"ALE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2433.

  • Aria de ópera, curta, de ritmo vivo e lixeiro con variacións, situada no seu período final, dueto ou concerto e que polo xeral pecha unha escena. Trátase dunha forma usual na ópera italiana do s XIX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Baseou o seu academicismo na harmonización suave dos tons e na elegancia convencional das formas. Opúñase ao impresionismo. A súa obra máis coñecida é O nacemento de Venus que presentou ao Salón oficial de 1863 e que mercou Napoleón III. Sobresaíu como retratista coas obras Retrato de Napoleón III (1865) e Autorretrato (1852). Gañou en 1845 o Prix de Rome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa dunha aldea que tiña máis propiedades aforadas ca o resto dos veciños e que recollía e pagaba os foros de toda a comunidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Queixo asturiano de tipo azul elaborado con mesturas de leite cru, principalmente de vaca, con engadidos de leite de ovella e cabra, segundo dispoñibilidade estacional. Está protexido pola Denominación de Orixe. Madúrase en covas naturais situadas en paraxes escarpadas de grande altitude, propias da comarca asturiana de onde procede, dando lugar a un queixo de fina codia e masa semidura veteada (por balorecemento interno co fungo Penicillium glaucum) e pastosa, cun aroma complexo e intenso e cun gusto forte e picante. O callado é mixto, predominantemente enzimático. Haino desde graxo a extragraxo e consómese de semicurado a curado. A súa forma é cilíndrica irregular, cun tamaño moi variable; adoita pesar entre dous e catro quilogramos. Tradicionalmente, envolvíase en follas de pradairo para o seu transporte. O de mellor calidade é o da primavera e verán. Pódese consumir untado en pan ou batido con sidra. Calcúlase unha produción media de 180.000 kg cada ano de maneira artesanal....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio do Principado de Asturias (2.393 h [1996]), bañado polos ríos Cares e Casaño, situado nos somontes dos Picos de Europa. O seu solo é pouco fértil, produce hortalizas, castañeiros e cereais. A gandería redúcese a unhas poucas cabezas de vacún. Son importantes os xacementos de ferro, cobalto e carbón. Na industria destacan as fábricas de materiais de construción. A súa capital é Carreña.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Caixa de madeira ou doutros materiais onde se coloca o morto para enterralo.

    2. Antigamente, especie de angarellas nas que se transportaba os defuntos dende a igrexa ao cemiterio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación en galego aparecida na vila de Foz despois de 1975. De carácter nacionalista, dedicábase á difusión da lingua e da cultura galegas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Emisora radiofónica fundada en 1966 e implantada no ámbito estatal, pertencente á Sociedad Española de Radiodifusión (Cadena SER). Especializada en música e pioneira na “radio-fórmula”, elabora unha lista semanal cos corenta temas musicais de máis éxito no momento baixo o título de Los 40 Principales. Emite, amais, programas informativos musicais, concertos en directo, ou gravados, presentacións de discos e entrevistas a artistas e profesionais da música. Dirixida en Galicia por Anxo Botana (2000), conta cun coordinador en cada unha das delegacións e frecuencias, repartidas por Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo. Canal + e Canal Satélite Dixital emiten a mesma fórmula diaria nun canal temático denominado Cuarenta Principales.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colección de textos dramáticos e outros materiais de carácter teatral que iniciou a súa andaina no ano 1978 co nome de Cuadernos da Escola Dramática Galega. Foi promovida por Francisco Pillado e Manuel Lourenzo como complemento ás actividades educativas da Escola Dramática Galega. Non obstante , perviviu moito máis alá no tempo, chegando ata o ano 1994 con cento cinco números publicados. Entre os obxectivos marcados polos seus fundadores estaba o de facilitar o acceso a textos moi importantes do teatro galego e do teatro universal ao crecente número de persoas interesadas na práctica teatral, ademais de promover a aparición e publicación de textos teatrais breves que, ata o momento, eran moi escasos na literatura galega. Esta publicación, que recibiu a axuda económica de Caixa Galicia, tivo o gran mérito de dar ao prelo importantes obras tanto de autores galegos coma estranxeiros, conseguindo así que saísen á luz obras fundamentais do teatro universal en galego e que se editasen...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Giuseppe Balsamo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director artístico. Traballou nos obradoiros da súa familia antes e despois da Guerra Civil española. Malia os problemas iniciais, engorde se introduciu en distintas producións co apoio das empresas Cinesol, Jesús Saiz e Argos. Despois da súa etapa no cine, a partir de 1972 desenvolveu o seu labor profesional en TVE. Entre as decoracións máis destacadas pódense sinalar os filmes: Calabuch (1956), Bajo el cielo andaluz (1959), España insólita (1964), Las últimas horas (1965) e El Amor Brujo (1967).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor, pintor e debuxante norteamericano. Estudiou enxeñería mecánica e pintura. En 1926 fixo en París un conxunto de figuriñas de madeira e arame articuladas (Circo), que o levaron a facer esculturas de aramio. Máis tarde realizou obras de arte abstracta e os 30 móbiles presentados na Galería Vignon de París en 1932. Cos móbiles relaciónanse outros dous tipos escultóricos destacables na traxectoria artística de Calder: os standing mobiles e os stabiles, que presentan unha longa evolución desde as primeiras esculturas ata as formas monumentais como as do Falcón (1963) ou o Barón (1965). Ademais, fixo ilustracións, decoracións, xoias e fontes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poetisa, narradora e dramaturga. Colaborou na prensa galega, española e americana baixo o pseudónimo Esperanza. Publicou Horas de inspiración (1867), Cuadros sociales o pequeñas novelas (1878) e Crepusculares (1894).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Masa moi fina, en estado líquido, de cal e xeso que se emprega para branquear ou obter baleirados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de calear.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pintar con cal as paredes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Limpar as herbas que hai no rego.

    2. Encher ou tapar o suco con terra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Membro da tribo de Xudá, fillo de Iefuneh, un dos trece enviados por Moisés dende o deserto de Parán para inspeccionar o país de Canaan, a Terra Prometida (doce en representación de cada unha das tribos de Israel e máis Xosué en representación do propio Moisés). Logo da expedición, Xosué e Caleb foron os únicos dos trece que apoiaron a Moisés na proposta de dirixirse cara a ese país, ao enfrontarse á oposición dos demais, que quedaran impresionados polo poderío militar dos cananeos. Segundo a Biblia (Números 14, 24), a confianza de Caleb na palabra de Deus foi recompensada: dos trece exploradores só Xosué e Caleb sobreviviron.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome dado polos romanos ao N da illa de Gran Bretaña, ao N dos estuarios Forth e Clyde. Estaba habitada polos pictos e os caledonios, pobos belicosos, feito que obrigou os romanos a construír o chamado valo de Adriano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Canal de Escocia, que comunica o lago Linnhe, no Océano Atlántico, coa baía Moray, no mar do Norte. Construído por Thomas Telford, cunha profundidade de 5,5 m e unha lonxitude de 95 km, foi aberto en 1822.

    VER O DETALLE DO TERMO