Cadena 100

Cadena 100
[COMUN]

Cadea radiofónica pertencente ao grupo de Radio Popular SA-Cadenas de Ondas Populares (COPE), implantada no ámbito estatal en xuño de 1992. Conta con 55 emisoras de Frecuencia Modulada e a súa programación baséase na “radio-fórmula cien”, na que inclúe música e apartados de información diversa, dividida entre contidos de ámbito local e nacional. Semanalmente ofrece a lista musical de éxitos que elabora o equipo de profesionais dirixido por Rafael Revert, nun programa especial emitido os sábados á mañá. Ocasionalmente emite concertos dos grupos máis destacados tanto nacionais coma internacionais. En Galicia posúe distintas frecuencias repartidas entre as vilas de Santiago, Ourense, A Coruña, Lugo, Vigo, Ribadeo e Pontevedra, dirixida por Fernando González Macías (2000).

Palabras veciñas

cadelo -la | cadelucha | Cadena | Cadena 100 | Cadena 40 Principales | Cadena Dial | Cadena Ibérica