"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • PERSOEIRO

    Político e enxeñeiro técnico agrícola. Foi tenente alcalde e delegado de Promoción Económica no concello de Verín. No Parlamento galego, foi deputado do Partido Popular por Ourense na V (1997-2001) e VI (2001) lexislaturas e dirixiu a consellería de Agricultura ata xaneiro de 2001, ano en que, tralo caso das vacas tolas, presentou a súa dimisión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Presidente da Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Vilagarcía, ingresou no Partido Demócrata Popular en 1984. Foi elixido deputado por Pontevedra no Congreso nas lexislaturas Constituínte (1977-1979) e I (1979-1982), pola UCD; e deputado do Parlamento galego na II lexislatura (1985-1989) por Coalición Popular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico. Fixo a primeira descrición da enfermidade que se denomina kuru, afección nerviosa dexenerativa que só afecta a certas tribos papúas de Nova Guinea. En 1976 recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina, xuntamente con B. S. Blumberg, polos seus traballos sobre a orixe e a diseminación das enfermidades infecciosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Licenciado en Dereito, Filosofía e Letras e Ciencias Políticas e Económicas pola Universidad de Granada. Colaborador en distintas publicacións e xornais, escribiu teatro, poesía e prosa, así como o libreto para a ópera Cristóbal Colón (1989). Da súa produción destaca Enemigo íntimo (Premio Adonais 1959), Los verdes campos del Edén (Premio Nacional de Teatro Calderón de la Barca 1963), Los buenos días perdidos (Premio Nacional de Literatura 1972), Petra Regalada (1980), Samarkanda (1985), Séneca o el beneficio de la duda (1987), Dedicado a Tobías (1988), El corazón tardío (1988), El manuscrito carmesí (Premio Planeta 1990), La soledad sonora (1991), La truhana (1992), La pasión turca (1993), Los bellos durmientes (1994), Más allá del jardín (1995), Carta a los herederos (1995), La regla de tres (1996), La casa sosegada...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dilatación quística nunha glándula mamaria que contén leite. Prodúcese pola obstrución dun ou máis condutos mamarios.

    2. ariedade de hidrocele que contén un líquido dunha cor leitosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que leva ou transporta leite.

    2. Aplícase aos condutos que unen os alvéolos mamarios coa mamila.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento utilizado para medir a densidade do leite.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mecanismo mediante o que as células ganglionares da mama elaboran o leite.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á galactopoese.

    2. Aplícase á substancia ou ao factor que promove a secreción láctica por parte da mama.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Saída espontánea do leite pola mamila.

    2. Secreción abundante ou excesiva de leite.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Glícido que na súa forma dextroxira (+) é un compoñente da lactosa, dos glicolípidos e dalgúns oligosacáridos e polisacáridos, que se atopan en pectinas, gomas e mucilaxes. De propiedades iguais ás da glicosa, diferéncianse pola configuración do seu carbono 4.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Presencia de galactosa no sangue.

    2. Enfermidade hereditaria recesiva que se caracteriza por niveis sanguíneos de galactosa elevados. Débese á deficiencia dun enzima responsable do seu metabolismo, a galactosa-1-fosfato uridilil transferase; esta deficiencia fai que a galactosa non se poida converter en glicosa. Afecta aos nenos acabados de nacer ao iniciarse a alimentación láctica. Provoca atraso mental e no crecemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Figura feminina en actitude de dar o peito. Aplícase ás representacións da Virxe María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • galactagogo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordo asinado na Coruña o 18 de xullo de 1869 entre representantes das forzas republicano-federais das catro provincias galegas e da provincia asturiana. Xunto cos subscritos en Tortosa, Valls, Eibar e Córdoba supuxo unha tentativa das forzas rexionais de dotar o federalismo hispánico dunha organización estable, operativa e descentralizada, segundo o modelo de pactos sucesivos de Pi i Margall. Posteriormente, asinouse en Madrid un pacto entre os representantes dos cinco pactos rexionais, completándose a organización federalista do Partido Republicano Federal Español. O pacto recolleu como puntos principais os postulados básicos do ideario federal, como a defensa dos dereitos individuais e da soberanía popular e a condena da anarquía, e outras medidas, como a organización da milicia cidadán e o dereito de insurrección armada. A organización pactista durou pouco tempo, pois o fracaso da insurrección republicana de outono de 1869 foi aproveitado polos dirixentes madrileños para impoñer un...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Artista plástico. Coñecido como Tono Galán, realizou, entre outros, estudios sobre o esmalte, o gravado e a caligrafía chinesa. A súa pintura caracterízase pola xeometrización baseada no construtivismo. Foi colaborador nas seccións humorísticas de diversos xornais galegos e traballou na restauración de retablos e vidreiras. Realizou exposicións na Coruña, Santiago de Compostela e Barcelona, e participou, entre outras mostras colectivas, no Foro Atlántico (1993) e na V Mostra Unión Fenosa (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa editorial constituída en xullo de 1950 en Santiago de Compostela coa finalidade de revitalizar a cultura galega a través dos libros. O seu primeiro consello de administración estaba presidido por Ramón Otero Pedrayo, e xunto a el en diferentes cargos Manuel Gómez Román, F. Fernández del Riego, Xaime Isla Couto, Sebastián Martínez-Risco, Antonio Fernández López e Xesús Ferro Couselo. O seu primeiro director literario foi Ramón Piñeiro. A partir do 3 de novembro de 1950 comezaba a desenvolver o seu labor editorial en Vigo. Daquela os seus obxectivos principais eran: promover e coordinar os esforzos dos escritores para difundir a súa obra e seleccionar un plan de edicións adecuado á realidade literaria de Galicia. Deste xeito, tentábase crear unha biblioteca que abranguese unha multiplicidade de temas relacionados co país, como a natureza, a economía, a historia e, sobre todo, a literatura. Ademais, procurábase potenciar o número de traducións ao galego e promover unha serie de publicacións...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordo asinado o 25 de xullo de 1933 entre forzas políticas de Catalunya, Euskadi e Galicia que pretendeu conseguir maiores cotas de autogoberno e autonomía para as respectivas nacionalidades no marco dun estado federal ou confederal, ou encamiñarse directamente á independencia. Pretendeu, en primeiro termo, conxuntar o esforzo das tres nacionalidades para mellor valerse contra o centralismo, na loita pola consecucións dos estatutos de autonomía. O nome de Galeuzca foi utilizado por primeira vez polo líder catalán Conangla i Fontanilles en 1924, pero a historia das relacións entre as nacionalidades comezou coa sinatura da Triple Alianza (11.9.1923), con aspiracións independentistas, que curtou a Ditadura de Primo de Rivera. Coa instauración da Segunda República volveuse falar da consecución dunha entente entre as tres nacionalidades, lideradas no Congreso de los Diputados por Unió Democrática de Catalunya e Acció Catalana Republicana, polo Partido Nacionalista Vasco e por Ultreya e o Partido...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en outubro de 1992 na Coruña. Editada por Gestiplan SL, da súa dirección encargábase José Mª Rey Montes. Subtitulouse “Revista de información económica y política”. Tal e como sinala o seu subtítulo, incluíu datos sobre a política que se desenvolvía nas distintas administracións galegas e artigos de carácter económico, centrados nas principais industrias de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO