"eo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3592.
-
PERSOEIRO
Xeneral e político alemán, conde de Caprivi. Foi xefe da mariña alemá (1883-1888) e chanceler do Imperio (1890-1894). En política exterior renovou a Triple Alianza (1891) e distanciouse de Rusia. Cedeu Zanzíbar a Inglaterra a cambio de Heligoland (1890) e obtivo a posesión denominada banda de Caprivi. En desacordo con Guillerme II, retirouse da política en 1894.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos caraboideos.
-
Insecto da superfamilia dos caraboideos.
-
Superfamilia de coleópteros da suborde dos adéfagos que comprende as familias dos carábidos, cicindélidos, ditíscidos, halíplidos, higróbidos, risódidos e xirínidos.
-
-
-
Relativo ou pertencente ás caráceas.
-
Alga da familia das caráceas.
-
Única familia de algas da clase das carofíceas. Inclúe, entre outros, os xéneros Chara e Nitella.
-
-
PERSOEIRO
Matemático. Traballou no campo do cálculo de variacións, na teoría de funcións de variable complexa, en óptica xeométrica (construíu aparellos de proxección), en mecánica e en termodinámica para a que formulou o principio de Carathéodory. Foi pioneiro da axiomatización da teoría da medida e da teoría de campos, que considerou relacionada co cálculo diferencial en derivadas parciais.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Un dos enunciados do segundo principio da termodinámica segundo o que, ao redor de calquera estado de equilibrio dun sistema hai outros estados que non son accesibles por medio dun proceso adiabático reversible ou irreversible. OBS: Chámase tamén principio de inaccesibilidade.
-
GALICIA
Concello da comarca de Valdeorras, situado na provincia de Ourense na fronteira oriental da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N cos concellos de Puente de Domingo Flórez (O Bierzo) e de Rubiá (Valdeorras), ao L co concello de Benuza (O Bierzo) e Encinedo (La Cabrera), ao S cos concellos de Porto (A Sanabria) e A Veiga (Valdeorras), e ao O coa Veiga e O Barco de Valdeorra (Valdeorras). Abrangue unha superficie de 222,7 km 2 cunha poboación de 1.947 h (2007), distribuídos entre as parroquias de Candeda, Carballeda, Casaio, Casoio, Domiz, Lardeira, A Portela do Trigal, Pumares, Pusmazán, Riodolas, Robledo, San Xusto, Santa Cruz, Sobradelo, Soutadoiro, Vila e Viladequinta. A capital municipal é o lugar de Sobradelo, na parroquia de Sobradelo, situado a 42° 22’ 7’’ de latitude N e 6° 52’ 5’’ de lonxitude O, 212 km ao SL da capital de Galicia, Santiago de Compostela, e 129 km ao NL de Ourense. Está adscrito ao partido xudicial do Barco de Valdeorras e á diocese de Astorga.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía... -
GALICIA
Arqueólogo. Doutor en Historia coa tese A cultura castrexa na bacía media do río Ulla, especializouse en diferentes aspectos da cultura castrexa, sobre todo relacionados co seu patrón de asentamento, e defendeu unha postura “pacifista” da súa organización. Dirixiu as escavacións de varios castros na Terra de Trasdeza, do castro da Forca (A Guarda) e de diferentes puntos de Lucus Augusti. Colaborou, entre outras, nas revistas Brigantium, Gallaecia, Zephyrus, Trabalhos de Arqueologia e Etnologia e Trabajos de Prehistoria. Participou en obras colectivas como Concepcións espaciais e estratexias territoriais na historia de Galicia (1993), A cultura castrexa galega a debate (1996) e El oro y la orfebrería prehistórica de Galicia (1996) e coordinou a Historia da arte galega (1999). É autor de Povoamento castrexo e romano da Terra de Trasdeza (1986), Castro da Forca (A Guarda Pontevedra: campaña...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Cantante e compositor. Coñecido como Teo Cardalda, foi compoñente do grupo Golpes Bajos, xunto con Germán Coppini, na década dos anos oitenta. En 1983 formou o grupo Cómplices con María Monsonís. Colaborou con artistas e compositores de música rock e pop como José María Cano, Antonio Vega, Jaime de Urrutia, David Summers e os irmáns Urquijo. Realizou a banda sonora para a serie Nada es para siempre. En solitario gravou o disco Uno (1997) e entre os seus traballos discográficos co grupo Cómplices destacan Manzanas (1983), Ángeles Desangelados (1989), La Danza de la ciudad (1990), Está llorando el sol (1991), Preguntas y flores (1993), Básico (1994), Cousas de meigas (1999) e Cómplices (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que trae como armas, en campo de goles, un cardo ao natural, coas súas alcachofas, arrimado de dúas flores de lis de sable; bordo de ouro, con cinco flores de lis de azul.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cardiopatía que se presenta no curso do hipertiroidismo, caracterizada por un estado cardíaco hipercinético, pola aparición de arritmias (fundamentalmente fibrilación auricular) e, ás veces, por insuficiencia cardíaca.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Declaración xudicial de dúas ou máis persoas nun proceso penal, feita simultaneamente e en presenza mutua, co fin de aclarar entre eles as contradicións das súas anteriores declaracións.
-
SERRAS
Pequena unidade de relevo de dirección N-S integrada na denominada Dorsal Meridiana Galega, que se estende pola súa parte oriental entre as parroquias de Moredo, Carballal, Cuíña e Ambreixo (concello de Palas de Rei) e, pola vertente occidental, entre as de Vilouriz (concello de Toques) e Meire (concello de Santiso). O seu cumio está no monte Careón, a 798 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eclesiástico anglicano. Foi ordenado presbítero en 1963. Doutor en Teoloxía e Filosofía, foi nomeado director do Seminario Teolóxico de Bristol (1982) e, en 1988, bispo de Bath e Wells. En 1991 sucedeu a R.A.K. Runcie como arcebispo de Canterbury e primado da Igrexa Anglicana.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ás caricáceas.
-
Planta da familia das caricáceas.
-
Familia de árbores da orde das violais, integrada por unhas cincuenta especies de tronco groso, propias da América tropical. Pertencen a esta familia o babaco e a papaia.
-
-
GALICIA
Arquitecto. Titulado pola Escola de Arquitectura de Barcelona en 1931, a súa obra está vinculada ao racionalismo. Realizou a casa Caramés na Coruña (1937) e a xoiería Malde en Santiago de Compostela (1934). Tralo inicio da Guerra Civil fuxiu de España e exiliouse primeiro en Francia, onde estivo no campo de concentración de Argelès e, posteriormente, en México, onde retomou a súa carreira profesional colaborando co arquitecto Félix Candela. Entre 1959 e 1969 dirixiu a revista Vieiros.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos carideos.
-
Crustáceo decápodo da sección dos carideos.
-
Sección de crustáceos decápodos que se caracterizan por presentar a pleura do segundo segmento abdominal superposta á do primeiro. Comprende os xéneros Crangon, Palaemon e Palaemonetes.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘caro’.
-
-
Relativo ou pertencente ás cariofiláceas.
-
Herba da familia das cariofiláceas.
-
Familia integrada por arredor de dúas mil especies de plantas herbáceas ou sufrutescentes de talos nodosos, follas opostas e flores actinomorfas, de catro ou cinco pétalos libres, características principalmente dos países de clima morno. En Galicia están presentes os xéneros Agrostemma, Arenaria, Cerastium, Corrigiola, Cucubalus, Dianthus, Herniaria, Honkenya, Illecebrum, Lychnis, Moehringia, Moenchia, Paronychia, Petrorhagia, Polycarpon, Sagina, Saponaria, Scleranthus, Silene, Spergula, Spergularia e Stellaria.
-
-
PERSOEIRO
Químico alemán. Profesor de química en Heidelberg, ideou o método de Carius para a análise cuantitativa de halóxenos na materia orgánica, que se basea na conversión destes en haluros de prata pola acción do ácido nítrico concentrado en presenza de nitrato de prata.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arcebispo (1564) e cardeal (1560) de Milán. A tradición conta que durante a gran peste de 1575 andou en procesión de penitencia por Milán, cunha corda ao pescozo e cun cilicio, socorrendo os apestados. Interveu no Concilio de Trento (1545-1563), dirixiu a Contrarreforma en Suíza e reformou a súa diocese fundando colexios e seminarios. Malia a súa actitude de severidade e austeridade, foi moi popular, especialmente trala peste de 1576, que orixinou unha gran mortaldade. Escribiu numerosos sermóns e instrucións; entre eles, Actas sinodiais, Sermóns, Instrucións e cartas. Canonizado en 1610, a súa festividade celébrase o 4 de novembro. En iconografía represéntase vestido de cardeal, co capelo e a capa purpúreas, e leva como atributos o báculo arcebispal coa dobre cruz, un crucifixo na man e unha corda ao pescozo.
VER O DETALLE DO TERMO