"Van" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 703.
-
PERSOEIRO
Político. Coñecido como o Novo, emigrou a Nova Inglaterra, onde foi gobernador de Massachusetts (1636). De volta a Inglaterra, opúxose a Carlos I, colaborou con Pym e Cromwell e formou parte do Consello de Estado (1649-1653). Restaurada a monarquía, foi decapitado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bioquímico inglés. Estudou nas universidades de Birmingham, Oxford e Yale. Descubriu que certos medicamentos antiinflamatorios inhiben a síntese das prostaglandinas. En 1982 recibiu, xunto cos suecos K. S. Bergström e B. I. Samuelsson, o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina, polos seus descubrimentos sobre as prostaglandinas.
VER O DETALLE DO TERMO -
LAGOS
Lago do S de Suecia, o máis grande do país e o terceiro de Europa (5.546 km2). Está situado nunha cubeta tectónica que se estende despois na chaira de Västergötland. Nel desaugan os ríos Klar, Tida e Let, e é emisario do Göta.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo feminino que provén dun nome inventado polo escritor Jonathan Swift, para a protagonista do poema autobiográfico Cadenus and Vanessa (1712), a súa amante Ester Vanhormigh, do que Vanessa é o anagrama aproximativo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de insectos lepidópteros, da familia dos ninfálidos, que inclúe bolboretas diúrnas que se caracterizan por ter as ás festonadas e de cores vistosas, corpo robusto e antenas en forma de maza.
-
-
Destacamento dunha unidade que a precede na marcha como medio de seguridade.
-
Movemento cultural ou artístico que ten unha tendencia novidosa e avanzada.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización política arredista liderada por Álvaro de Las Casas. Deuse a coñecer oficialmente o 25 de xullo de 1933 coa publicación do seu voceiro Mais! A súa ideoloxía coincidía case totalmente coa do Partido Galeguista, agás na súa defensa da separación de España. Non tiña un programa concreto nin unha estrutura organizativa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome xenérico co que se coñece un conxunto de correntes estéticas que evidencian a crise das artes no mundo occidental a comezos do s XX. Os primeiros sinais da crise localízanse nos artistas do impresionismo e do simbolismo. Os aspectos máis notables desta crise foron: o rexeitamento dos esquemas culturais elaborados pola burguesía na Belle Époque; o intento de destrución da arte no sentido tradicional; a procura de novas formas expresivas; a asimilación de culturas afastadas; o inconformismo social; a incorporación das novas formas da sociedade industrial á creación artística e o uso de métodos de traballo freudianos. Os movementos de vangarda, iniciados cara ao ano 1905, acadaron a máxima violencia entre os anos 1916 e 1925, e entraron en crise cara á década de 1930, polo menos como fenómenos dominantes. Xa na década de 1960 se produciu un novo movemento de destrución e de experimentación artística relacionable co modern style e con certas formas da cultura pop (carteis,...
-
-
Relativo ou pertencente ao vangardismo ou á vangarda.
-
Partidario do vangardismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Evangelos Odysseas Papathanassiou.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xactancia excesiva que se fai dos propios méritos ou virtudes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Amosarse orgulloso das propias virtudes, calidades ou méritos mediante eloxios e comentarios vaidosos cara a un mesmo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
No aire, no baleiro ou só apoiado dun lado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proxecto de EE UU, feito público en 1955, destinado a colocar en órbita o primeiro satélite artificial.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal vespertino publicado en Lugo entre 1931 e 1933. De tendencia republicana, liberal e laica, os seus fundadores e propietarios foron os irmáns Correa Calderón, que orientaron o xornal cara á información cultural e educativa. Contaron cunha destacada nómina de colaboradores, como Alexandre Bóveda, R. Otero Pedrayo, R. Suárez Picallo e Castelao.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal de información xeral publicado en Barcelona a partir do 1 de febreiro de 1881. Fundado polos irmáns Carlos e Bartolomeo Godó para apoiar o Partido Liberal en Barcelona, en 1887 fíxose cargo do xornal Ramón Godó, quen acometeu unha primeira reforma do xornal: abandonou a súa filiación partidista, reorientouno cara á burguesía catalá e imprimiulle maior axilidade informativa. O xornal quedou en mans dun comité anarquista durante a Guerra Civil. Recuperada a propiedade pola familia Godó tras o conflito, foi dirixido por Manuel Aznar co subtítulo “Española” durante o Franquismo. O 3 de outubro de 1989 acometeu unha nova reforma e incorporou a cor ás súas páxinas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aldehido aromático que está presente en diversos vexetais, especialmente nas cápsulas da vainilla.
-
PERSOEIRO
Teólogo e xurista. De nome Lucilio Vanini, defendía unha relixión natural panteísta, de alcance universal, motivo polo cal foi procesado e condenado a morte.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome dado ás naturezas mortas, con figuras ou sen elas, que refliten, mediante un simbolismo de obxectos, a dialéctica entre vida (cartos, vestidos, cargos, libros) e morte (reloxo, caveira). Utilizadas como propaganda das ideas contrarreformistas de Trento, foron cultivadas primordialmente polos pintores casteláns e andaluces da segunda xeración do s XVII como J. de Valdés Leal e A. Pereda.
-
CAPITAIS
Capital do departamento de Morbihan, Francia, situada preto do golfo de Morbihan (51.759 h [1999]).
VER O DETALLE DO TERMO