"AP" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2743.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción ou efecto de apoxar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empurrar o becerro coa cabeza o ubre da vaca para que lle abaixe o leite. OBS: Pode levar ou non complemento directo.
-
-
Punto da órbita da Lúa, dun satélite artificial ou, segundo a hipótese aparente, doutro astro, que se atopa máis distante da Terra.
-
O punto máis álxido, en canto á importancia ou desenvolvemento que acada algo.
-
Propulsor foguete adaptado a un satélite artificial ou artefacto espacial que se pon en funcionamento cando o vehículo se atopa no apoxeo, proporcionándolle o incremento de velocidade necesaria para transferilo a unha órbita máis afastada.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Famosa estatua de bronce da Antigüidade grega, xa dun clasicismo moi desenvolvido, obra de Lisipo, que representa un atleta no acto de se limpar ou unxir o brazo dereito co cepillo (apoxiomenos). Só se coñecen copias porque os orixinais se perderon.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome dado ao apoastro dos satélites de Xúpiter con relación a este.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Indicación que se adoita colocar enriba do pentagrama e que avisa da conveniencia de realizar unha interpretación apaixonada dun fragmento dunha obra musical.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Protocolo establecido pola compañía estadounidense IBM para comunicacións de tipo SNA entre dous dispositivos do mesmo tipo.
-
PERSOEIRO
Provenzalista alemán e catedrático da Universidade de Breslau. Ademais dunha clásica crestomatía provenzal (1895), é autor de valiosas edicións das obras de Bernat de Ventadorn, Peire Rogier, Bertran de Born, e dos Trionfi de Petrarca.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor neerlandés. No ano 1948 fundou o grupo experimental Reflex e participou na creación do grupo internacional COBRA. En 1954 recibiu o Gran Premio da UNESCO e no 1960 o Guggenheim. Creou interesantes decoracións no edificio da UNESCO en París e na Feira de Bruxelas. En 1991 a Fundación Joan Miró de Barcelona dedicoulle unha exposición antolóxica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático francés. Resolveu algúns problemas de xeometría proxectiva, funcións alxebraicas, ecuacións diferenciais e análise complexa. Contribuíu á constitución do colectivo matemático Nicolas Bourbaki.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
[Apéndice de Probo] Apéndice do tratado gramatical do Pseudo-Probo onde o autor transcribe unha lista de formas latinas, de acordo co xénero “Non digas... di...”, que se escribían incorrectamente ou ben que se consideraban vulgares. Esta listaxe, de grande importancia para o estudo do latín vulgar, cataloga e corrixe 227 palabras, pronunciacións ou fórmulas latinas consideradas como incorrectas. Algunhas destas observacións convén tratalas con precaución, pois o autor non sempre as enmenda conforme ás regras clásicas. Cara ao ano 700, uns monxes da abadía fundada por San Columbano en Bobbio, ao norte de Italia, rasparon un pergameo con textos bíblicos para copiar nel un tratado do gramático Probo, ao que lle engadiron cinco apéndices ou suplementos, o terceiro dos cales é este repertorio de correccións que se deu en chamar Appendix Probi aínda que se descoñece o seu autor. Algúns estudiosos pensan que foi escrito en África e outros, pola contra, inclínanse por Italia, quizais na...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Recompilación de poemas transmitidos baixo o nome de Virxilio. A denominación aparece por vez primeira na edición da escolma feita por I. I. Scaliger (1573). A paternidade virxiliana da recompilación foi recoñecida pola Antigüidade e o Medievo. Poucos cren hoxe na autenticidade de todo o libro: sen dúbida só son virxilianos uns cantos epígrafes (2, 4, 5, 8 e 11); a maioría de textos restantes deberon ser escritos entre os ss I e II d C.
-
-
Documentos inseridos noutras chartae para facelos confirmar polo Rei ou señor xurisdicional.
-
Entre os francos, proceso testemuñal, con garantías xudiciais e de publicidade, que substituía en todo o seu valor xurídico os documentos orixinais perdidos.
-
-
CANTÓNS
Cantón de Suíza, dividido desde 1597 nos subcantóns de Appenzell-Ausser-Rhoden e Appenzell-Inner-Rhoden. Dominado polo macizo de Säntis (2.502 m). Incorporouse á Conferencia Helvética no 1513, pero foi dividido para separar as rexións que aceptaran a Reforma Protestante (Ausser-Rhoden) das que permaneceran no Catolicismo (Inner-Rhoden). A poboación é de fala alemana.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Subcantón de Suíza (243 km2; 54.136 h [estim 1996]). A capital é Herisau (16.000 h [1994]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Subcantón de Suíza (172 km2; 14.833 h [estim 1996]). A capital é Appenzell (5.500 h [1994]).
-
PERSOEIRO
Pasteleiro francés. No ano 1809 gañou o premio de doce mil francos ofrecido por Napoleón a quen solucionase o problema da conservación dos alimentos para os seus exércitos, e no 1810 publicou o resultado dos seus traballos. Ao establecer que un tratamento térmico axeitado nun recipiente hermético é un metodo seguro para a conservación dos alimentos asentou as bases da industria conserveira. As bases teóricas do seu sistema non foron comprendidas dun xeito coherente ata anos máis tarde, para o que foron fundamentais as contribucións de Pasteur.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Técnica de conservación dos alimentos inventada por Nicolas François Appert. Consiste en someter ao baño maría durante un tempo determinado, variable para cada produto e para cada medida de envase, un alimento contido nun recipiente hermético. Modernamente, as técnicas de conservación por calor evolucionaron e modificouse o sistema proposto por Appert. O termo appertización substituíuse polo máis exacto de esterilización.
-
PERSOEIRO
Director de escena e escenógrafo suízo. Exerceu unha grande influencia na ruptura co Naturalismo, na desaparición progresiva dos panos pintados e no desenvolvemento da investigación do deseño do espazo escénico e das interaccións entre este, a música, a luz e o corpo dos intérpretes. Tentou con escenografías case que abstractas, conciliar espazo e tempo mediante recursos de movemento e ritmo, de luz e cor. Colaborador de Emile Dalcroze, un dos máis firmes promotores da Expresión Rítmica e Corporal (Euritmia), tamén compartiu inquietudes con Gordon Graig e Jacques Coupeau verbo da necesidade da reforma teatral. Escenificou o seu admirado Wagner. Tamén escribiu libros teóricos como L’oeuvre d’art vivant (1921).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Eppan An Der Weinstrasse.