"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Duración relativa dos períodos de claridade e de escuridade diarios a que están sometidos os organismos. Nas plantas, o pigmento responsable da resposta ao fotoperíodo é o fitocromo. O fotoperíodo inflúe sobre moitos procesos fisiolóxicos das plantas, como na floración; así, as plantas que se denominan de día longo necesitan un mínimo de horas de claridade para que exista unha elevada proporción de fitocromo activo, que é o que lles permite a síntese da xiberelina; as plantas de día curto, por contra, non poden sobrepasar un máximo de horas de claridade, pois para florecer necesitan un baixo contido de fitocromo. O fotoperíodo tamén induce ou inhibe a xerminación das sementes na maioría dos casos. Nos animais o fotoperíodo inflúe sobre procesos fisiolóxicos como a cría, a madurez sexual ou a migración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • isión que ten lugar cando interveñen esencialmente os conos da retina como receptores principais, como cando existen niveis de iluminación elevados. As cores identifícanse grazas a este tipo de visión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á fotopía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento que se utiliza para medir ou transformar a enerxía radiante mediante o efecto fotovoltaico. Tamén se denomina célula fotovoltaica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Plano fotográfico elaborado reunindo fotografías aéreas, que foron previamente reducidas utilizando unha mesma escala (ortofotoplano).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudio das pegadas das plantas dos pés, moi útil para a diagnose e a avaliación do pé plano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Protón emitido nunha fotodesintegración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de sensacións visuais, como chispas ou relampos, que teñen como causa unha excitación non lumínica da retina ou das vías e dos centros ópticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Parte da química que ten por obxecto o estudo da interacción entre un fotón e unha molécula, cos cambios físicos e químicos que resultan. As reaccións fotoquímicas teñen lugar en moléculas nos seus estados electrónicos excitados. En fotoquímica interesan os fotóns de lonxitude de onda (λ) entre 200 e 800 nm, por dúas razóns: en primeiro lugar, porque o contido enerxético destes fotóns equivale á diferenza de enerxías que existe entre o último orbital ocupado e os primeiros non ocupados da maior parte das moléculas; por tanto, a súa absorción promove un electrón e varía o estado electrónico da molécula, á que se chega nun nivel vibratorio excitado (principio de Franck-Condon); e en segundo lugar, porque esta marxe de λ constitúe a irradiación máis corrente: fontes luminosas de mercurio e a radiación solar. O proceso de absorción ten lugar sempre que a separación enerxética entre o estado fundamental e o estado excitado coincida coa enerxía do fotón, é dicir:

    FORMULA

    Eestado...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á fotoquímica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase a calquera órgano ou a calquera estrutura capaz de captar a luz. Xeralmente teñen un pigmento sensible que cando capta a luz provoca un estímulo nervioso. O ollo ou o estigma dalgúns protozoos son exemplos de fotorreceptores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Resistencia que presenta un valor variable en función da luz incidente, que se emprega como fotodetector.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sensibilización dun organismo ou dunha substancia á influencia da luz.

    2. Fenómeno que se produce na pel anormalmente sensible ás radiacións luminosas ocasionado pola presenza nos tegumentos de substancias que actúan por fotocatálise.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome xenérico das substancias que catalizan as reaccións fotoquímicas en presenza de luz. Estas substancias excítanse pola acción da luz e transfiren a súa enerxía aos reactivos. O cloro, os vapores de mercurio e de cadmio e a clorofila son fotosensibilizadores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é sensible á luz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sensor sensible á luz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capa da superficie do Sol da que proveñen case todas as radiacións solares que chegan á Terra. Constitúe o disco visible do Sol, que é o disco luminoso que se pode observar en condicións normais. Ten unha profundidade duns 400 km. A temperatura nas rexións máis profundas é de 7.500°K, pero diminúe, ata que chega a un valor de 4.700°K nas rexións máis externas. As zonas máis profundas da fotosfera mestúranse cunha rexión dunha grande opacidade onde predominan os movementos de convección, que se denomina zona de convección. A superficie non perturbada da fotosfera ten unha estrutura granular; os elementos desta estrutura son uns polígonos ou celas de forma irregular que teñen unha largura de 300 a 1.500 km, separados entre eles por estreitas faixas de coloración máis escura. Moi a miúdo a superficie da fotosfera pertúrbase por procesos que se orixinan no interior do Sol e pódense observar formacións claramente máis escuras ca as das rexións que as envolven, denominadas manchas solares, que...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Conxunto de reaccións que realizan diversos procariotas, cianobacterias e algunhas bacterias, e todas as plantas verdes para sintetizar compostos orgánicos, mediante a enerxía lumínica, a partir do dióxido de carbono e auga. A fotosíntese ten lugar grazas á existencia de pigmentos específicos nos cloroplastos (bacterioclorofila e clorofilas como pigmentos principais, e carotenos e ficobilinas como accesorios), capaces de absorber a enerxía e de transmitila á clorofila. As moléculas de pigmento con capacidade de transformar a enerxía lumínica en enerxía química constitúen os centros de reacción. Moitas moléculas de pigmento soamente transportan a enerxía que absorben ata o centro de reacción e constitúen unha pantalla. O conxunto centro de reacción-pantalla denomínase unidade fotosintética, no que por cada molécula do centro de reacción existen unhas 300 de pantalla. Cada unidade fotosintética vai asociada a cadeas enzimáticas que reciben a enerxía que absorbe o centro de reacción e a transforman...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á fotosíntese.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que fotosintetiza.

    VER O DETALLE DO TERMO