"Bra" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1231.
-
GALICIA
Dramaturgo e pedagogo. Dirixiu o colexio do Sagrado Corazón de Ferrol. Colaborou en diversos xornais como La Semana e El Heraldo Gallego, e dirixiu El Correo Gallego. Como dramaturgo, publicou Pilara ou grandezas dos humildes (1920), drama en prosa estreado no teatro Jofre de Ferrol (23.8.1919) por un grupo ferrolán dirixido por Xaime Quintanilla e representado, entre outros, polo cadro de declamación da Irmandade da Fala da Coruña (1920) e o coro Toxos e Froles (1930). Trátase dunha peza de ambiente mariñeiro caracterizada polo seu didactismo e intención anticaciquil. Tamén é autor de Redención por amor, estreada en 1920. Ademais, publicou Escuelas-talleres parroquiales y gratuitas. Cómo se sostendrían en Ferrol (1912) e Catecismo social (1920). O seu poema “A María Pita” recibiu un premio nos Xogos Florais da Coruña (1877).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Exército mercenario do s XIV, comandado polo cabaleiro bretón Bertrand Du Guesclin, e formado por aventureiros de diversas nacionalidades que loitaron na Guerra dos Cen Anos. Por instigación de Carlos V de Francia, pasaron a Castela e axudaron a Enrique de Trastámara fronte a Pedro o Cruel (1365-1368).
-
PUNTA
Punta da beira meridional da ría de Pontevedra, no litoral da parroquia de Seixo (concello de Marín), situada ao NL da praia de Aguete.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de concelebrar. A concelebración eucarística, habitual en Oriente, estendeuse despois do Concilio Vaticano II pola Igrexa latina, na que, durante séculos, estivo reducida ás misas de ordenación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen concelebra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Levar a cabo unha acción litúrxica coa participación de máis dun ministro, en particular na celebración dun sacramento, sobre todo a misa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Serie de concilios, celebrados en Braga, que serviron para asesorar a monarquía sueva en materia relixiosa. No primeiro concilio (561) instituíuse este tipo de asemblea como órgano asesor da monarquía sueva de Galicia (Galliciense Regnum), un sistema que foi adoptado polo reino visigodo de Toledo anos despois. No segundo concilio (572) sancionouse a política rexia dos suevos contra o arianismo visigodo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Certame teatral convocado por primeira vez en decembro de 1972 pola Asociación Cultural Abrente de Ribadavia. Celebrou a súa primeira edición no ano 1973 e acompañou as Mostras de Teatro Galego Abrente. Ata 1980, ano de peche tanto da mostra de teatro coma do concurso literario, a súa importancia foi medrando e constituíuse nun dos motores fundamentais de produción dramática do teatro contemporáneo galego con nomes, entre os premiados, dos máis destacados homes de teatro das últimas décadas. Os títulos premiados son os seguintes: Zardigot, de Euloxio Ruibal (1973), O meu mundo non é deste reino, de Manuel María (1º premio ex aequo, 1973) e Eilbrief, de X. L. López Cid (premio da Asociación A Nosa Galiza de Xenebra a unha obra que tratase o tema da emigración, 1973); A tola xuiciosa, de M. Domínguez (1974), e A volta de Edipo, de A. Penas (1º premio ex aequo, 1974); O cabodano, de Euloxio Ruibal (1975); Laudamuco,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Moldura que se engade a unha chambrana para facela máis relevante.
-
VER O DETALLE DO TERMO
contradecotado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao escudo que resulta do trazado de dúas liñas dende os ángulos sinistros ata o centro do lado destro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Manobra que se opón a unha precedente ou a un movemento do adversario.
-
VER O DETALLE DO TERMO
escornacabras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto coral creado no ano 1932 en Bos Aires. A finais de 1936 pasou por unha etapa crítica que implicou cambios na directiva; foi nomeado presidente Victoriano Martínez e director da agrupación Isidro Maiztegui, e pasou a denominarse Agrupación Artística e Cultural Ultreya. Paralelamente, realizáronse actos culturais nos que se compaxinaban conferencias sobre a cultura galega e actuacións musicais que contaron coa activa participación de Emilio Pita. En 1939 tentouse sen éxito a fusión nunha soa sociedade do coro, baixo a presidencia de Ramón Rey Baltar, coa Casa de Galicia e co Grupo Galeguista. O resultado foi a retirada de diversos membros de Ultreya e do Grupo Galeguista, que constituíron a Irmandade Galega. Das súas actuacións destaca a realizada no Teatro Solís de Montevideo en 1934.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación folclórica fundada en Vigo por María Méndez de Besada. Baixo a dirección de Moisés Alonso Valverde, realizou numerosas actuacións pola xeografía española. Recibiu a Medalla de Bronce e o diploma no I Certame Nacional da Canción Popular.
-
-
Celebración que se fai ao rematar unha obra ou un trato.
-
Xuntanza de amigos que teñen a intención de celebrar algún acontecemento.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación turística que se lle aplica desde 1965 ao sector litoral da provincia de Girona. Esténdese desde Blanes ata Begur. O seu nome débese á orografía especialmente abrupta da zona, ocasionada pola Serralada Litoral. Son máis de 200 km de costa nos que alternan grandes acantilados con praias. Goza dunha climatoloxía privilexiada, máis cálida e menos húmida ca a do resto de Catalunya, con 22°C-24°C en agosto, e unha amplitude térmica anual moderada, pero a presenza dos ventos de Levante fan dela, especialmente no outono e no inverno, unha rexión con moito vento. Os núcleos máis desenvolvidos son Tossa, Lloret, Blanes e Begur. A pesca e, sobre todo o turismo, son a base da súa economía.
-
PERSOEIRO
Poeta. Da súa produción destacan, Poetical Blossoms (Flores poéticas, 1633), Love’s Riddle (Misterio de amor, 1638), The Mistress (A señora, 1647), Pindaric Odes (Odas pindáricas, 1656) e The Davideis (1656).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos criptobránquidos.
-
Anfibio da familia dos criptobránquidos.
-
Familia de anfibios urodelos integrada por individuos de grandes dimensións, de corpo cilíndrico e deprimido, que se caracteriza por posuír fendeduras branquiais durante o estado adulto. Unha especie notable desta familia é a píntega xigante xaponesa, que pode alcanzar os 160 cm de lonxitude.
-
-