"Lor" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 863.

  • Taifa independente que comprendía as Illes Balears, constituída entre 1076 e 1078 como consecuencia da derrota dos Banū Muğāhid de Denia ante o rei de Zaragoza al-Muqtādir. Posteriormente comezou un segundo período independente (1158-1203). Mallorca, refuxio e centro da causa almorábide andaluza, foi gobernada pola dinastía Banū Ġāniya ata que ‘Abd Allāh ibn Ishāq ibn Gāniya a perdeu no enfrontamento co califa al Nāsir.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Mallorca ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Mallorca.

    3. Modalidade de catalán que se fala en Mallorca. É un subdialecto do catalán insular ou balear.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Alpinista inglés. Formou parte da expedición británica de recoñecemento e asalto do Everest (1921 e 1922). Desapareceu nunha terceira expedición en 1924, xunto co seu compañeiro Irving. O seu corpo foi localizado en 1999.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hemorraxia dixestiva, a miúdo en forma de hematémese, que se orixina por unha esgazadura da mucosa do esófago. Obsérvase en pacientes alcohólicos e adoita ir precedida de vómitos intensos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor inglés. Da súa produción destaca Le mort d’Arthur (1845), tradución e recreación de diversas novelas artúricas francesas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Karnātaka, India, situada na costa occidental, na desembocadura do río Netravati (272.819 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • María Cristina de Austria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor italiano. Coñecido como Il Marrina, foi o autor da fachada da biblioteca Picolomini, na catedral de Siena (1504), do altar maior da igrexa de Fontegiusta (1509-1517) e do altar Marsili na igrexa de San Martino (1522), tamén en Siena.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Coñecido como Florencio de Arboiro, a proposta estética da súa obra vinculouse ao seu arraigamento no medio rural (Pastoreando, 1980), incorporando símbolos relacionados moitas veces con lendas populares (Meiga, 1988-1990). Preferiu empregar materiais de suxerentes formas tomados da natureza e reutilizalos sen apenas transformar. A súa obra, da que destacan Afiador (1980-1982) e Maternidad (1980), está presente en mostras individuais e colectivas en Galicia e España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta grego. Formado en Alemaña, foi amigo de Dióniso Solomos e partidario da lingua popular. Fixo traducións de autores destacados, como Schiller, Byron, Shelley ou Tennyson, e da súa obra poética, uns cincuenta sonetos harmoniosos publicados postumamente (1915), destaca Lethe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir. Foi bispo de Lorch e distribuíu os seus bens entre os pobres. Martirizárono en Estiria (283) durante as persecucións ordenadas por Numeriano. Preséntase como bispo con mitra, báculo e espada. A súa festividade celébrase o 12 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e humanista, fillo e sucesor de Piero I de Medici como señor de Florencia (1469-1492). Morto o seu irmán Giuliano I, pasou a ser único rexedor da república, pero actuou como un señor absoluto. Enfrontado ao Papa Sisto IV, concertou unha política que determinou o equilibrio de forzas da Península Itálica. Fortaleceu o poder familiar por medio do seu fillo Giovanni, futuro Papa León X, e, pola súa educación humanística, converteuse nun gran mecenas dos poetas, artistas e filósofos. Cultivou a actividade literaria e escribiu rimas e un Comento en prosa. Tamén escribiu a disputa filosófica Altercazione (1473-1474), o poema “Ambra” (1486), o Simposio, os Canzoni a ballo, as Canti carnascialeschi e os Laudi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista e mestra. A súa obra, influenciada pola corrente realista da época, iniciouse no semanario Domingo co conto Nina (1945, Premio Concha Espina), se ben o seu primeiro éxito acadouno coa novela Nosotros los Rivero (1953, Premio Nadal). Autora de diversos guións cinematográficos e libros de ensaio, publicou tamén Compás de espera (1954), Diario de una maestra (1961), Andrés (1963, Premio Sésamo) e El urogallo (1982).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e empresario. Iniciou a súa carreira política como alcalde de Maceió (1979). En 1982 foi elixido deputado federal polo partido socialdemócrata e posteriormente foi gobernador do estado de Alagoas (1986-1989). En 1989 creou o Partido da Reconstrução Nacional (PRN), polo que foi elixido presidente da República de Brasil (1990). Cun programa neoliberal, o “Plan Mello”, iniciou o seu mandato implantando un drástico plan de reaxuste económico para controlar a inflación, pero tivo que dimitir polas acusacións de corrupción e tráfico de influencias en decembro de 1992. Dirixiu o xornal Gazeta de Alagoa e presidiu o grupo empresarial da familia, que controla negocios editoriais e audiovisuais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é superior con respecto a outro.

    2. Que ou quen é o máis bo de todos.

    3. Que é preferible.

    4. De maneira máis boa ou superior.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de mellorar.

    2. Parte dunha herdanza que se lle deixa a alguén, a maiores da que lle corresponde por lei.

    3. Figura do dereito civil que permite desigualar os fillos lexítimos na herdanza, mediante a atribución a calquera deles ou aos seus descendentes, dun terzo de lexítima que a lei lles atribúe aos descendentes lexítimos. Os titulares do terzo de mellora só poden ser os fillos ou descendentes do causante.

    4. Gastos útiles que fai alguén en propiedade allea en calidade de arrendatario ou usufrutuario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode mellorar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de mellorar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que algo ou alguén adquira maior calidade ou mellore as súas condicións ou estado.

    2. Superar algo facéndoo mellor.

      1. Favorecer a un herdeiro deixándolle máis bens ca aos demais.

      2. facultade de mellorar

        Facultade que ten un cónxuxe de outorgar a favor do outro, en termos matrimoniais, que o sobrevivinte deles que se conserve viúvo, poida distribuír entre os fillos comúns os bens que forman o terzo de mellora.

    3. Chegar algo ou alguén a unha situación ou estado máis favorable.

    VER O DETALLE DO TERMO