"AVI" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 908.
-
PERSOEIRO
Xornalista. Redactor de opinión de El Correo Gallego, foi xefe de prensa da Xunta de Galicia, presidente da Asociación da Prensa de Santiago, director da revista Abesana e cofundador de Teima. Foi tamén creador e impulsor dos programas Saber e xogar e Romarías e Etcétera (1989) da TVG, e da publicación Xornal Diario (1991). Participou na publicación de Cultura y medios de comunicación en sociedades dependientes (1982) e escribiu Disparos (1989), El Correo Gallego: Doce décadas de periodismo en Galicia (1991) e Sumud. Conversa con Palestina (2003). Recibiu o premio extraordinario Galicia de Xornalismo (1987).
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río da vertente cantábrica que discorre polas provincias de Lugo e Asturias, con dirección S-N. Nace nas montañas do Cebreiro, en Pedrafita do Cebreiro, a 1.100 m de altitude co nome de Pedrafita, e desemboca na ría de Navia, Asturias, tras 11 km de percorrido.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
MUNICIPIOS
Municipio de Asturias, situado na costa cantábrica, onde desemboca o río homónimo (9.063 h [2001]). É o centro dunha zona agrícola e gandeira, onde a pesca tamén é importante. Hai industrias derivadas do sector primario.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo galego de orixe toponímica de recente introdución (San Paio de Navia, San Miguel de Návea ou Navia de Suarna), que pode proceder dunha raíz nav- ‘embarcación, nave’. Para outros investigadores pode aludir á ‘auga’, como elemento natural imprescindible para a vida, ou á ‘navegación’, pois tamén é nome de ‘río’ (Návea, Navia).
-
GALICIA
Concello que pertence á comarca dos Ancares, situado no L da Comunidade Autónoma de Galicia e no centro-leste da provincia de Lugo. Limita ao N co concello da Fonsagrada (comarca da Fonsagrada), con Asturias e con León, ao S co de Cervantes (comarca de Ancares) e, novamente, coa provincia de León, ao L con Asturias, e ao O cos de Becerreá (comarca de Ancares) e Baleira (comarca da Fonsagrada). Abrangue unha superficie de 243,3 km 2 en que acolle unha poboación de 1.552 h (2007), distribuída nas parroquias de Barcia, Cabanela, Castañedo, Folgueiras, Freixís, Galegos, Moia, Mosteiro, Muñís, Penamil, Pin, A Proba de Navia, Queizán, Rao, A Ribeira, Ribón, Savane, Son, Vallo e Vilarpandín. A súa capital é a vila da Proba e a súa situación xeográfica é 42° 59’ latitude N e 6° 59´ lonxitude O, localizada a 71 km da capital provincial. Está adscrito á diocese de Lugo e ao partido xudicial da Fonsagrada.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O relevo do concello inclúese dentro... -
VER O DETALLE DO TERMO
Arciprestado da diocese de Lugo, que abrangue parte do municipio de Navia de Suarna e a parroquia de Vilaquinte, do concello de Cervantes, e comprende 18 parroquias matrices e un anexo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada sobre o río Navia en Navia de Suarna. Datada en época medieval, está realizada con laxes de xisto. Ten un só arco oxival e peitorís elevados. Conta cun único van e está situada nun antigo camiño cara á Fonsagrada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada na Proba de Navia (Navia de Suarna). As primeiras noticias da súa construción datan do segundo terzo do s XI. Foi derrubado durante as Guerras Irmandiñas e reconstruírono os condes de Altamira no último terzo do s XV. Perdeu o seu carácter defensivo para adquirir unha planta semicircular en que predomina o aspecto residencial. Deste período consérvanse algúns elementos decorativos como os vans oxivais. Destaca a súa situación, asentado sobre rocha, e conserva o triplo portón de entrada en tres niveis diferentes e parte das primitivas murallas e torres defensivas. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1994.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Autorización concedida, durante a Segunda Guerra Mundial, polas autoridades consulares británicas aos exportadores que habían de embarcar mercadorías destinadas a países neutrais e sobre os que existía a dúbida ou sospeita de que non tivesen como último destino algún país inimigo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de algas, da clase das diatomeas, que presentan figura navicular. Son comúns nas augas doces e salgadas.
-
-
Que é de forma análoga á dunha nave.
-
Aplícase a algunhas depresións nos ósos.
-
escafoide.
-
-
-
Relativo ou pertencente a Navia ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Navia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa propietaria de buques mercantes.
-
MONTES
Monte situado no NL da parroquia de Nogueira (Sobrado). O seu cumio acada os 762 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ás naves ou á navegación.
-
-
Persoa encargada de representar un barco no porto en que se atopa.
-
Propietario dun barco ou de varios que explota en nome propio e por conta propia. Con frecuencia os barcos son explotados por sociedades ou armadores.
-
-
-
PERSOEIRO
Enxeñeiro francés. Ademais dos seus estudos sobre hidrodinámica (ecuación de Navier-Stokes), concibiu a primeira teoría xeral da elasticidade dos corpos sólidos. Xunto con Cauchy, enunciou as regras fundamentais do cálculo tensorial.
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Expresión matemática de equilibrio dinámico dun elemento de fluído, que no caso particular dunha corrente de fluído newtoniano (viscosidade cinemática constante), en réxime laminar, toma a forma:
FORMULA
sendo ¦Í a velocidade, F a forza activa aplicada á unidade masa, z a densidade, p a presión, ¦Ã a viscosidade cinemática e 6 o operador diferencial nabla. Desta fórmula pódese deducir a ecuación fundamental da hidroestática, ao facer ¦Ã = 0 (fluído perfecto) e -¦Í/-t = 0 (fluído en repouso ou en movemento continuo).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Texto anónimo escrito en latín entre os ss IX-X. Durante a Idade Media circularon numerosas versións, das que destacan as de Benedeit (1200), catro redactadas en Italia (ss XIII-XIV) e dúas conservadas na Biblioteca Nacional de Lisboa. Vinculado coa tradición céltica, narra a viaxe de sete anos de duración de San Brandán, un monxe irlandés que viviu entre os ss V e VI, na procura do paraíso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lei proteccionista sobre o comercio marítimo votada polo Parlamento inglés o 9 de outubro de 1651, co obxectivo de poñer fin á supremacía marítima holandesa. Establecía que as importacións de mercadorías europeas tiñan que facerse en barcos ingleses ou do país de orixe, e prohibía o comercio coas colonias inglesas a todos os barcos estranxeiros. Contribuíu á hexemonía marítima inglesa e aboliuse en 1849.