"Jos" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1142.

  • PERSOEIRO

    Astrónomo inglés. Inventou un sistema para observar as protuberancias solares e en 1868 descubriu o helio na atmosfera do Sol. Considérase que foi el quen determinou a temperatura na superficie do Sol. Foi o fundador do Museo de Ciencias de Londres e da revista cinetífica Nature (1869), que editou durante 50 anos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico inglés. Perfeccionou o primeiro detector de ondas hertzianas, inventado polo francés Branly, feito que facilitou os descubrimentos de Marconi, polo que se lle considera un dos precursores da telegrafía sen fíos. Recibiu o título de sir en 1902.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director teatral e cinematográfico estadounidense. As súas obras céntranse na problemática sentimental ou amorosa. Das súas obras destacan Bus Stop (1956), Sayonara (1957), South Pacific (1958), Fanny (1961), Camelot (1966) e Paint Your Wagon (1968).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista. Foi catedrático de Epistemoloxía das Ciencias Sociais e Xurídicas (1980) na Universidade de Santiago de Compostela. Colaborador do Observatorio Astronómico da mesma universidade, construíu os primeiros ecuatoriais que se fixeron en España. Foi cofundador da Asociación Española de Filosofía del Derecho e director da revista Abrente. Escribiu Proceso y Forma (1947), Grandes problemas del Derecho Procesal (1954), Un libro sin nombre (1965) e Nueva versión sobre el Derecho (1977).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xeógrafo. Entre as súas obras destacan Estrutura y morfología agraria en la Terra Cha (1979), Estrutura agraria y economía rural en la Galicia interior: la Terra Chá y el centro de la meseta lucense (1990), e, en colaboración, La Ganadería bovina en Galicia a finales del siglo XX: distribución espacial y condicionantes geográficos (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e escritor. Gañou a cátedra de Ética da Universidad de Madrid (1955), da que foi afastado por motivos políticos (1965). De ideoloxía cristiá, a súa reflexión filosófica céntrase en problemas éticos. A unha primeira época pertencen os seus libros Catolicismo y protestantismo como formas de existencia (1952), El protestantismo y la moral (1954) e Catolicismo, día tras día (1955). Tamén é autor de Ética (1958), La juventud europea y otros ensayos (1961), Ética y política (1963), Moral y sociedad (1966), El marxismo como moral (1967), La crisis del catolicismo (1969), San Juan de la Cruz (1973), Talante, juventud y moral (1975), Sobre imagen, identidad y heterodoxia (1982), La función social de los intelectuales (1983) e Ética de la felicidad y otros ensayos (1988, Premio Nacional de Ensaio 1989). Recibiu o Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Musicólogo. Formouse na Escuela Superior de Música Sagrada de Madrid e foi vicerrector do Instituto pontificio de Música Sagrada de Roma. Bolseiro da Fundación March, organizou os arquivos musicais das catedrais de Castela-A Mancha e Castela e León. Colaborou en Die Musik in Geschichte und Gegenwart, na Encyclopédie des Musiques Sacrées, no Grove’s Ditionary of Music and Musicians e na Storia dell’Opera, e organizou a catalogación de toda a música manuscrita española entre 1575 e 1825 para o Repertoire International des Sources Musicales. Foi un dos promotores da reconstrución dos instrumentos do Pórtico da Gloria da catedral de Santiago de Compostela, realizada pola Fundación Pedro Barrié de la Maza. Das súas obras destacan El Archivo de Música de la catedral de Santiago de Compostela (1962), Presente y futuro de la música sagrada (1967), La música en la catedral de Palencia (1981-1982), El Arpa en la catedral de Santiago: un estudo sobre estética musical barroca e O...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político. Uniuse ao pronunciamento de ODonnell (1854), loitou en Marrocos (1859-1860) onde acadou o grao de coronel, e en 1868 apoiou o seu tío, o xeneral Serrano, na Revolución de Setembro. Deputado nas Cortes de 1869 e axudante militar de Amadeo I, foi xefe do exército do N que loitou contra os carlistas e os cantonalistas de Cartagena (1873-1874). Foi xefe do Partido Liberal-Fusionista despois da Restauración e, rehabilitado posteriormente, ministro da Guerra (1883, 1892-1895 e 1906) e presidente do goberno (1906). Publicou Cartagena. Memorias y comentarios sobre el sitio... (1877).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritora. Coñecida tamén como Xosefina López de Serantes, iniciouse na literatura infantil e, a partir de 1948, dedicouse plenamente ao mundo da novela. É autora de Benito Vicetto iñorado (1978) e Vida e morte dun poeta. Biografía de Francisco Añón Paz (1812-1878) (1986). Membro da Sociedad General de Escritores de España e da Asociación de Escritores, recibiu o primeiro premio dos Xogos Florais de Oleiros (1976).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e editor. Mestre de Carles Riba, fundou xunto con Joaquim Folguera La Revista. Os seus primeiros libros tiveron moito eco entre os críticos e unha ampla influencia literaria. Escribiu Cants i al·legories (1917), Invocació secular (1926) e Epifania (1936).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Psiquiatra e profesor. Presidente da Asociación Mundial de Psiquiatría, defendeu teses, no terreo moral, dun carácter católico integrista e en 1940 fundou a revista de psiquiatría Actas Españolas de Psiquiatría da que foi director. Escribiu La agonía del psicoanálisis (1945), La angustia vital (1950), El libro de la vida sexual (1968) e Tratado de psiquiatría (1982).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e escultor. Coñecido como Lomarti, a súa pintura de principios da década de 1990 decantábase pola pop art, especialmente no referente ás series e ás reproducións cunha importante carga crítica. Empregou a colaxe e o recurso textual, incorporando á obra efectos poéticos. Evolucionou cara a unha fusión fragmentada de determinadas figuras en espacios abstractos como na instalación Respiración infame (1991). No escultórico, combinou a instalación coa talla en madeira, mármore e granito cunha linguaxe popular como en Auga pasada (1993) xunto cunha escultura semifigurativa, expresionista e fragmentada máis clásica como na obra Lobis naturae (1995). Ademáis de numerosas exposicións, fixo escenografías para artistas galegos e editou a revista de arte lucense Cruces de Bohemia e o libro Coroas de Mercurio (1997). Recibiu o primeiro premio de escultura no Certame Ciudad de Lugo (1993) e o primeiro premio do Certame de Pintura Cervo-Lugo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Coñecido como Francés, formouse na Escola de Artes Plásticas e Deseño Mestre Mateo de Santiago de Compostela. As súas obras caracterízanse pola forza da materia e a sobriedade das formas. Traballou a madeira, o granito, o aceiro, o latón, a prata e o ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Militante socialista, foi delegado provincial da Consellería de Cultura e Deportes da Xunta de Galicia (1987-1990), e membro do consello asesor da TVE-Galicia (1990-1995). Alcalde de Lugo en 1999, foi reelixido en 2003. Escribiu El empleo: reto del momento (1977).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor e investigador. Licenciado e doutor en Filoloxía Clásica pola Universidad de Salamanca, é catedrático de Filoloxía Latina na Universidade da Coruña. Director xeral de Universidades da Xunta de Galicia desde 1997, foi bolseiro da Deustcher Akademischer Austauschdienst e profesor da Universidade de Santiago de Compostela, onde traballou na recolleita da documentación latina de Galicia entre os ss VIII e XIV. Dirixe no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades o proxecto de elaboración do Corpus Documentale Latinum Gallaeciae. Da súa produción destacan O primeiro espertar cultural de Galicia (1989), Exeria. Viaxe a Terra Santa (1991), Códice Calixtino: O libro do peregrino (1993) e Cultura, relixión e superstición na Galicia sueva: Martiño de Dumio   “De correctione rusticorum” (1997). En 1994 recibiu o Premio Taboada Chivite de investigación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico. Fundou e dirixiu a serie monográfica Cuadernos Valencianos de Historia de la Medicina y de la Ciencia (1962) e o repertorio bibliográfico Índice Médico Español (1965). Das súas obras destacan Panorama histórico de la ciencia moderna (1963) en colaboración con P. Laín Entralgo, The Historical Origins of the concept of Neurosis (1976) e Dicionario biográfico de la ciencia moderna en España (1982).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar e político. Coronel de artillería, foi delegado en Ferrol de El Correo Gallego (1949-1959) e dirixiu a emisora de radio La Voz de Ferrol (1950-1963). Alcalde de Ferrol, foi procurador en Cortes en representación dos concellos da provincia da Coruña (1959-1963) e gobernador civil da provincia de Ourense (1963-1970).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo. A súa obra reflicte unha realidade transformada por unha visión poética ou imaxinativa. Escribiu Celos del aire (1950), La venda en los ojos (1954), Nunca es tarde (1964) e La puerta del ángel (1986). En 1982 ingresou na Real Academia Española e en 1994 recibiu o Premio Nacional de Teatro e a Medalla de Oro de las Bellas Artes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista. Doutor en Filosofía e Letras e profesor titular na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela, escribiu Precios do trigo, centeo e millo na segunda metade do século XIX en Galicia (1986) e La Población de Galicia 1860-1991: crecimiento, movimiento natural y estrutura de la población de Galicia (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico. Intérprete, inicialmente de papeis cómicos ou traxicómicos en Novio a la vista (1957), El pisito (1959) o El cochecito (1960), posteriormente deu vida a personaxes máis complexos cos filmes Pippermint frappé (1967), Mi querida señorita (1971), La prima Angélica (1974), La colmena (1982), Esquilache (1989), El largo invierno (1991), Fisterra (1998) e La gran familia... 30 años después (1999). Recibiu a Medalla de Oro de las Bellas Artes, oito Premios Goya e o Premio Nacional de Teatro (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO