1987]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pregunta (‘onde vas?’) que, segundo a lenda, Pedro, fuxitivo da prisión, dirixiu a Xesús Cristo, aparecido no camiño, ao que respondeu: ‘A Roma, para ser novamente crucificado’. Pedro, avergoñado, volveu a Roma para sufrir alí o martirio. A frase popularizouse pola novela homónima de Henryk Sienkiewicz (1849) e as súas adaptacións cinematográficas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Revolucionario, escritor e pensador. Expoñente da mocidade ilustrada, demócrata e revolucionaria da época, escribiu Putešestvije iz Peterburga v Moskvu (Viaxe de Peterburgo a Moscova, 1790), que inclúe o poema revolucionario “Vl’nost’” (A liberdade).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de redistribuír.

    2. Sistema de intercambio en que os produtos de traballo dun grupo de individuos se centralizan, se clasifican e se reparten equitativamente entre produtores e non produtores.

    3. Modificación que afecta a unha determinada distribución de bens ou rendas, como consecuencia da intervención do estado, que ten por finalidade diminuír a especulación, favorecer aos consumidores ou facer crecer a produtividade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Distribuír unha cousa de xeito diferente a como estaba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao tratamento honorífico dado aos bispos e ás altas dignidades eclesiásticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar da parroquia de Rendal, no concello de Arzúa, situado á beira do Camiño Francés de peregrinación a Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada sobre o río Iso en Rendal (Arzúa), situada no Camiño Francés de peregrinación a Santiago. De orixe medieval, foi realizada en cantaría e xisto e ten un só arco de medio punto. Nas súas proximidades sitúanse os restos dun antigo hospital de peregrinos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político checo. Foi membro do goberno do conde de Thun e foi partidario dunha federación con Austria. Deputado (1861-1863), asistiu ao congreso paneslavo de Moscova.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cerceda baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Lalín baixo a advocación de san Xiao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Rodís (Lalín). O seu cumio acada os 507 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista e crítico literario grego. Dirixiu a Biblioteca Nacional de Atenas (1880) e valorou a poesía popular e a obra dos poetas da escola xonia. Escribiu a novela histórica A papisa Xoana (1865).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos rudistas.

    2. Individuo do grupos dos rudistas.

    3. Grupo de lamelibranquios de cuncha robusta e asimétrica, que apareceron no Xurásico Superior e foron particularmente abundantes no Cretáceo, na fin do cal se extinguiron. Unha das valvas tiña habitualmente forma de cono e fixábase ao fondo mariño e a outra servía de opérculo. Atópanse agrupadas en colonias en compaña de corais e algas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante e músico. Considerado como un dos máis destacados guitarristas franceses do s XX, formouse con Henri Salvador. Especializouse en jazz e foi amante da música de Gillespie. En 1955 editou en Francia o disco French New Sound, xunto a L. Hampton. Co tempo interpretou as súas propias cancións, que o converteron nun cantante recoñecido internacionalmente. Co seu álbum Dédicaces (1991) recompilou algunhas das máis coñecidas cancións de amor francesas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Modalidade de comportamento sexual caracterizada polo feito de que o exercicio e satisfacción erótica e sexual é provocada polo sufrimento físico infrinxido a outro. O termo, introducido por Richard von Krafft-Ebing (1840-1902), alude ao marqués de Sade, algúns de cuxos personaxes literarios tipifican este comportamento. Psicoloxicamente o sadismo considérase por algúns como un comportamento primario -reacción, vinculada ao estadio anal, de impulso, de destrución e da agresividade do suxeito (secundariamente dirixida, no masoquismo, contra el mesmo)-, mentres que outros a teñen como a derivación dun primitivo masoquismo. A relación entre sadismo e masoquismo é tal que a miúdo aparecen asociados.

    2. Compracencia no sufrimento dos demais.

    VER O DETALLE DO TERMO