Cadena

Cadena
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe leonesa oriúnda de Aguilar de Campos, do partido xudicial de Villalón, en Valladolid. Estendeuse por León, Asturias, Galicia e Castela, e unha rama pasou mesmo a México. As súas armas levan un escudo acuartelado: o primeiro cuartel, en campo de goles, cun castelo de prata e unha cadea de ouro pendurada da súa torre; o segundo e terceiro cuartel, en campo de ouro, cun espiño de sinople arrincado; o cuarto cuartel, en campo de prata, con dous lobos andantes de sable, postos un sobre o outro; bordo de azul, con seis castelos de ouro.