"Bo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4083.

  • Situado en Santa María de Quiexas, concello de Cerceda, ten planta rectangular. O corpo superior presenta ventás tapiadas con montante. No s XVI os Becerra eran propietarios da antiga torre de Boedo. A cheminea é do s XVIII. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Óxido de aluminio hidratado, de fórmula AIO(OH). Mineral constituínte das bauxitas e lateritas. Cristaliza no sistema rómbico, en cristais brancos. Ten unha dureza de 3,5-4 e un peso específico de 5.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa norteamericana dedicada á construción de material aeronáutico e espacial, fundada no ano 1934 como sucesora da Boeing Airplane Company (1916) por fusión desta coa United Aircraft and Transport Corporation. As instalacións principais están en Renton, Seattle e Wichita. O Boeing 247 (1933) foi o primeiro avión de transporte totalmente metálico. Destacaron na súa época os bombardeiros B 17 Flying Fortress, B 29 Superfortress e B 52 Stratofortress. Entre os avións comerciais a reacción, destacan o Boeing 747 e o Boeing 747 Jumbo, de gran capacidade. Dende 1996, logo da fusión coa McDonnell-Douglas, cambiou o nome polo de The Boeing Company. É a empresa aeronáutica máis grande do mundo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Aviador. Fundou en 1916 a Boeing Airplane Company. Xunto con E. Hubbard realizou, no 1919, o primeiro enlace postal aéreo internacional entre Canadá e os EE UU.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Primeira e última rede que se bota no mar na arte de pesca que empregan os barcos de motor.

    2. Peza de madeira do carro do país en forma de uve ou galla, que une a cabezalla coa cheda e sostén ao mesmo tempo os fungueiros ou estadullos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe natural de Chantada. As súas armas levan, en campo de azul, un carro cunha boeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Organista e compositor. Compuxo, entre outras, as pezas Symphonie en fa, Variations symphoniques (para viloncelo e orquestra), música de cámara e música para órgano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río afluente do Ulla pola dereita. Nace da confluencia de varios regos na parroquia de Vitiriz, concello de Melide, a 400 m de altitude. O seu curso adopta unha dirección NL-SO coa que penetra no concello de Arzúa pola parroquia de Figueiroa e que non abandonará ata a súa desembocadura. A seguir, drena as parroquias de Boente e Vilantime, onde recibe o seu principal tributario, o Valverde. Desemboca a 250 m de altitude, na marxe setentrional do encoro de Portodemouros no lugar do Batán da parroquia de Maroxo (Arzúa), logo dun percorrido duns 9 km de lonxitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Arzúa baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado, político e xornalista. Membro do Partido Liberal e dirixente dos partidarios de Montero Ríos, foi deputado provincial entre 1898 e 1930. Exerceu tamén como gobernador civil de Pontevedra en dúas ocasións entre 1905 e 1907, e no período 1909-1911. Ocupou tamén o goberno civil de Cáceres, Zaragoza, Gran Canaria e A Coruña. Formou parte da comisión redactora do apéndice de dereito foral galego para o Código Civil. Colaborou no Diario de Pontevedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Porción de monte que se arquea no centro e ten pendente a ambos lados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CABOS

    Cabo situado no extremo occidental de Sicilia, Italia, onde se atopa a cidade de Marsala. Os romanos chamárono Promontorium Lilybaeum.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos bóers.

    2. Individuo do pobo bóer.

    3. Pobo de África do Sur de ascendencia principalmente holandesa, chamado tamén africáner.

    4. Conflito colonial entre Gran Bretaña e as dúas repúblicas bóers de Orange e Transvaal, onde se descubriron importantes minas de ouro, entre os anos 1899 e 1902. Rematou trala sinatura do Tratado de Vereeniging e a incorporación de ambas as dúas repúblicas como colonias británicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico holandés. Profesor na escola de Leiden (1701) de Botánica, Química e Medicina. Foi o precursor do ensino clínico, impartindo as clases ao pé da cama do enfermo, o que levou a esta escola a ser a primeira entre as do seu tempo, e a Boerhaave a ser considerado como o mestre máis eminente; as súas leccións congregaban a numerosos alumnos, chegados de toda Europa. Non se decantou polos sistemas teóricos extremos que se impuñan, ocupándose unicamente da terapéutica e da clínica, seguindo unha liña de volta ao hipocratismo. Creou escola, e un dos seus discípulos, Van Swieten, foi o iniciador da escola clínica de Viena. Entre os seus escritos cómpre subliñar as Institutiones medicae (Institucións do médico, 1708), os Aphorismi de cognoscendis et curandis morbis (Aforismos sobre a curación e o coñecemento das enfermidades, 1709), texto moi coñecido e dunha grande influencia durante todo o s XVIII, o Index plantarum (Índice de plantas), do xardín botánico de Leiden...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico e xornalista alemán moi prolífico. Conxugou o Expresionismo das súas primeiras producións coa propaganda nazi e as comedias musicais da posguerra. Realizou, entre outras moitas películas: Farmer Borchard (O granxeiro Borchard, 1918), Ein kind-ein Hund (Un can moi novo, 1923), Kinder der Strasse (Nenos da rúa, 1928), Theodor Körner (1932), Engel mit kleinen Fehler (Anxo con pequenos erros, 1936), Hochzeitsnacht (Tras moito tempo, 1941), Die spanische Fliege (A mosca española, 1955) e Vater macht Karriere (O pai fai carreira, 1957).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Caixa de madeira cunha fenda na tapadeira, por onde se vai botando a esmola nas igrexas, e provista de fechadura.

    2. Pequeno monumento de pedra, en forma de altar que ten na base unha arqueta, empregado para recoller esmola para as ánimas do purgatorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor grego. Segundo Plinio, foi o autor dun grupo de prata que representa a un rapaz cun ganso. Descoñécese se un Hermes de Dioniso, firmado por Boetos de Calcedonia, era deste mesmo escultor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico norteamericano. Trátase dun dos mellores representantes do cine americano. Destacou pola súa produción 7 Men from now (Sete homes de agora, 1956), cando xa contaba con moitas realizacións. Traballou en Hollywood para Columbia, Eagle Lion e a Universal. Realizou unha serie de filmes de moita calidade, producidos por Harry Joe Brown con guións de Burt Kennedy. Dirixiu, entre outras películas: One mysterious night (A primeira noite misteriosa, 1944), Black midnight (Medianoite negra, 1949), Comanche station (Estación comanche, 1960) e A time for dying (Un tempo para agonizar, 1969).

    VER O DETALLE DO TERMO