"INE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1570.

  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Albacete, Castela-A Mancha, situado ao SL de La Roda (2.083 h [1996]). A súa economía é principalmente agrícola (cereais) e gandeira (gando lanar). Fundada en 1337, estivo vinculada a Albacete ata 1553. Do seu patrimonio cultural destacan o xacemento do Acequión e a igrexa de San Martín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Diplomático e escritor francés. Publicou traballos de erudición e narracións de carácter stendhaliano. Da súa produción destaca Essai sur l’inégalité des races humaines (1853-1855), en que introduce unha interpretación das civilizacións fundamentada nas razas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo. Coñecido como Franck, inicialmente dedicouse á literatura ata que en 1845 decidiu centrarse na fotografía. Nese ano trasladouse a Barcelona e en 1849 abriu un estudo de daguerrotipos especializado en retratos. A partir de 1854 impartiu clases de fotografía e dedicouse á venda de material fotográfico. Asociouse con Wigle en 1855 e dous anos máis tarde regresou a París, onde deu clases na Escola Politécnica. O seu estudo parisino foi un dos máis coñecidos do Segundo Imperio. Neses anos traballou o negativo de papel e, posteriormente, interesouse polo colodión e os papeis leptográficos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo. Coñeceu o uso do ambrotipo e do daguerrotipo da man dos fotógrafos retratistas madrileños. En 1859 viaxou a Sevilla, onde se dedicou a facer retratos. A mediados da década de 1860 marchou a París. Regresou a Sevilla e en 1872 abriu un estudo de retratos que acadou un notable prestixio entre a burguesía e a nobreza da cidade. Os seus retratos da familia real e de certos personaxes do teatro e da cultura figuran entre as mellores coleccións de España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Foi membro da Xeración de 1900 e pertenceu ao Grupo de los Diez, no que recibiu o nome de El hermano errante. Traballou na Biblioteca Nacional e foi director do Museo Nacional de Bellas Artes. Fundou o periódico Luz y Sombra e colaborou en El mercurio de Santiago, Letras e Zig Zag. Participou na fundación da Colonia Tolstoiana (1904), que postulaba a unidade do home coa natureza, a vida comunitaria e a dedicación ás obras do espírito. Baixo o pseudónimo de Augusto D’Halmar, publicou Juana Lucero (1902), Gatita (1917), Nirvana (1918), Pasión y muerte del cura Deusto (1924), La muerte de don Quijote (1934), Lo que no se ha dicho sobre la actual revolución española (1936), Palabras para canciones (1942), Cristián y yo (1946) e Los 21 (1948). Recibiu o primeiro Premio Nacional de Literatura (1942).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arqueólogo, historiador da arte e numismático. Foi catedrático de Arqueoloxía Árabe Medieval na Universidad Central de Madrid e director xeral de Bellas Artes. Deu o derradeiro paso para descifrar a escritura ibérica e descubriu o valor dos signos silábicos. Escribiu obras como Arte mudéjar toledano (1916), De epigrafía ibérica: el plomo de Alcoy (1922), Arte románico español (1934), Las águilas del Renacimiento español (1941), La escritura ibérica y su lenguaje (1943) e La escritura bástulo-turdetana (1962). Pertenceu á Real Academia de la Historia e Real Academia de Bellas Artes de San Fernando.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CONTINENTES

    Continente hipotético que comprendería América do Sur, África, Madagascar, India, Australia e A Antártida e que, xunto co continente de Laurasia, formaban o de Panxea. Segundo a teoría da deriva dos continentes e a tectónica de placas, África e América do Sur, unidas ao final do Cretáceo, comezáronse a separar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Galeguista. Realizou estudios de dereito e participou (1967-1977) no relanzamento e actuación do movemento nacionalista galego UPG, da que foi un dos seus dirixentes e coordinador. Durante este período organizou e definiu o nacionalismo para integralo na sociedade galega, actividade pola que foi detido dúas veces. En 1975 organizou o Consello das Forzas Políticas Galegas, plataforma que aglutinaba a UPG, PSG, PGSD, Partido Carlista e Movemento Comunista de Galicia, nun intento de presentar unha alternativa política ao réxime franquista. Desde 1979 é funcionario do concello de Redondela, onde se encarga do departamento de cultura e normalización lingüística. Foi o impulsor da creación do premio de novela longa Eduardo Blanco Amor e desde este concello organizou as primeiras campañas de normalización lingüística, que acadaron proxección en toda Galicia. Foi un dos fundadores da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia (AFNLG) en 1983, da que é secretario. Inspirou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora sudafricana. Na súa obra reflectiu os problemas dunha colonia coa metrópole e a inxustiza do réxime sudafricano. Da súa produción destacan The Lying Days (1953), A world of strangers (1958), Occasion for loving (1963), South African Writing Today (1967), The conservationist (Premio Booker 1974), Something Out There (1984), My Son’s Story (1990), The House Gun (1998) e The Pickup (2001). Recibiu o Premio Nobel de Literatura (1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Botánico francés. Foi o autor do proxecto do xardín botánico de Perpignan e máis tarde profesor de botánica en Montpellier (1767-1803). Foi o máis destacado dos linneóns franceses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Editora. Sucedeu o seu marido Phil Graham á fronte do grupo editorial de The Washington Post e da revista Newsweek tralo seu suicidio. Foi presidenta do consello de administración do devandito grupo no período 1973-1993 e sacou a empresa da bancarrota. Foi unha das responsables da publicación do escándalo Watergate. Escribiu a súa autobiografía Historia persoal (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Combate que tivo lugar o 13 de xullo de 1558 preto da cidade francesa de Gravelines, departamento do Nord, entre o exército de Filipe II, apoiado pola escuadra inglesa do conde de Egmont, e as tropas francesas, ao mando do duque de Guise. Trala vitoria do exército angloespañol, os franceses víronse obrigados a asinar o Tratado de Cateau-Cambrésis (22.4.1559).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alianza celebrada na cidade francesa de Gravelines en xullo de 1520 entre Carlos I e Enrique VIII de Inglaterra. Nela establecéronse os termos para a cooperación marítima no Mar Cantábrico e para o casamento de Carlos I con María I de Inglaterra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Fillo de miniaturistas, formouse con J.L. David (1785-1790) e en Italia (1792), onde coñeceu a Napoleón, que o fixo seleccionador das obras artísticas que se enviaban ao Louvre e que lle encargou Les pestiférés de Jaffa (1804). Pintou numerosas escenas bélicas napoleónicas, entre outras, Le champ de bataille d’Eylau (1808). Na cúpula do Panteón de París pintou a apoteose de Bonaparte, que, ao cambiar as circunstancias políticas,   se converteu na apoteose da monarquía borbónica. Luís XVIII nomeouno barón. Fixo de ponte entre o neoclasicismo de David e a escola romántica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    De relevo pouco vigoroso, o país divídese nunha ampla chaira litoral recurtada polos esteiros dos ríos Geba e Corubal, e rodeada de illas, un altiplano interior e baixos altiplanos no extremo SL. O clima é tropical, cálido e húmido. A hidrografía caracterízase polos esteiros e as mareas, que penetran ata a 100 km da costa e permiten a navegación ata Bafatá e Binta. A vexetación é principalmente de sabana con áreas selváticas de bosque galería á beira dos ríos e con mangleiros na costa. A agricultura é a actividade económica predominante en todo o país e ocupaba o 77,8% da poboación activa en 1992. No litoral predominan os cultivos de arroz en chairas inundables, de feixóns, hortalizas, plataneiros, palmeiras de aceite, cocos e cana de azucre. Posúe gandería bovina, cabrúa e porcina e no interior a gandería é máis importante ca os cultivos, que son de secaño (millo, cacahuetes, sorgo, mandioca e pataca doce). A explotación forestal é relativamente importante (madeira e caucho), e a pesca...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Moeda inglesa introducida por Carlos II de Inglaterra en 1663, cun valor de 20 xilíns e cun peso de 8,53 g de ouro de 22 quilates. O seu nome proviña do lugar de orixe do ouro que se empregou para cuñalas. O seu valor oscilou entre 30 e 21 xilíns, ata que pola reforma monetaria ordenada por Xurxo III de Inglaterra en 1816 foi substituída polo soberano ou libra esterlina.

    2. Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘cabeza’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión litoral de África, comprendida entre o cabo Verde e cabo López, que rodea o golfo de Guinea (2.300.000 km2; cuns 146.000.000 h [1991]). De O a L distínguense diversas unidades de relevo. A Guinea media, con altiplanos arxilosos que culminan no monte Loura (1.537 m) ao NL, a Guinea forestal (Serra Leona, Liberia, Costa de Marfil), de relevos de chairas e altiplanos graduados dominados por altos relevos que culminan co Fon (1.656 m) e o Nimba (1.752 m), e un terceiro sector, unha rexión de chairas e baixos altiplanos onde os únicos relevos importantes están en Ghana e Costa de Marfil. O último sector é Nixeria central e oriental, onde sobre o zócolo antigo se alzan grandes relevos volcánicos e graníticos. O clima é subecuatorial, caracterizado pola calor e a humidade constante. A rexión ten abundantes cursos fluviais, de réxime moi regular todo o ano. Os únicos grandes ríos son o Senegal, o Volta e o Níxer. A vexetación é de sabana na parte setentrional, aproximadamente...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESTADO

    Estado de África occidental, limitado por Guiné-Bissau ao NO, por Senegal e Mali ao N, por Costa de Marfil ao L, por Liberia e Serra Leona ao S, e polo Océano Atlántico ao O (245.857 km2; 7.497.000 h [estim 2001]). A capital é ↪ Conakry.
    Xeografía
    A chaira litoral é baixa e areosa, coas costas recurtadas polos esteiros dos ríos que proceden do Fouta Djalon. O clima caracterízase pola existencia dunha estación seca e unha húmida, cunha temperatura media elevada (26° C). A costa está cuberta de mangleiros. Cara ao interior elévanse gradualmente unha serie de socalcos que culminan no Fouta Djalon, con temperaturas máis baixas (22,5° C) e unha vexetación é de bosque denso e seco e con sabanas nas vertentes. As rexións do L forman un altiplano que constitúe a conca superior do Níxer. As chuvias son abundantes, as temperaturas de 26° C e están cubertas de sabanas. Ao SL o relevo elévase e culmina no macizo de Nimba (1.760 m). Chove de 10...

    VER O DETALLE DO TERMO