"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Aplícase a unha propiedade ou a un procedemento que permite definir un functor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Propiedade de ser functorial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundación creada polo pintor Antoni Tàpies en 1984 para o estudo da arte contemporánea. En 1990 inaugurouse a súa sede no edificio da antiga editorial Montaner i Simon de Barcelona. As súas actividades céntranse na investigación artística e na organización de exposicións, seminarios, conferencias, concertos e actividades culturais de arte contemporánea. A biblioteca está especializada en arte de culturas non occidentais e arte do s XX e ten un arquivo exhaustivo sobre o pintor Tàpies.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundación sen ánimo de lucro que se constituíu o 9 de agosto de 1999 trala firma dun protocolo entre o conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, o alcalde de Santiago de Compostela e Antonio Fraguas Fraguas. Ten como espazo e referencia o Museo do Pobo Galego e o seu patrimonio está constituído polas achegas dos patróns e socios do Museo. Entre os seus obxectivos inclúense a conservación e dinamización do legado patrimonial que Antonio Fraguas reuniu ao longo da súa carreira, para incrementar a investigación, a divulgación e a conservación dos lugares da memoria de Galicia, así como asegurar que o Museo do Pobo Galego poida cumprir adecuadamente os seus fins.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundación sen ánimo de lucro constituída en Ribadavia durante os días 4 e 5 de maio de 1998 por acordo da Asociación Coordinadora Festa da Istoria. Entre os seus obxectivos destacan a contribución á dinamización cultural e social e á expansión económica do seu contorno; colaborar na mellora e fomento das zonas monumentais, así como na recuperación histórica de monumentos e edificios, e contribuír á promoción turística con actividades que promovan o interese pola comarca. Despois da aprobación dos estatutos polo Concello de Ribadavia o 28 de maio de 1998, estableceuse un padroado como órgano de goberno e representación formado por un mínimo de 10 membros baixo a presidencia do alcalde de Ribadavia. Os vocais distribúense entre os representantes da asociación coordinadora Festa da Istoria, que contan con dous tercios, e ás entidades, asociacións e empresas que se integren na fundación que se reparten o terzo restante. O padroado elixe entre os seus membros o vicepresidente, o secretario e...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte do edificio soterrada que serve de apoio e soporte para a estrutura do mesmo e que chega a rentes do chan. OBS: Emprégase xeralmente en plural.

    2. Principio ou razón fundamental na que se basea ou sobre a que se constrúe algo inmaterial.

    3. Razón ou motivo xustificado de algo.

    4. Elementos básicos dunha ciencia ou arte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que causa, leva consigo ou constitúe unha desgracia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Eclesiástico e avogado, escribiu Poésies diverses (1655), Roman bourgeois (1666), Voyage de Mercure (1671), Fables morales (1671) e Ditionnaire universel (1684). Tamén fixo un dicionario máis completo ca o da Academie Française, feito que lle valeu a expulsión da institución (1685); como vinganza fixo circular os epigramas Factums.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, e tamén do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘coello’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. furúnculo.

    2. Acción delitiva consistente en apoderarse, con ánimo de lucro, dun ben moble doutro contra a vontade do propietario, sen violencia ou intimidación das persoas e sen forzar as cousas furtadas.

    3. Cousa roubada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción delitiva consistente en apoderarse, con ánimo de lucro, dun ben moble doutro contra a vontade do propietario, sen violencia ou intimidación das persoas e sen forzar as cousas furtadas.

    2. Cousa roubada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de fusilar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Infección producida pola simbiose patóxena de bacilos fusiformes e espiroquetas. Denomínase tamén infección de Vincent.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde ás voces ‘árbore, pau e fungueiro’.

    2. Termo verba dos arxinas, xerga dos canteiros, que corresponde á voz ‘bastón’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Club deportivo portugués. Fundado no Porto o 28 de setembro de 1893, o seu uniforme consta de pantalón azul e camiseta de raias verticais azuis e brancas. O equipo de fútbol proclamouse campión da Copa de Europa na tempada 1986-1987, o que lle permitiu disputar a Supercopa de Europa e a Copa Intercontinental subseguintes, que tamén gañou. Obtivo ademais 18 títulos da liga portuguesa, 11 da Taça de Portugal, 4 campionatos nacionais e 12 supertaças de Portugal. O equipo de hóckey a patíns tamén foi campión de Europa, nas tempadas 1985-1986 e 1989-1990, ademais de vencedor da Recopa de Europa noutras dúas oportunidades (1981-1982 e 1982-1983) e da Supercopa de Europa na tempada 1986-1987. Mantén seccións de baloncesto, balonmán, halterofilia, karate, natación e ximnasia; historicamente tamén acolleu no seu seo disciplinas como atletismo, boxeo, ciclismo, tenis e water-polo. Dende 1995 o club emprendeu un proceso de expansión e diversificación das súas actividades que o levou a crear o Grupo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo musical creado en Lugo en 1972 que emprega a voz como canle de expresión fundamental. No seu repertorio combinan temas de autoría propia con outros de tradición popular e adaptacións de textos poéticos de Manuel María, Darío Xohán Cabana, Marica Campo ou Celso Emilio Ferreiro, entre outros. Moitas das súas cancións céntranse na denuncia da problemática social e cultural galega, con alusións ao mundo do caciquismo, a emigración, etc. Ademais de Galicia, a súa proxección artística estendeuse a outros puntos do estado español, a Portugal e a diversas cidades europeas, como París, Londres, Bruxelas ou Lorient. A súa produción discográfica comezou en 1976, coa edición do disco Fuxan os Ventos; posteriormente gravaron O tequeletequele (1977), Sementeira (1979), Galicia canta ao neno (1978) e Quen a soubera cantar (1981). Os seus compoñentes foron variando e a comezos de 1983 produciuse a última modificación do grupo, coa incorporación dun trío...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Exipto (1922-1936). Sucedeu o seu irmán Husayn Kamāl e en 1922, proclamada a independencia do país, adoptou o título de rei. Aínda que exerceu un goberno ditatorial, tivo un importante papel no renacemento cultural exipcio. Foi acusado de anglófilo, especialmente polo seu enfrontamento co Partido Nacionalista Wafd.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Editor e xornalista. Editor adxunto do Diario 2 de Canal Sur. Colaborador dos semanarios Signo, El Euorpeo, Actualidad Económica e Triunfo, do Diario SP, de El Ideal Gallego (1972-1982), de La Voz de Galicia (1982-1987), de A Nosa Terra e da Axencia Galega de Noticias (AGN), foi director da revista Mancomún (1980-1981) e do Diario de Galicia (1988). Participou na edición do libro Galicia: realidad económica y conflito social (1978), e escribiu, xunto con Manuel Rivas, Informe dunha frustración (1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antonio Esteve Ródenas.

    VER O DETALLE DO TERMO