"RL" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1468.
-
PERSOEIRO
Arquitecto e deseñador estadounidense. No eido do deseño centrouse na creación de cadeiras e sillóns. Con Eero Saarinen realizou a cadeira de Eames, galardoada polo Museum of Modern Art de Nova York (1940). Dende 1941 traballou coa súa dona, Ray Kaiser Eames (Sacramento 15.12.1916 - Los Angeles 21.8.1988), e os seus deseños convertéronse nos prototipos dos anos cincuenta e sesenta. No ámbito da arquitectura, proxectou a súa vivenda en Santa Monica (1949), na que as ventás, as portas e as paredes eran elementos prefabricados.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Título de nobreza inglés que se corresponde co de conde. Deriva do jarl ou xefe militar dos dinamarqueses, establecidos na rexión de Danelaw. Trátase dun cargo semellante ao dun funcionario real que se ocupaba de manter a orde pública no condado (earldom), presidir as reunións da asemblea, impoñer o cumprimento das súas sentencias e organizar as levas. Dende o s XI, os sheriff asumiron boa parte das súas funcións e dende o s XII converteuse no título de nobreza máis alto, ata que en 1337 se creou o primeiro ducado.
-
PERSOEIRO
Pintor estadounidense. Formouse en Londres con Benjamin West. Pintou paisaxes, tamén obras de temas bélicos relacionados coa revolución americana e, sobre todo retratos, nos que incluíu paisaxes ou interiores relacionados coas personaxes retratadas. Entre as súas obras destacan Roger Sherman (1775), William Carpenter (1779) e Oliver Ellsworth and his wife (Oliver Ellsworth e a súa esposa, 1792). O seu fillo Ralph Eleazer Earl (1785-1838) foi tamén pintor e entre os seus retratos destacan os do presidente estadounidense A. Jackson.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Gravador. Traballou con todas as técnicas coñecidas na súa época, pero, sobre todo, destacou pola combinación da augaforte co gravado en negro. Entre as súas obras cómpre salientar os gravados do Liber Veritatis (Libro da verdade, 1819), de Claudio de Lorena.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Primeiro satélite de comunicacións xeoestático lanzado por Intelsat. De pequeno tamaño (0,72 m de longo, 0,59 m de alto e 37 kg de peso), entrou en funcionamento o 28 de xuño de 1965 e estivo en servizo durante catro anos. Permitiu establecer 240 circuítos telefónicos e de televisión entre Europa e Norteamérica. Tamén se coñece como Intelsat I.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Primeiro período da arquitectura gótica inglesa que se estendeu durante os ss XII e XIII. Caracterizouse polo emprego da ventá oxival estreita sen maineis. Sucedeu ao estilo normando e antecedeu ao decorated style.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Efecto de variación da anchura da zona neutra da rexión de base dun transistor, provocada pola aplicación dunha tensión que polariza en inverso a unión base-colector.
-
VER O DETALLE DO TERMO
entos dominantes das altas latitudes de dirección L.
-
PERSOEIRO
Historiador de arte e pintor inglés. Formouse con B. R. Haydon, e deuse a coñecer co cadro de historia Napoleon on board the Bellerophon (Napoleón sobre o Bellerophon, 1815). Foi bibliotecario (1842-1844) e presidente da Royal Academy (1850), e conservador (1843-1847) e primeiro director da National Gallery (1855-1865). Escribiu, entre outras obras, Materials for a history of oil painting (Materiais para unha historia da pintura ao óleo, 1847) e Contributions to the literature of Fine Arts (Contribucións aos escritos sobre Belas Artes), publicado postumamente pola súa dona en 1870. Recibiu o título de sir. O seu sobriño, Charles Locke Eastlake (1836-1906), foi conservador na National Gallery (1878-1898) e autor, entre outras obras, de Hints on household taste (Indicacións sobre o gusto doméstico, 1868) e A history of the gothic revival (Historia do neogótico, 1871).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor e pianista. Destacado concertista, foi discípulo de W. A. Mozart. O seu estilo situouse na transición do clasicismo ao romanticismo. Compuxo cantatas, sinfonías, e sonatas e concertos para piano.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico e bacteriólogo alemán. É autor de numerosos traballos sobre o raquitismo e as súas relacións co cretinismo. A súa achega máis importante á ciencia é o descubrimento en 1880 do axente causante da febre tifoidea, a bacteria patóxena Salmonella typhie; aínda que foi un alumno seu quen a illou e cultivou, anos máis tarde. Algunhas das súas obras máis destacadas son: Die Trhombase (1888), Die Untersuchung des Auswurfs ouf Tuberkelbazillen (1891) e Bakteriologische Wandtafeln (1891).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bacteriólogo e médico alemán, discípulo de Koch. Estudiou nas universidades de Breslau, Estrasburgo, Friburgo e Leipzig. En 1878 doutorouse en medicina e entrou a traballar na Berlin Medical Clinic, onde puido continuar os seus estudios sobre os colorantes e a tinguidura de tecidos orgánicos. Foi profesor da facultade de Medicina da Universidade de Berlín, dende 1882, ata que en 1896 acadou o posto de director do Instituto Serolóxico de Steglitz (Berlín), que máis tarde se trasladou a Frankfurt como Instituto de Terapia Experimental. Destacan os seus traballos no campo da inmunoloxía, como é a explicación do mecanismo de reacción antíxeno-anticorpo, estudios que son a base da inmunoloxía moderna. Descubriu o composto arsenobenzol (1910), comercializado co nome de salvarsán, que resultaba efectivo contra o Treponema pallidium, axente patóxeno causante da sífilis, e o neosalvarsán (1912); os dous son compostos arsenicais que se empregan na tratamento das enfermidades infecciosas...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Biólogo estadounidense. Estudiou na University of Pennsylvania, na que se licenciou en 1953, e na University of Kansas, na que se doutorou en 1957. Profesor de demografía e de bioloxía dende 1959 na Stanford University, dedícase fundamentalmente ao estudo da bioloxía demográfica, da xenética de poboacións en insectos e das interaccións ecolóxicas e evolutivas entre plantas e herbívoros. Publicou, entre outros libros, The Population Bomb (A bomba poboacional, 1968), Human Ecology (Ecoloxía humana, 1973), The Process of Evolution (O proceso da evolución, 1974), Introdution to Insect Biology diversity (Introdución á diversidade da bioloxía dos insectos, 1978), The Golden Door: International Migration, Mexico and U.S. (A porta de ouro: a emigración internacional, México e EE UU, 1979) e Extinction: The Causes and Consequences of the Disappearance of Species (Extinción: as causas e as consecuencias da desaparición das especies, 1981), e máis...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Empresario. Fundou en 1958 Prefabricados Eiros, empresa pioneira na fabricación de bloques de formigón de Galicia. A partir da aplicación das técnicas do moldeado de cemento traídas polos portugueses ao N de Lugo na década dos cincuenta, deseñou e puxo en funcionamento a primeira das máquinas de bloques da empresa. Alcalde de Meira (1982-1983), conseguiu o establecemento dun instituto de bacharelato e creou a Biblioteca Municipal.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arquitecta. Estudiou na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona e da Coruña, onde se licenciou en 1985. Diplomouse en historia da arquitectura na Oxford University (1995) e ampliou estudios no eido da conservación arquitectónica na Oxford Brookes University (1996). Entre as súas intervencións arquitectónicas destacan os seus traballos de rehabilitación no centro histórico de Santiago de Compostela (1999), na casa Abraira en Pousadoira (Miño, 1999-2001), na casa do Vilar (Mondariz, 2001) e na casa do Castro (Poio, 2001-2002). As súas investigacións centráronse no campo da arquitectura tradicional galega do s XIX. Realizou a catalogación da arquitectura doméstica na comarca da Terra Chá (1763-1936), pola que recibiu o Premio Constanza de Castro (1999). Colaborou, entre outras obras, na Encyclopedia of Vernacular Architecture of the world (Enciclopedia da arquitectura vernácula no mundo, 1995) e La Galicia de los Pazos (2002). Escribiu tamén A casa grande...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Premio convocado en 1997 pola Asociación Galega de Editores e pola Asociación Portuguesa de Editores e Libreiros e patrocinado pola asociación Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular. Os orixinais poden presentarse tanto en lingua galega como portuguesa.
-
PERSOEIRO
Pintor. Formouse con J. Trumbull e J. Quidor. Retratou a sociedade do seu tempo. Das súas obras destacan Fenimore Cooper, Erastus Dow Palmer e Cyrus McCormick.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Ecólogo. Foi un dos pioneiros da ecoloxía, á que definiu como a “historia natural científica que se ocupa da socioloxía e economía dos animais”. A súa principal obra é Animal Ecology (Ecoloxía animal, 1927).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ensamblaxe dunha armadura feita con porlóns.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cravar ou suxeitar unha cousa por medio de porlóns.