"rot" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 672.

  • FILOSOFOS

    Filósofo alemán. Ensinou unha filosofía da vida construída sobre o estudo do home e as súas relacións co mundo. Desenvolveu unha antropoloxía cultural baseada no positivismo, o relativismo e o historicismo. Escribiu Logik und Systematik der Geisteswissenschaften (Lóxica e sistemática das ciencias do espírito, 1926), Geschichtsphilosophie (Filosofía da historia, 1934), Probleme der Kulturanthropologie (Problemas de antropoloxía cultural, 1942) e Mensch und Geschichte (Home e historia, 1944).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do condado metropolitano de South Yorkshire, Inglaterra, Reino Unido, no antigo condado de York. Está situada a 10 km ao NL de Sheffield (248.175h [2001]). É un importante centro siderúrxico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor letón. En 1931 emigrou a EE UU, instalouse en Nova York en 1925 e naturalizouse estadounidense. Practicou unha pintura expresionista e unha obra abstracta con formas biomórficas de inspiración surrealista. A partir de 1947 centrouse na investigación das formas puras e a cor. Destacan Orange and yellow (1956) e White over red (1957)

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FAMILIAS

    Familia de banqueiros e financeiros xudeus, orixinaria de Frankfurt, que constituíu unha gran potencia económica durante o s XIX. O fundador foi o cambista Mayer Amschel Rothschild (Frankfurt 1743-1812), banqueiro de Guillerme I de Hessen, que financiou o equipamento do seu exército na guerra contra Napoleón. Controlaron unha boa parte dos ferrocarrís europeos e mesmo estadounidenses, así como moitas empresas de diferentes sectores. A finais do s XIX comezou o seu descenso económico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo. Formado con Roy Stryker, na década de 1930 traballou para o Goberno americano na Farm Security Administration, documentando a Gran Depresión na poboación americana. En 1940 comezou a traballar para Look, onde foi director de fotografía (1946-1971). Editor de Infinity (1971) e coeditor de Parade Magazine, foi tamén autor de Vision Shared: The Words and Pictures of the FSA Photographers 1935-1943 (1976) e Depression Years: a Photographer by Arthur Rothstein (1979).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos rotíferos.

    2. Metazoo do filo dos rotíferos.

    3. Filo de animais metazoos triploblásticos, non metaméricos, con simetría bilateral. Presentan formas variables e pequenas dimensións, sendo a maioría microscópicos. O corpo consta dunha cabeza, un tronco e un pé cónico, e está recuberto por unha cutícula de escleroproteína, ríxida, cunha coroa ou un órgano rotatorio, constituído por un anel de cilios, cun movemento ondulatorio que fan mover o animal e atraen partículas alimentarias e organismos vexetais e animais. O pé bifúrcase tipicamente en dous dedos, que poden ser utilizados para a locomoción reptante. Teñen unha glándula que segrega un líquido que lles permite adherirse ao substrato. A maioría destas especies son peláxicas de auga doce, sobre todo bentónicas, podendo enquistarse por falta de humidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo usado, sobre todo en Europa Central, para designar a parte inferior e media do Permiano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de romper.

    2. Que rompeu.

    3. Furado ou esgazadura dunha tea, papel ou material semellante.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Procedemento para obter gravados en profundidade que constitúe unha variante fotomecánina da augaforte, en que unha prancha de cobre é gravada quimicamente a través dunha capa de xelatina fotosensible, con dicromato potásico, que leva impresionada a imaxe.

    2. Impresión obtida polo procedemento do rotogravado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reproducir por medio do rotogravado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘festa’.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Construción, probablemente derivada de modelos da época clásica como o heroon, illada e con sistema central, que a miúdo está circundada por unha columnata.

      2. Cuarto de planta circular e usualmente cupulado.

      3. Escala central e circular típica da arquitectura civil do Renacemento veneciano.

      1. Praza, terraza ou construción similar con forma máis ou menos circular.

      2. Intersección de vías que presenta un illote circular central, arredor do que hai unha calzada na que conflúen as das vías afluentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Parte móbil dun aparato, dunha máquina ou dun dispositivo xiratorio, que vira nun mecanismo, en contraposición ao estator.

      2. Árbore das turbinas de gas, que vira impulsada pola enerxía que lle ceden os gases que, procedentes da cámara de combustión, atravesan en sentido radial a serie de coroas de penlas tanxenciais das que vai provisto.

    1. Conxunto formado polos planos de sustentación rotatorios ou paletas, a súa árbore de rotación e os dispositivos reguladores do ángulo de ataque das aspas e da inclinación do plano de rotación, que asegura a sustentación nos xiroavións.

    2. Mecanismo naútico formado por un cilindro oco que rota arredor dun mastro que lle serve de eixo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cadro que consiste na ictericia crónica, de carácter familiar, ocasionado por un trastorno de excreción de bilirrubina conxugada polos hepatocitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia das Maus (Vilar de Barrio). O seu cumio acada os 800 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta francés. Foi autor dunha abundante produción dramática, da que destacan as traxedias Belisaire (1643) e Saint-Genest (1646), e a traxicomedia Venceslas (1647).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Inventor húngaro. En 1938 descubriu o proceso de difusión e transferencia para fotografías, con aplicación no revelado instantáneo de negativos fotográficos. Inventou tamén a primeira fotocopiadora.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor alemán. Foi discípulo de Johann Donauer. Residiu en Italia, onde recibiu a influencia de Il Veronese e a da cor da escola veneciana, aínda que as súas obras denotan a influencia do manierismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Holanda Meridional, Países Baixos (592.673 h [2000]). Está situada a ambos os dous lados do Nieuwe Maas, ao S do Sheur, onde se abre o canal de Nieuwe Waterweg, e forma parte do organismo público e administrativo Rijnmond. É o primeiro porto mundial en tonelaxe anual de mercadorías embarcadas, e a segunda cidade dos Países Baixos, despois de Amsterdam. Case completamente destruída polos bombardeos durante os primeiros días da invasión alemá (1940), a súa restauración na posguerra, coa construción de dársenas novas, fixo de Rotterdam un porto de acceso máximo. O primitivo porto de pesca viviu durante a Guerra dos Oitenta Anos (ss XVI-XVII) a primeira grande expansión portuaria entre a cidade, o río e a desembocadura do Rotte. Pouco a pouco dirixiu as súas actividades comerciais cara a Francia e Inglaterra, e foi centro (s XVII) de inmigración de flamengos e alemáns. O desenvolvemento da rexión mineira do Ruhr fíxoa evolucionar, e converteuse nun porto de transbordo e de tránsito....

    VER O DETALLE DO TERMO