"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

  • PERSOEIRO

    Pintor arxentino. Realizou retratos de persoeiros do seu país, acuarelas e miniaturas en marfil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Declaración solemne coa que o Papa afirma que unha determinada persoa, morta con fama de santidade, é digna de ser venerada publicamente. Constitúe a penúltima fase do proceso de canonización e a persoa beatificada recibe o nome de beato.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ecuación que relaciona a presión, o volume e a temperatura dun gas real, válida cun amplo intervalo de valores destas variables. Fai intervir cinco constantes típicas de cada gas e mellora outras ecuacións de estado anteriores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ten importancia na fabricación de colorantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción de transposición das cetoximas en amidas ácidos substituídos pola acción de reactivos ácidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de bendicir.

      1. Acción, fórmula ou palabras rituais que teñen como finalidade consagrar persoas ou obxectos ao servizo de Deus ou ben rogar a Deus beneficios espirituais ou temporais. Na liturxia católica distínguense as bendicións constitutivas, que conceden ás persoas, aos obxectos e aos lugares un carácter sagrado, e as invocativas, que piden a protección divina para unha persoa ou unha cousa. De acordo coas prescricións do concilio Vaticano II (1965), en 1984 foi promulgado o ritual reformado das bendicións, que procurou eliminar todo residuo de maxia na práctica deste tipo de pregaria.

      2. Sinal da cruz que se fai para bendicir algo ou alguén.

    2. Situación, acontecemento, persoa, etc que indica benestar, prosperidade ou que indica cousa boa ou propicia.

    3. Bendición que concede o Papa ou que calquera sacerdote pode outorgar ao cristián en perigo de morte.

    4. Bendición dada polo sacerdote á poboación coa custodia, despois da exposición do santísimo sacramento.

    5. Bendición que o sacerdote fai o mércores de cinza, antes de impoñela aos fieis como símbolo de penitencia.

    6. Bendición que fai o sacerdote o domingo de ramos, como rito preparatorio da procesión.

    7. Bendición que reciben os esposos antes do casamento. OBS: Xeralmente se utiliza en plural, bendicións nupciais, ou, simplemente, bendicións.

    8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método utilizado para a análise cuantitativa e cualitativa de azucres redutores, especialmente a glucosa, presentes en diferentes tipos de mostras, por exemplo en líquidos orgánicos. Baséase na precipitación do óxido de cobre.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que produce beneficio.

    2. O que favorece a melloría dunha situación, dun estado de cousas ou dunha persoa.

    3. Melloría experimentada pola situación ou o estado dalgunha persoa ou dalgunha cousa.

    4. Cultivo das terras de labranza ou de calquera planta.

    5. Na Igrexa Anglicana, designación que reciben as vigairías, rectorías, clericatos e capelanías (os bispados califícanse de ‘dignidade’).

      1. Privilexio legal que en determinadas circunstancias xorde en prol dalgunha persoa e que esta pode facer valer para liberarse de situacións que a poden prexudicar, especialmente na orde patrimonial.

      2. beneficio de abstención

        Facultade concedida polo pretor aos chamados herdeiros siu et necessarii para poder absterse da herdanza, se o activo da herdanza non superaba o pasivo. Non subsiste nos sistemas xurídicos actuais porque desapareceu esta categoría de herdeiros.

      3. beneficio de competencia

        Beneficio concedido ao debedor para non ter que pagar integramente as súas débedas se, facéndoo, quedaba en situación de pobreza, sen prexuízo de pagar o resto se melloraba de fortuna. Tendeu a desaparecer das lexislacións modernas.

      4. beneficio de competencia

        Excepción que en certos casos pode opoñer o marido á restitución do dote.

      5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. O que favorece a melloría dunha situación, dun estado de cousas ou dunha persoa.

    2. Melloría experimentada pola situación ou o estado dalgunha persoa ou dalgunha cousa.

    3. Cultivo das terras de labranza ou de calquera planta.

    4. Na Igrexa Anglicana, designación que reciben as vigairías, rectorías, clericatos e capelanías (os bispados califícanse de ‘dignidade’).

      1. Privilexio legal que en determinadas circunstancias xorde en prol dalgunha persoa e que esta pode facer valer para liberarse de situacións que a poden prexudicar, especialmente na orde patrimonial.

      2. beneficio de abstención

        Facultade concedida polo pretor aos chamados herdeiros siu et necessarii para poder absterse da herdanza, se o activo da herdanza non superaba o pasivo. Non subsiste nos sistemas xurídicos actuais porque desapareceu esta categoría de herdeiros.

      3. beneficio de competencia

        Beneficio concedido ao debedor para non ter que pagar integramente as súas débedas se, facéndoo, quedaba en situación de pobreza, sen prexuízo de pagar o resto se melloraba de fortuna. Tendeu a desaparecer das lexislacións modernas.

      4. beneficio de competencia

        Excepción que en certos casos pode opoñer o marido á restitución do dote.

      5. beneficio de deliberar

        Dereito do herdeiro de poder obter do xuíz un prazo durante o que examinará se lle convén ou non aceptar a herdanza.

      6. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que produce beneficio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Editorial fundada en Pontevedra por Celso Emilio Ferreiro, director literario, Sabino Torres, director de edicións, Emilio Negreira, Rafael Alonso, como ilustrador, e Manuel Cuña Novás a finais de 1948. Dedicouse enteiramente á edición de poemarios, que saían do prelo na imprenta Gráficas Torres, que tiña establecida en Pontevedra o pai de Sabino Torres. Trátase da primeira empresa editora que publicou algúns libros en lingua galega trala Guerra Civil. Malia isto, o seu primeiro volume titulado Madrigal, obra de Emilio Negreira, saíu do prelo en castelán en 1949. Outros títulos publicados en castelán foron Como el río (1949), de Sabino Torres, Gárgolas (1950), de Tomás Barros e El dios de los precipicios (1925) de José Ruibal Argibay. Entre os publicados en galego destacan: Poemas de ti e de min (1949), de Xosé María e Emilio Álvarez Blázquez, Dona do corpo delgado (1950), de Álvaro Cunqueiro, Anxo de terra (1950), de Carballo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso polo que se introduce un grupo benzoilo nunha molécula. Polo xeral úsase como reactivo o cloruro de benzoilo, como por exemplo a reacción de Schotten-Baumann de benzoilación dos alcohois.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Beocia, aos seus habitantes ou á variante dialectal do grego nesta área.

    2. Natural ou habitante de Beocia.

    3. Forma dialectal do grego antigo falado na zona de Beocia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Coñécese tamén co nome de tradición Denali ou, dun xeito máis correcto, tradición paleoártica. Agrupa un conxunto de culturas paleolíticas de Alasca e do norte do Canadá datadas entre os anos 8000 e 5000 a C, que se caracterizan pola presenza de microláminas obtidas a partir de pequenos núcleos en forma de cuña, puntas bifaciais, raspadores e burís. Recoñécense paralelismos desta tradición cultural en Siberia (tradición Dyukhatai), o que permitiu elaborar a hipótese de que esta tradición fose herdeira da que definiron os primeiros poboadores americanos procedentes de Asia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ecuación diferencial non lineal de primeira orde, definida por Jakob Bernoulli, da forma y’+f(x)y=g(x)yn , onde n>1 e f(x) e g(x) son funcións continuas. Redúcese a lineal polo cambio de variable u= y1-n.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Ecuación de estado dun gas real na que interveñen as seguintes constantes críticas

    FORMULA

    onde P é a presión do gas, V o volume que ocupa, R a constante universal dos gases ideais, T a temperatura, e Pce Tca presión e a temperatura críticas, respectivamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. De tendencia modernista, traballou na Coruña. Entre as súas principais construcións destacan a igrexa dos xesuítas, o colexio Labaca (1915), o Banco da Coruña (1923) ou o edificio Liñares Rivas (1925).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Nome dado á ecuación diferencial x2y”+xy’+(x2-v2)y=0, onde v é un número complexo calquera. Resulta de expresar a ecuación de Laplace, Ñ2φ(x,y,z)=0 en coordenadas cilíndricas cando é posible aplicar a función φ ao método de separación de variables: φ(x,y,z)=X(x)Y(y)Z(z). Unha solución particular da ecuación de Bessel é a función de Bessel de primeira clase , de orde v:

    FORMULA

    onde Γ é a función gamma. J-v (x) é tamén solución particular. Defínense as f uncións de Bessel de segunda clase ou funcións de Neumann, de orde v, da maneira seguinte: se v non é enteiro, entón:

    FORMULA2

    Para todo v, Yn é solución da ecuación de Bessel. Denomínanse funcións de Bessel de terceira...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Solucións da ecuación de Bessel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político romano. Tribuno da plebe (121 a C) e cónsul (111 a C). Dirixiu a expedición contra Iugurta, Rei de Numidia, pero acabou pactando con el polo que foi condenado ao desterro (110 a C).

    VER O DETALLE DO TERMO