"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Célula reprodutora haploide que, na reprodución sexual, se fusiona con outra do sexo contrario para dar lugar ao cigoto, de xeito que se restaura o número diploide. Os gametos fórmanse por meiose. Morfoloxicamente poden ser iguais (isogametos) ou moi diferentes (heterogametos), como acontece en animais e plantas superiores, e tamén poden ser móbiles ou inmóbiles. Moitos organismos, como o ser humano, presentan unha heterogamia denominada “oogamia”, que se caracteriza polo feito de presentar un gameto inmóbil grande e rico en substancias de reserva (óvulo) e outro pequeno, flaxelado e móbil (espermatozoide).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos axentes físicos ou químicos que destrúen os gametos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada unha das células das que se orixinan os gametos grazas ao proceso da gametoxénese.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fase de células haploides do ciclo vital das plantas que presentan alternancia de xeracións na que se producen os gametos. Así, os grans de polen son o gametófito masculino nas anxiospermas, mentres que o saco embrionario é o feminino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reprodución sexual mediante gametos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Célula que resulta da unión de dous gametos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso de formación dos gametos ou células reprodutoras que, nos organismos diploides, comporta a meiose. Nos mamíferos a gametoxénese do macho ten lugar nos testículos e recibe o nome de “espermatoxénese” e a da femia ten lugar nos ovarios e   denomínase “ovoxénese”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto químico incoloro, inoloro e insípido utilizado como droga de deseño baixo a denominación de éxtase líquido. Empezouse a consumir polos seus efectos eufóricos, sedativos e anabólicos arredor da década de 1990 e o seu abuso, sobre todo combinado con outras drogas, provoca convulsións, náuseas e dificultades respiratorias que poden levar a un estado de coma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Relixioso franciscano, da súa produción destaca Elorri (1962), Hiru gizon babarka (1974), Udabatez Madrileu (1977) e Denbora galdu alde (1985).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de Sikkim, India, ao SL do país, á beira do río Tista (24.971 h [1991]). Nel está o mosteiro budista de Rumtek.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Foi redactor xefe de El Correo Gallego e La Noche, ademais de correspondente doutros diarios. Foi asesor informativo para Galicia e Asturias do ministerio de Agricultura e presidente da Asociación da Prensa de Santiago de Compostela. Escribiu Tratamiento periodístico sobre ferias y mercados agropecuarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. garabata.

    2. Trazo ou debuxo imperfecto, como por exemplo as letras trazadas por unha man pouco habilidosa na escritura.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. garabata.

    2. ara longa, gallada que serve para chegar ás pólas das árbores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Membro da Arcádia Lusitana, baixo o pseudónimo de Córidon Erimanteu, colaborou na Gazeta de Lisboa. Da súa produción destacan as Obras Poéticas (1778).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e director. Catedrático de Composición e Formas Musicais no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid dende 1974, ten unha ampla obra sinfónica e abrangue a maioría das formas musicais. Da súa produción destaca Jacara, Hemeroscopium, Celebidachiana, Don Juan, Cántico de “La Pietà”, ademais de numerosos concertos e música de cámara. Membro da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando dende 1982 e da Academia de las Bellas y Nobles Artes de San Luis de Zaragoza, foi Premio Nacional de Música (1993), Premio Fundación Guerrero de Música Española (1993) e recibiu, entre outros galardóns, a Medalla de Oro al Mérito de Bellas Artes (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sacerdote e polígrafo. Describiu o Memorial da redención de Miguel de Cervantes, polo que se fixou Alcalá de Henares como o seu lugar de nacemento, e o Foro de Ribadavia, outorgado por Fernando III o Santo. Foi autor, entre outras obras, de Guía histórico-descriptiva de la Real Capilla y Monasterio de la Encarnación (1916). Dende 1918 foi correspondente da Real Academia de la Historia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ilustrado. Aos catro meses do seu nacemento, a súa familia trasladouse a Pontevedra e alí residiu ata os quince anos. Dos seus primeiros estudios e formación non se sabe nada con certeza; pode ser que entre 1705 e 1709 seguise o ciclo de humanidades no colexio pontevedrés dos xesuítas, como formación previa para acceder aos estudios universitarios que estes ofrecían. En 1710 ingresou no mosteiro bieito de San Martín de Madrid, onde profesou o 24 de maio de 1711 e, en outubro dese mesmo ano, trasladouse ao mosteiro-universidade de Irache (Navarra) para realizar os estudios universitarios de Artes ou Filosofía. En 1714 regresou ao mosteiro de San Martín e entregouse por completo ao estudio, á escritura e á copia de moitos pregos da súa biblioteca. En outubro marchou ao mosteiro de San Vicente en Salamanca para iniciar os estudios de teoloxía na Universidad de Salamanca, no rexistro da cal xa consta como Martín Sarmiento. Á fin deste ano foi enviado ao mosteiro de Eslonza (León) como profesor...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arqueólogo. As súas investigacións centráronse no estudo das colonizacións grega e fenicia, dos pobos prerromanos e da Hispania romana. Dirixiu a revista Archivo Español de Arqueología, e colaborou en Cuadernos de Estudios Gallegos e en Ars Hispaniae: historia del arte hispánico. Das súas obras destacan Fenicios y carthagineses en Occidente (1942), La Dama de Elche (1943), La arquitectura entre los iberos (1945), Hispania graeca (1948), Esculturas romanas de España e Portugal (1949) e Arte romano (1955). Realizou tamén edicións de divulgación das fontes escritas, como La Península Ibérica en los comienzos de su historia (1953). Ingresou na Real Academia de la Historia en 1945.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Tui (1797-1825) e arcebispo electo de Santiago de Compostela (1821). Cursou estudios nas universidades de Salamanca, Toledo e Sevilla e licenciouse en Leis e Canons. Durante as invasións napoleónicas foi nomeado presidente da Xunta de Tui para loitar contra as tropas francesas. Coa chegada do goberno do Trienio Liberal foi promovido á sé compostelá, aínda que renunciou ao nomeamento e non tomou posesión.

    VER O DETALLE DO TERMO