"Uri" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 983.
-
GALICIA
Relixioso agostiño. Dedicouse ao ensino e á literatura. Nos seus escritos empregou en ocasións o pseudónimo de marqués de Sabuz. Escribiu numerosos artigos, como “El año terrible de los patrones colombianos” ou “Lo que debe ser la predicación del evangelio: La verdadera patria de Cristóbal Colón según el Sr. Paramos”, algúns recollidos na obra La literatura medieval en Galicia (1929).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritora. Licenciada en Filosofía na Universidade de Santiago de Compostela, realizou a súa tese de doutoramento sobre o tema do Camiño de Santiago, da que publicou Activación patrimonial e ritualización no proceso de revitalización do Camiño de Santiago (2001). Colaboradora da revista Encrucillada, é tamén autora de Vivir o camiño, revivir a historia (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Danza pantomímica dos ss XV-XVII, moi frecuente na Península Ibérica e en Francia. Había dous tipos, unha danza para o solista e outra para os grupos que representaban os mouriscos e os cristiáns. Consérvanse restos no folclore e foi incorporada en obras clásicas renacentistas.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Viana do Bolo baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Rústica praia de area situada nun entorno de gran beleza protexido como Espazo Natural, no Concello de Bueu.
CARACTERÍSTICAS XERAIS LONXITUDE PRAIA: 300 metros ANCHURA MEDIA: 10 metros GRAO OCUPACIÓN: Medio GRAO URBANIZACIÓN: Aillada PASEO MARÍTIMO: Non
VER O DETALLE DO TERMO
TIPO DE PRAIA COMPOSICIÓN: Area TIPO AREA: Branca CONDICIÓNS BAÑO: Ondada moderada / Ventosa ZONA DE FONDEO: Si NUDISTA: Non
ASPECTOS MEDIOAMBIENTAIS PRESENZA VEXETACIÓN: Si ZONA PROTEXIDA: Si Tipo: Espazo Natural BANDEIRA AZUL: Non
SEGURIDADE EQUIPO DE VIXILANCIA: Non SINALIZACIÓN DE PERIGO: Non POLICÍA LOCAL: Non POSTO CRUZ VERMELLA: Non EQUIPO SALVAMENTO: Non
HOSPITAL MÁIS PRETO NOME: Hospital de Montecelo DIRECCIÓN: Praza de Montecelo, s/n. Pontevedra... -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Chaín (Gondomar). O edificio orixinal tiña planta rectangular pero adoptou forma de L tras a reforma que sufriu despois dun incendio. Foi propiedade dos Castro e ten dous andares. Na fachada sur destaca a solaina e na fachada leste un patín que foi tapiado. Na porta principal conserva unha inscrición coa data de 1628 e dous escudos coas armas dos Pereira de Castro. Nos arredores conta cunha capela dedicada á Virxe da Soidade fundada polos Castro e reformada en 1900.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Mondariz baixo a advocación de san Cibrán.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Allariz, no concello homónimo. O seu cumio acada os 761 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos mouriscos.
-
Descendente dos musulmáns andalusís que continuou vivindo na Península Ibérica tras a Reconquista. Xuridicamente estableceuse unha distinción entre mouriscos e mudéxares segundo estivesen bautizados ou non, pero a documentación da época non a recolle. A súa distribución xeográfica dependeu de como se levou a cabo a Reconquista, e polo xeral continuaron nos lugares de orixe, con excepción dos de Granada, que foron expulsados a consecuencia da Revolta de Las Alpujarras (1568-1570). En xeral habitaban nas áreas rurais, dedicados á agricultura e á artesanía, ou reclusos dentro duns barrios especiais nas zonas urbanas. Conservaron o Islam, a lingua árabe e os costumes xurídicos musulmáns. Odiados e temidos polos cristiáns vellos, a súa expulsión da Península Ibérica decretouse o 9 de abril de 1609.
-
ariedade de liño máis escuro ca o normal.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xente moura, especialmente en multitude.
-
PERSOEIRO
Cantante grega. Coñecida como Nana Mouskouri, Estudou música e lírica operística no conservatorio. Gañou o II Festival da Canción Mediterránea, en Barcelona (1960), e consagrouse internacionalmente. Da súa discografía destacan Nana Sings (1965), Je chante avec toi Liberté (1985), Couleur Gospel (1990), Return to Love (1997) e Fille du soleil (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ioana Mouskouri.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de neuropatía ou neurite periférica en que se ven afectados dous ou máis nervios de zonas diferentes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do verbo dos daordes ou telleiros que corresponde á voz ‘obra’.
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Seixosmil (Meira). O seu cumio acada os 650 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da verba dos arxinas ou telleiros que corresponde á voz ‘escribente do xulgado’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ácido clorhídrico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
cloruro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que está cheo de puntas, espiñas, agullas ou tubérculos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
morcego.