Cadena 40 Principales
Emisora radiofónica fundada en 1966 e implantada no ámbito estatal, pertencente á Sociedad Española de Radiodifusión (Cadena SER). Especializada en música e pioneira na “radio-fórmula”, elabora unha lista semanal cos corenta temas musicais de máis éxito no momento baixo o título de Los 40 Principales. Emite, amais, programas informativos musicais, concertos en directo, ou gravados, presentacións de discos e entrevistas a artistas e profesionais da música. Dirixida en Galicia por Anxo Botana (2000), conta cun coordinador en cada unha das delegacións e frecuencias, repartidas por Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo. Canal + e Canal Satélite Dixital emiten a mesma fórmula diaria nun canal temático denominado Cuarenta Principales.