"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • PERSOEIRO

    Nobre, mariscal de Castela, cabaleiro da Banda, señor das fortalezas e das vilas de Rianxo, Lantaño, San Tomé, Portonovo, Vilamaior, Carril e A Insua, e das terras de Posmarcos, Tabeiros, Cela e Sobrán, fillo de Diego Álvarez de Soutomaior. Foi embaixador de Enrique III fronte ao xefe tártaro Timur Leng. Ao seu regreso casou con Mayor de Mendoza, irmá do arcebispo de Santiago. Foi sepultado na capela de San Tomé do mosteiro de San Domingos de Pontevedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nobre, mariscal de Castela, e señor das fortalezas e terras de Rianxo, Lantaño, San Tomé, Portonovo, Vilamaior, Carril e A Insua e das terras de Posmarcos, Tabeiros, Cela e Sobrán, fillo de Paio Gómez de Soutomaior. Serviu a Xoán II e en 1445 fíxose cargo da defensa das vilas de Pontevedra e Vilanova de Arousa. En 1451 enfrontouse co arcebispado de Santiago polas rendas da igrexa de Santo Adrián de Vilariño (Cambados). Durante a Guerra de Sucesión pola Coroa de Castela apoiou a Isabel e interveu nos cercos de Pontevedra e Santiago e na toma da Coruña. Foi sepultado, xunto co seu pai, na capela de San Tomé do mosteiro de San Domingos de Pontevedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Foi profesor de teoría e historia da arte, e de construción xeral e técnica industrial na Escola de Artes e Industriais de Vigo, onde acadou a cátedra de Álxebra Superior e Xeometría Analítica (1904). Foi arquitecto director das obras do Empréstito de Vigo (1900-1905) e realizou o Mercado-peixería da Laxe (1900), o Mercado da praza do Progreso (1901), a dársena do Berbés (1901) e o Mercado de Contratación do Peixe (1902). Aínda que mostra ás veces certos elementos modernistas, a súa obra inscríbese no historicismo e no eclecticismo. Centrouse fundamentalmente no debuxo. Realizou, entre outras obras, unha casa na rúa Carral, pertencente á súa familia, cunha fachada simétrica con planta baixa e tres andares, e a casa para María Francisca Alfaya na mesma rúa (1901), na que Xenaro de la Fuente Domínguez engadiu un terceiro andar. Asinou o proxecto do Edificio Simeón en 1906, aínda que quen o rematou foi o seu irmán Manuel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista. Licenciado e doutor en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi catedrático de Dereito Mercantil en Donostia e València, profesor na Universidad Carlos III de Madrid, vicerrector das universidades de València e Santiago de Compostela, secretario e decano da facultade de Dereito de Santiago de Compostela e director do Instituto de Dereito Industrial na universidade compostelá. Pertence á Comisión de Investigación da Oficina Europea de Patentes e ao Comité de Denominacións de Orixe da UE en Bruxelas. Foi un dos fundadores do Clube Nacionalista Alén Nós, do que foi vicepresidente e presidente. Membro do Seminario de Estudos Galegos, presidiu a sección de Ciencias Xurídicas e foi membro do Consello da Cultura Galega (1984-1986) e da Xunta Electoral de Galicia (1985-1990). Pertence ao padroado do Museo do Pobo Galego e ás fundacións Antonio Fraguas, Castelao e Pedrón de Ouro. Dirixiu as revistas Actas de Derecho Industrial e Cuadernos de Jurisprudencia sobre...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Licenciouse en Ciencias da Información pola Universidad de Navarra. Editor e director xeral de España Exterior Publicaciones. Exerceu tamén como director xerente de La Región Internacional, delegado de Faro de Vigo, correspondente da BBC en diversos países do Leste, e de Europa Press en Londres, e director xeral do grupo de comunicación Galicia en el Mundo. Dirixiu o semanario Galicia en el Mundo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Emigrou á Arxentina e alí completou a súa formación literaria e cultural. Colaborou coa prensa galega de América e co periódico Umia y Lérez, onde reflectiu as súas impresións sobre aspectos socioeconómicos da comarca pontevedresa. Nas súas Impresiones de las ferias de Soutelo y Cachafeiro ofrecía datos etnográficos de grande interese. Publicou as novelas Terra Meiga (1924) e Céltiga (1924).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor galego. Coordinou o volume Relación de las Exequias que hiço la Real Audiencia del Reyno de Galiçia a la Magestad de la Reyna D. Margarita de Austria (1612) e escribiu un “Soneto con falda” en galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e enxeñeiro industrial. Ingresou en AP (1986) e foi concelleiro da Coruña (1987-1999). No Congreso formou parte do Grupo Popular durante a IV e V lexislaturas (1989-1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta, tradutor e editor. Creador e director das revistas A Serpente (1951), Árvore (1952-1954), Notícias do Bloqueio (1957-1961) e Plano (1965-1968), dirixiu tamén a editorial Limiar. Da súa produción destacan A evasão possível (1952), Viagem co teu rostro (1958), O vagabundo decepado (1959), Os arquivos do silêncio (1963), O fósforo na palha (1970), Luz vegetal (1975), Os pássaros mudam no outono (1981), Falo de vertigem (1983), E no entanto move-se (Premio do Pen Club e da Associação Portuguesa de Escritores) e A ferida amavel (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Gondomar. Construíuse no s XIX nun estilo neogótico de carácter historicista. Ten planta en forma de cruz latina con dous corpos pegados na fachada N que funcionan como un anexo á sancristía e almacén e outro na fachada S que conforma a sancristía, cuberta cunha bóveda de canón. A nave, de dous tramos, e a ábsida cóbrense con bóveda de aresta, e o cruceiro cunha cúpula que se erixe sobre catro pilastras. Nos seus extremos ábrense dúas capelas cubertas con bóvedas de aresta. Na fachada S hai un soportal cuberto cunha columnata de granito. Pegado a esta fachada figura un peto de ánimas con tres almiñas e a imaxe de san Bieito. A fachada principal está flanqueada por dúas pilastras laterais que simulan ter capiteis e que rematan en pináculos sobre a cuberta. A rúa central está adiante, e sobre ela sitúanse, de xeito aliñado, a porta, o rosetón, as armas de san Bieito e a torre campanario. A porta é de arco de medio punto peraltado e apóiase en dous pares de xambas,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Célula sexual inmadura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conduto que comunica as gónadas co exterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes clupeiformes, da familia dos gonostomátidos, abisais, pequenos, de cabeza grande e boca en ángulo, que presentan no ventre e flancos órganos fosforescentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos gonostomátidos.

    2. Peixe da familia dos gonostomátidos.

    3. Familia de peixes, da orde dos estomiformes, que alcanzan uns 7 cm, co corpo alongado e as escamas débiles e caducas. Son peixes abisais que habitan a máis de 2.000 m de profundidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Castración natural producida por un parasito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada nas Encrobas (Cerceda). A torre, que pertenceu a Martiño Becerra, da casa de Nebra, e pola que preiteou o concello da Coruña en 1395, non se conserva. O pazo localízase nun terreo pechado e nel destaca a escaleira de acceso ao primeiro piso, o patín da fachada e o escudo coas armas dos Becerra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Da súa produción destacan Cartas chilenas, Marília de Dirceu e Tratado de direito natural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico e político. Encargouse da dirección provincial do SERGAS entre 1991-1993. Foi concelleiro e alcalde de Mos, polo Partido Popular, e deputado por Pontevedra ao Parlamento de Galicia na V lexislatura (1997-2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador. Doutor en Historia, realizou a súa carreira nas universidades de Barcelona, Madrid e Santiago de Compostela, universidade esta última onde accedeu á cátedra de Historia Contemporánea en 1995. Especializado nos movementos políticos e especialmente nos nacionalismos, publicou entre outros títulos O nacionalismo galego, con X.M. Núñez (1995), La historia política: algunos conceptos básicos (1999) e La España de los nacionalismos y las autonomías, con J.L. Granja e P. Anguera (2001). Tamén contribuíu á creación das revistas Negaciones (1977), A Trabe de Ouro (1990) e Tempos Novos (1995), e realizou colaboracións na prensa. Formou parte da Xunta Rectora do Museo do Pobo Galego e foi membro das fundacións Castelao e Vicente Risco. En 2000 cambiou a orde dos seus apelidos por Beramendi González.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Trasladouse coa súa familia a Santiago de Compostela, onde comezou a súa formación con Ánxel Bar, Uxío Villar, Josep Maria Fenollera e Tito Vázquez. Contou coa protección de Manuel Otero Acevedo e comezou a traballar en Madrid no estudo de Fernando Alberti Barcelau. No eido do gravado formouse con Ricardo Baroja e no do debuxo no Círculo de Bellas Artes. En 1911 trasladouse a Ávila, onde traballou con Eduardo Chicharro. Entre 1912 e 1914 viaxou por Palestina, Exipto, Italia e Grecia. O comezo da Primeira Guerra Mundial sorprendeuno en Turquía e trasladouse a Venecia ata que Italia entrou na guerra. En 1919 participou na Bienal de Venecia e na Exposición do Petit Palais. Viaxou a Cuba e Nova York e en 1925 instalouse en Santiago de Compostela pero dous anos máis tarde trasladouse a Cádiz, onde foi catedrático de Anatomía Pitórica na Escuela de Artes y Oficios e foi nomeado membro da Real Academia de Bellas Artes (1928). En 1930 obtivo unha bolsa da Junta de Ampliación de Estudios...

    VER O DETALLE DO TERMO